28 de junio de 2019

IPADS NO CEIP FONTE ESCURA


Desde o CEIP Fonte Escura queremos agradecerlle ao CFR o préstamo das tablets. Foi algo realmente bo para nós, debido a tipoloxía do noso centro, un centro pequeno cun orzamento non moi alto e preferente de alumnos motóricos e TEA. O noso profesorado, composto principalmente por mestres de apoio, tanto de Pedagoxía Terapéutica como Audición e linguaxe, víronse beneficiados deste marabilloso recurso para desenvolver a súa labor
Gracias ás tablets, puidemos desenvolver moitos dos obxectivos propostos na programación do noso centro como a familiarización do alumnado coas novas tecnoloxías, o uso de internet como unha ferramenta educativa e a utilización da motivación e o interese que esperta o emprego de medios audiovisuais para consolidar os aprendizaxes, especialmente no alumnado NEAE.
Algunhas das actividades que se puideron levar a cabo, foron a atención directa aos alumnos mediante Apps como “Sígueme”, “Soy visual”, “Leo con Lula”, etc, a creación de fotos e vídeos, e outras máis orixinais como a busca da “Pomba Mari Paz” a través de pistas que tiñan que ser lidas coas tablets mediante códigos QR, colorear aos protagonistas dunha representación teatral que se fixo no centro cunha aplicación da Tablet, ou ben a comunicación coa nosa mascota da Biblioteca, “Bunti”, que sempre fala cos nosos alumnos/as a través dunha aplicación da Tablet na que a súa imaxe pode falar como se movese os beizos.
Esperamos seguir contando coa vosa colaboración nos vindeiros cursos.
Moitas gracias!