27 de junio de 2018

APOIO EDUCATIVO COAS TABLETS

1. Actividades realizadas na aula.

Durante o primeiro trimestre deste curso, o CFR de Vigo deixounos en empréstito un iPad, que nos permitiu comprobar que resultaba unha ferramenta útil para traballar co alumnado con necesidade específica de apoio educativo, en concreto o usamos con un alumno que presenta unha discapacidade motora e intelectual; e moitas limitacións na súa comunicación.

Con este alumno usamos as seguintes aplicacións:

- #Soyvisual

- SymboTalk

- Candy count

- Bimi Boo cumpleaños.

- Bimmi Boo Piano.

- Bimmi Boo Mundo puzzle.

- El buho Boo

- Baby puzzle.

- Baby blocks.

- Farm Animals

- Coloful shapes

- Proyecto emociones.

- Jose aprende.

- Pictosonidos

- Wheel of surprise



2. Artigo de reflexión sobre o emprego dos dispositivos.

Consideramos que foi moi positivo para este alumno en concreto o uso do iPad, pois era moi estimulante para el traballar os diferentes contidos presentes na súa Adaptación Curricular. Despois de ver o positivo que foi o traballo tomamos a determinación de mercar unha tablet para utilizar co alumno no seu proceso de ensino aprendizaxe.

TRABALLANDO COS IPADS NO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

TRABALLANDO COS IPADS NO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

O traballo desenvolto cos ipads levouse a cabo nos cursos de 4º e 6º de primaria, no obradoiro de expresión escrita en ditas titorías.

O noso proposta leva o título "Revolucionando a creación de historias", co gaio da PDI do centro "Revolucións e cambios". Quixemos que as nenas e nenos tiveran unha visión máis lúdica e creativa do proceso e elaboración dos contos.

Baseamos a nosa metodoloxía de traballo nas aportacións de Susana Lamela ,"escritura creativa" onde aunamos metodoloxía cooperativa e activa dun xeito inclusivo co proceso creativo da escrita.

A nosa pretensión foi contribuir o desenvolvemento competencial non so lingüístico e dixital, se non tamén o relacionado coa competencia Aprender a Aprender e a competencia de Conciencia e Expresión cultural das rapazas e rapaces.

A actividade desenvolveuse do seguinte xeito:

1º- Aproveitamos a xa formación dos equipos cooperativos.

2º- Creamos o personaxe protagonista: A chegada do concerto no fin de curso de Susa Herrera "Cantos animais" fixo que traballaramos dun xeito interdisciplinar e mentres que a música corría a cargo da especialista , nós utilizamos os animais do conto para realizar as tarxetas cos animais.

Cada equipo, coa estructura cooperativa 1-2-4, crearon tanto o nome como o debuxo do personaxe elexindo dúas tarxetas ao chou que unirían, para crear o novo nome e a apariencia do novo animal.

3º- Creación do carácter do personaxe cunha nube de palabras coa app imagen-chef.

4º- O debuxo coa estructura 1-2-4.

5º -Creamos o contexto: realizando un mapa conceptual con folio xiratorio coa app popplet.

6º- Ambientamos a historia con folio xiratorio e o resto das ilustracións da nosa historia.

7º- Finalmente introducimos os productos finais na app e-movie e en voz en off dos nenos e nenas relatando a historia.


O POR QUE DO USO DAS TABLETS NA AULA

Xa no día a día na maioría das nosas casas dispoñemos de ferramentas tecnolóxicas como ipads, tablets, ordenadores, smartfone…

Pero cando as rapazas e rapaces lles preguntas: quen te ensinuo a nadar? ou quen te ensinou a xogar ao futbol ou a camiñar?, elas e eles sempre atopan unha resposta: o meu pai, a miña nai ou o meu avó… e ante a pregunta de quen che ensinou a xogar na tablet ou na videoconsola non saben responder ou aprenderon sos.

En efecto, son ferramentas verdadeiramente intuitivas pero que deixando sos as nenas e nenos podemos caer nun mal uso destas novas tecnoloxías.

Este é o principal motivo polo que consideramos que a escola é o medio onde tamén cabe ensinar un bo e saudable uso das novas tecnoloxías. Por que non utilizalas tamén para aprender?

Na aula non debemos caer no erro de utilizar esta ferramenta a toda costa e de calquera xeito. Debemos marcar uns obxectivos e sistematizar o traballo, é dicir, desenvolveremos unha estratexia intelixente e global para utilizar as tablets como ferramenta tecnolóxica de xeito adecuado.

As tablets son:

- Intuitivas e interactivas, farán que a aprendizaxe sexa máis rápida e amena.

- Son medianamente asequibles. Aínda que poden ter un precio considerable resulta máis económico que un ordenador portátil para a aula.

Poden servir para :

-recollida de datos e información para traballos.

- pescudas

- práctica de exercicios

- ser combinable cos recursos tradicionais.

- actividades de reforzo ou ampliación

- recollida e rexistro de avaliación.

- permite o traballo cooperativo.

- ata chegar a gamificación como motivación.

Finalmente consideramos que o uso da tablet na aula propicia o aprendizaxe significativo que debe ser a nosa meta como docentes.


          


          

26 de junio de 2018

TALLER DE CREACIÓN MUSICAL CON APPS


ARTIGO 1. CREACIÓN DE AULA
·         Título: Taller de creación musical con APPS
·         Alumnado e centro educativo: O alumnado que participou neste proxecto foi todo o centro incluído ed. Infantil excepto algunha clase como quinto A ou primeiro A que non puideron realizar o taller debido a outras actividades extraescolares.
·         Contido curricular ou competencia clave destacada traballada coa actividade: No que se refire ao contido curricular, esta actividade enmárcase dentro da competencia dixital que rixe a LOMCE. Concretamente, o obxetivo fundamental desta actividade é fomentar o desenvolvemento da creatividade do alumnado a través de aplicacións en dispositivos móbiles (IPADS) fomentando situacións de uso responsable e traballando a motivación constante mediante un importante centro de interese do alumnado.
·         Proceso da actividade: O proceso en tódolos casos foi moi semellante: Utilicei un adaptador VGA para IPAD para que conectase coa miña PDI e posteriormente explicaba o funcionamento básico da aplicación na pizarra dixital e algunhas das súas utilidades máis destacadas e a continuación comezaba o proceso de creación basado na experimentación de forma práctica (normalmente 1 IPAD por parella).
·         Creación realizada, é dicir, el obxeto final, o producto realizado: pódese ver nos vídeos e presentacións que se amosan a continuación no artigo do blogue de música do centro nos seguintes enlaces.
ARTIGO 2. REFLEXIÓN

Título: Aprendixaxe práctica.
As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes nas nosas vidas e sobre todo nas vidas do noso alumnado. De aquí xurde a idea de utilizar as tablets na aula para traballar determinados aspectos musicais dunha forma nova, distinta e ao mesmo tempo motivadora para o alumnado. Non é habitual traballar con tablets na aula no noso centro e esta foi a terceira vez que realizamos esta experiencia e de seguro que repetiremos xa que resultou moi positiva, innovadora e motivadora para o alumnado que participou nesta actividade. Desta maneira, alumnos que normalmente se amosan pouco motivados e participativos nalgunhas clases, sentíronse enganchados dende o primeiro momento e o resultado final que acadaron na súa actividade foi máis satisfactoria do que nun principio se agardaba.
Esta tamén foi unha moi boa ocasión para ofrecerlles un enfoque distinto das tablets, xa que utilizamos esta actividade para traballar o uso responsable dos dispositivos móbiles e o reflexionar sobre o consumo que fan deste tipo de dispositivos.
A posta en práctica foi moi boa xa que non houbo ningún tipo de problema técnico de conexión, fallos nas aplicacións polo que o seu traballo dentro da aplicación foi intenso logo da breve explicación do funcionamento básico.
Este ano experimentaron con apps novas polo que a diferenza do ano pasado resultou moito máis motivador e positivo nos resultados. Por outro lado, este ano o taller fíxose extensivo a infantil, polo que o alumnado de 3, 4 e 5 anos tamén utilizou as tablets como ferramenta de creación musical.
En liñas xerais, en resumo, foi unha actividade moi positiva, motivadora e innovadora para o alumnado xa que desenvolveron a súa creatividade musical a través de aplicacións en dispositivos móbiles desenvolvendo estratexias colaborativas e traballando outras competencias menos utilizadas dunha forma práctica e divertida.