Nesta ocasión estamos moi agradecidas de que o CRA Mestra Clara Torres aceptase o reto de probar e fedellar con todos eles e contarnos a súa experiencia. Moitas grazas, equipazo.
21 de junio de 2017
Robótica en ConVigoTablets
Empezamos entradas con nova clasificación, robótica, posto que neste curso escolar, no proxecto de préstamo contamos con material novo.
Nesta ocasión estamos moi agradecidas de que o CRA Mestra Clara Torres aceptase o reto de probar e fedellar con todos eles e contarnos a súa experiencia. Moitas grazas, equipazo.
Nesta ocasión estamos moi agradecidas de que o CRA Mestra Clara Torres aceptase o reto de probar e fedellar con todos eles e contarnos a súa experiencia. Moitas grazas, equipazo.
Superpoderes
Moitas grazas a Rafa e Marcos e ao seus alumnados por tan fantástica mañá de parte de Águeda e Ana. :)
Tablets en 2º B
O
alumnado de 2º tivo ocasión de mellorar as súas competencias,
implementando habilidades coas
aplicacións WORD MOSAIC e CHATTERKIDS
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE:
LCB4.1.1-Utiliza de xeito guiado
categorías gramaticais básicas:
substantivo, artigo, adxectivo, verbo.
CSB1.2.1-Participa en actividades
individuais ou de grupo
adoitando un comportamento responsable, construtivo e
solidario,
valorando o esforzo e o coidado do material.
COMPETENCIA DIXITAL
*SABER:Aplicacións
informáticas
*SABER FACER:
Buscar , obter e tratar a información.
Crear contidos.
*SABER SER:Ter a
curiosodade e a motivación pola aprendizaxe
e a mellora no uso das tecnoloxías.
COMPETENCIA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
*SABER: Vocabulario – Gramática (substantivo)
*SABER FACER: Escoitar con atención e interese,
controlando e adaptando a súa resposta aos requisitos da situación.
*SABER SER: Ter interese pola interacción cos demais.
COMPETENCIA SOCIAL E CÍVICA
*SABER:
Comprender códigos de conduta
aceptados en distintos contextos.
*SABER FACER: Manifestar solidariedade e
interese para resolver problemas.
Participar de
xeito constructivo nas
actividades da comunidade
*SABER SER: Participar na toma de decisións democráticas a todos os niveis
*SABER SER: Participar na toma de decisións democráticas a todos os niveis
3 de mayo de 2017
ACIC: Aprendizaxe Cooperativa, Interactiva e Creativa
MOTIVOS DE SOLICITUDE:
1.- Continuar co uso de dispositivos móbiles como
ferramentas de aprendizaxe creativa en equipos de traballo cooperativo (6º).
2.- Fomentar o uso dos iPads entre o resto do
profesorado, comprobando as súas posibilidades para o desenvolvemento da
lectoescritura durante o tempo dedicado ao Proxecto Lector (2º).
3.- Descubrir as posibilidades creativas de
aplicacións dos iPads, mellorando a capacidade de comunicación do alumnado (2º
e 6º).
4.- Atender á diversidade do alumnado co gallo de
implicar a tod@s e, en especial, a aquel con Necesidades Específicas de Apoio
Educativo (2º e 6º).
PROCESO DE DESEÑO:
1.- Configurar os iPADS para aforrar tempos,
descargando as aplicacións citadas: ChatterPix + iMovie,
PuppetPals e FotoComicBubbles + Poto.
2.- Elaborar creacións finais de exemplo para
cada tarefa para visualizar na PDI e motivar ao alumnado sobre o que poden
facer.
3.- Publicar na aula virtual (Edmodo) as
creacións finais de cada grupo, puidendo elaborar outras na casa para @s que
teñen iPads propios (6º).
POSTA EN PRÁCTICA:
1.- Explicación das tarefas a realizar e
aplicacións a empregar, facendo uso do meu iPad conectado á PDI.
2.- Recollida, coidado e entrega dun iPAD por
equipo, a cargo daquel/a alumn@ encargad@ do material nese momento.
3.- Realización das creacións por equipos e
posterior recompilación de todas nun mesmo iPad para a súa montaxe (ChatterPix).
IMPRESIÓNS:
1.- Materiais: aplicacións con certas
limitacións (ChatterPix polo pouca funcionalidade e PuppetPals por ter poucos
escenarios e personaxes).
2.- Proceso de ensino-aprendizaxe: mellora
das competencias clave, sobre a todo a Dixital,
ademais da Competencia en
Comunicación Lingüística (expresáronse oralmente e por escrito) e a Competencia Aprender a Aprender
(autonomía e creatividade nas creacións propias).
3.- Práctica docente e programación didáctica:
A miña intervención educativa enriqueceuse co uso de novas aplicacións,
perfectamente encaixadas cos contidos recollidos na programación do curso (6º).
Por outra banda, máis profesorado animouse a participar no tempo do Proxecto
Lector, aproveitando a miña disponibilidade para axudar e supervisar o uso dos
equipos (2º).
Manuel Díaz Congil
CEIP Lope de Vega
Contahistorias no Lope
CONTEXTUALIZACIÓN: CEIP Lope de Vega (Vigo), alumnado de 2º e 6º de Primaria.
APLICACIÓNS EMPREGADAS: Por ter unha creación final, saliéntanse ChatterPix + iMovie, PuppetPals e FotoComicBubbles + Poto.
RELACIÓN CO CURRÍCULO:
1.- Desenvolvemento das 7 competencias clave.
2.- Contribución ó logro dos obxectivos de etapa:
b) Traballo individual e de equipo.
c) Resolución pacífica de conflitos.
e) Coñecemento e uso das Linguas.
i) Utilización das TICS.
j) Creación de propostas visuais e audiovisuais.
3.- Traballo de contidos propios das áreas de
Linguas, Matemáticas e Ciencias.
PROCESO DA ACTIVIDADE:
1.- “Videoconto no Lope”: ChatterPix + iMovie (2º curso). Dentro dos grupos de traballo, por parellas,
foron lendo páxinas do conto “O zoo de Xaquín” e sendo gravadas a través da
aplicación ChatterPix, ademais de sacar fotos das mesmas nas que marcaban cos
dedos a parte do corpo dos personaxes que querían que se movera. Ao final do
proceso, reunimos todas as gravacións nunha mesma tablet por medio de AirDrop.
Seleccionámolas todas dende a aplicación iMovie para montar o videoconto final.
2.- ”Videorelato no Lope”: PuppetPals (6º curso). En equipos cooperativos, escollen entre todos un
relato breve para seren gravado a través da aplicación PuppetPals. Nela
escollen os fondos de pantalla que precisan para os actos, asemade para os
personaxes.
3.- “Fotocómic no Lope”: FotoComicBubbles + Poto (6º curso): Tamén por equipos e cunha tablet, tomaron fotos
deles mesmos co dispositivo nunha situación cotiá na aula para crear un cómic.
Posteriormente abriron as fotos na aplicación FotoComicBubbles e foron
insertando globos con diálogos. Ao final, fixeron un collage con todas as fotos
coa aplicación Poto, ordenándoas como se dun cómic se tratase.
RESULTADO FINAL:
Premer no seguinte enlace para ver o resultado do videoconto:
No seguinte enlace móstrase un videorelato como exemplo
A continuación está a proba do fotocómic:
Manuel Díaz Congil
CEIP Lope de Vega
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






