23 de septiembre de 2019

Enxeñeiras e enxeñeiros do espazo: De Barrantes a Orión


Este curso escolar iniciamos o Club de Ciencia no CEIP de Barrantes para o alumnado de 3º a 6º e moitas das mestras e mestres implicáronse nas actividades que dende o club propuemos.
As nosas experiencias buscan despertar, iniciar o espíritu científico do alumado e que sexan capaces de aplicar con “rigor” o método científico.
Unha das actividades que maior éxito tivo foi a que propusemos co título :

De BARRANTES A ORIÓN-Un paseo espacial”.



ANTRECEDENTES:
Por que ESERO?
  • Descubrimento de ESERO Spain : É a Oficina de Educación e Recursos Espaciais (
    European Space Education Resource Office) da Axencia Espacial Europea (ESA) en España. Coordinada dende o Parque das Ciencias de Granada
e articulada mediante a colaboración activa de cada comunidade autónoma, ten como obxectivo
 utilizar o contexto do espazo para fomentar as vocacións CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) proporcionando recursos a toda a comunidade educativa de Primaria e Secundaria, seguindo as directrices establecidas por ESA Education..O material está a disposición nos CFRs correspondentes.




MOTIVACIÓN:



  • Pouco costou motivar ó profesorado e ó alumnado para poñer máns a obra e traballar de xeito pautado as diversas actividades que o KIT de ESERO presenta de xeito moi organizado.
Polo tanto invitamos ó alumnado a axudar ós enxeñeiros e enxeñeiras da ESA ( European Space Agency) a elixir o mellor material para construír unha astronave. Contamos cun “Kit de materiais de astronaves, composto por oito materiais diferentes que deberían investigar de forma experimental.
EXPERIMENTACIÓN.



Material especial no espacio?
A experiencia baséase nun conxunto de cinco actividades onde o alumnado estudará e analizará oito materiais distintos entre os que atopará metais e non metais. Cada un deles será un cubo de 2 cm × 2 cm × 2 cm feito dun destes materiais: madeira, pedra, aluminio, cobre, poliestireno, plástico e as aliaxes latón e aceiro
A través destas actividades, o alumnado poderá levar a cabo experimentos, tomar medidas, rexistrar datos e presentar os seus resultados.
Esto permite familiarizarse coas súas propiedades, comparalos e agrupalos en base a criterios sinxelos, para despois realizarlles probas que determinen a súa condutividade eléctrica e térmica, a súa masa, as súas propiedades magnéticas e a resistencia que ofrecen ós impactos.

Os cinco grupos de actividades repartense da seguinte maneira:
  •   Mirar e tocar.
  • Conductividade eléctrica.
  • Conductividade térmica.
  • Medir a a masa.
  • Magnetismo.
  • Proba de impactos.


RECURSOS:




POSTA EN COMÚN

Posteriormente valoramos que materiais pareceunos os máis axeitados para construír as diferentes partes das naves espaciais. E cada quen propuso de forma razoada cal destes materiais era o máis axeitado para as distintas partes dunha nave espacial.









ONCLUSIÓN:

Quero ser Enxeñeira/enxeñeiro!!!!
Decantarse pola actividade que máis aceptación tivo é complicado pois todas foron moi ben aceptadas e todas foron moi interesantes. Quizás a máis chamativa pola súa montaxe foi a proba de impacto pero tamen gustounos a da conductividade térmica e tamen os circuitos e tamén….!!!