9 de enero de 2019

AUDIOLIBRO NO CEP SANTA MARIÑA

ARTIGO DE CREACIÓN DE AULA:



CREACIÓN DUN AUDIOLIBRO DE
MULLERES ESQUECIDAS AO LONGO DA HISTORIA

No segundo nivel do CEP Santa Mariña estamos a desenvolver un proxecto educativo durante este curso que consiste e volver a contar a historia da Humanidade dun xeito positivo desde o punto de vista do xénero, é dicir, incluíndo a historia de moitas mulleres esquecidas e/ou deostadas polos prexuízos machistas.
A actividade que levamos a cabo neste sentido cos ipads foi a de crear un audiolibro onde o noso alumnado lle pon voz a algunhas das  mulleres que ao longo da historia foron silenciadas.
Para levalo a cabo, tendo en conta que dispuñamos de moi pouco tempo, empregamos a app “ Chatterpix-kid” de carácter gratuita e que  se pode descargar en calquera ipad desde o appstore.
Esta app permítenos escoller unha imaxe, gravar un pequeno texto de 30 segundos e facer que a súa boca se mova mentres persiste a voz.

O primeiro paso para cada neno/a  foi o de seleccionar unha muller importante na nosa historia e para isto axudounos o  traballo que xa levamos realizando desde o inicio de curso ao respecto. Empregamos os libros: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes I e II e Pioneiras.
Unha vez que a tiñan elixida debían cubrir unha ficha sobre ela:


E para poder facelo tiñan que investigar utilizando os recursos da aula incluídas as tablets.

Tras cubrila elaborabamos un pequeno texto que sería o que despois debían gravar, onde dicían o nome da muller e o máis significativo desta. Este fragmento levábano para casa para lelo con moita soltura xa que só dispuñan de 30 segundos.
Tamén, debían buscar unha imaxe de internet da persoa seleccionada e descargala no IPAD para poder usala no programa.
Unha vez que tiñan o texto e a imaxe xa estaban preparados/as para proceder á gravación da súa parte do libro.
O Chattepix-kids é moi sinxelo de utilizar e só hai que seguir os pasos que se indica: Primeiro selcecionar a imaxe da nosa muller, despois marcarlle a súa boca para que se mova correctamente, despois facer a gravación do texto e, por últim,o escribir o seu nome. Unha vez rematado gárdase no dispositivo.


Estas son algunhas das mulleres que escollimos (Rosa Parks,Nefertiti, Isabel Zendal…)

Podedes ver o noso traballo rematado no seguinte enlace ou na web do noso centro:

https://youtu.be/VfzWGcm6ecc


ARTIGO DE REFLEXIÓN:
NOVAS FERRAMENTAS DE MOTIVACIÓN E APRENDIZAXE
NAS AULAS DO CEP SANTA  MARIÑA
Durante practicamente todo o mes de novembro o alumnado de segundo de primaria do noso centro puido contar con IPADS na aula. Como somos 3 aulas bastante numerosas distribuímos equitativamente por semanas o tempo destas en cada unha das clases.
No noso traballo diario empregamos métodos de acción cooperativos e traballamos en grupo polo que a distribución foi dunha tablet por equipo.
Foi un primeiro contacto dos nenos e nenas con estes dispositivos no ámbito escolar polo que o noso principal obxectivo era darlles a  entender que non só serven para ver “Youtube” e que, ademais, hai moitos xogos moi produtivos e divertidos para as nosas mentes.
Durante eses días os que non coñecían as tablets tiveron o seu primeiro contacto e, os que non, descubriron novos xogos e utilidades motivadoras e educativas.
Investigamos, escribimos e utilizamos algunhas apps como: Rockbotic, Chatterpix-kid, e-Tabú, Flow Free, Memorado…

    


En fin, quedóusenos curta a experiencia e gustaríanos podelas ter durante moito máis tempo. Para o ano intentaremos repetir.

iPads e Escornabot no cole de Guillarei!


Durante 2 meses desfrutamos dun lote de iPads así coma un Escornabot.

Os iPads viñéronnos xenial para as actividades de Samaín/Halloween. As aplicacións que máis empregamos para traballar os contidos relacionados co Samaín/Halloween foron “LAYAR” e “CREATALES”.
LAYAR, aplicación de realidade virtual que da “vida” as creacións dos nenos.


CREATALES, para que o alumnado poida crear as súas propias historias gravando audio e todo.

En 1º de Ed. Primaria aproveitamos aos nosos iPads para repasar sumas e restas, mellorar a atención con xogos de memoria e música... pasámolo moi ben!!

                 

Escornabot

Empregámolo exclusivamente na aula de 4º de Primaria. O primeiro que elaboramos foi a plantilla sobre a cal se movería o noso amigo “Escorni”, nome que lle puxeros @s alumn@s.

Logo dunha sesión de iniciación para coñecer o seu funcionamento, comezamos a elaborar “fichas de xogo” para o noso taboleiro. O tema a tratar era a función de relación e os sentidos.

Na tarefa final Escorni facía de sistema nervioso dende que recibía o estímulo do exterior, pasaba polo cerebro, para así finalmente activar o aparello locomotor.

                                                 

 Reflexión sobre o uso dos dispositivos.

iPads

Ao noso parecer unha única maleta con iPads (7 dispositivos) non é suficiente para todo o colexio. O alumnado desfrutou un montón das aplicacións que traen cargados os iPads, pero chegaron á conclusión de que moitas aplicacións realizan as mesmas accións; había moitas aplicacións de música similares entre eles. Outras precisaban de rexistro por parte do usuario o que non consideramos oportuno ao tratarse de material propiedade do CFR.

Polo tanto foron contadas as aplicacións que puidemos desfrutar ao 100%. De todas formas no noso colexio foi todo un éxito o implemento dos iPads xa que supón unha forma diferente de aprender e traballar en clase, aínda que só puidésemos contar cos dispositivos durante un mes, algo escaso.


Escornabot

Só se empregou na aula de 4º de Ed.Primaria. O alumnado, descoñecedor do mundo da robótica, estivo moi implicado durante este mes co seu escornabot. As primeiras sesións de coñecemento do robot pasaron voando. Moi motivados propuxeron varias actividades a realizar con el ata decantarnos por realizar un taboleiro de xogo relacionado co tema de Naturais que estábamos a traballar.
Resultou moi estimulante e resultou de gran axuda para “visualizar” os novos conceptos adquiridos. De feito, a clase visto o éxito, pediu a Papá Noel un escornabot en propiedade.

Pensamos que para unha iniciación á robótica trátase dun robot axeitado grazas a facilidade de uso. No noso caso empregámolo en 4º de Primaria, pero cremos que xa dende infantil podemos dar uso ao Escornabot.

Agradecer ao CFR o material emprestado e o fácil que resulta realizar os trámites de petición. Moi ben todo, mil grazas.