14 de julio de 2015

TICs sí, pero con medios.

 Durante o presente curso, impartíronse no noso centro distintas sesións de formación relacionadas coas TIC, entre elas, varias adicadas ao manexo das tablets e as súas posibles aplicacións na aula. A profesora poñente, coñecedora do traballo que viñamos realizando nos cursos anteriores, instounos a solicitar o material que o CFR pon a disposición do profesorado.
O proceso de deseño da actividade non variou demasiado respecto ao posto en práctica nos últimos anos, agás pola necesidade do profesor de familiarizarse previamente co manexo das propias tablets e das aplicacións que ían ser empregadas polos alumnos.
Na posta en práctica da actividade destacaríamos as vantaxes sobre os inconvintes. Entre estas sinalaríamos:

ANIMACIÓN STOP-MOTION. Traballando competencias básicas

ANIMACIÓN STOP-MOTION
Esta actividade realizárona os alumnos de Educación Plástica e Visual de 4º curso da ESO do IES Pino Manso de O Porriño.
Enmarcouse dentro do desenvolvemento habitual da programación da citada materia. Esta técnica – a do Stop-Motion- ven, de feito, recollida na Unidade Didáctica " A linguaxe audiovisual" dentro do apartado adicado á animación e, como tal, ven sendo traballada polo noso departamento dende hai varios anos, sen contar, iso sí, cos medios técnicos ( 6 tablets) que neste curso o CFR puxo á nosa disposición.
A razón de que propoñamos a súa utilización ao noso alumnado é a de que permite traballar moitas competencias básicas. Entre elas, destacaríamos a Artística e a Dixital , por razóns obvias, pero tamén a Social e Ciudadá, por canto esta é unha actividade que deseñamos para ser traballada en grupo, algo que plantexa aos alumnos a necesidade da cooperación activa e da capacidade de chegar a acordos.
A principal aplicación utilizada para realizar o traballo foi "istopmotion", se ben nalgúns casos, se completou a edición do video con outras ferramentas como "imovie".

O proceso seguido pode resumirse nestes seis pasos:

  1. Presentación/prantexamento do traballo: visualización de exemplos de stop-motions seleccionados da rede e de traballos do alumnado de cursos anteriores. Presentación da rúbrica adxunta na que se especifican os aspectos que se van valorar ao largo de todo o proceso ( 1 sesión).
    CATEGORIAS
    VALOR
    (2,5 puntos)
    (5 puntos)
    (7,5 puntos)
    (10 puntos)
    PUNT
    Traballo en equipo
    10

    Ningún membro do equipo se esforzou en traballar a idea. Parte do equipo non tivo claro nunca cal era a idea final. O traballo non se repartiu equitativamente. Casi todo o equipo contribuiu e escoitou as ideas dos demáis, pero non todos tiveron clara a idea final. Non todos os membros do equipo traballaron por igual no proxecto. A maioría do equipo contribuiu aportando ideas e escoitando as dos demáis, e traballou no proxecto, ainda que algúns membros non tiñan claro cal era a súa función. Todos os membros do equipo aportaron ideas e escoitaron as dos demais. Todos traballaron por igual e tiveron claro en todo momento cal era a súa función dentro do equipo.
    Preparación/
    materiais
    10

    Moitos días non había equipo (decorado, cámara, persoaxes...) nin un posible plan B para sair do paso. A culpa era sempre do alumno ausente. Algúns días non había ou decorado, ou cámara, ou persoaxes, nin tampouco un posible plan B. En xeral, non houbo problemas co equipo, pero cando xurdiu algún problema non había plan B. Todo o equipo estaba localizado todos os días e calquera problema era solucionado rapidamente.
    Guión/
    historia
    10

    O equipo non tiña claro o guión antes de comenzar a gravación. A historia que se conta é improvisada e falta de creatividade. Houbo un guión previo, pero con ideas moi vagas e pouco definidas, o que provocou que se deixase moito a improvisación. A historia aparece, así, pouco coherente e desconexa. Ainda que había un guión que foi máis ou menos respectado na gravación, o resultado narrativo non é demasiado orixinal e creativo, senón demasiado parecido aos traballos xa vistos noutros grupos ou cursos. Houbo un guión claro,creativo e orixinal dende o principio. Se houbo cambios foron os pertinentes para mellorar o resultado final.
    Montaxe
    10

    As imaxes non foron correctamente montadas. Faltan tamén elementos de montaxe como os títulos de inicio, de crédito, ou a banda sonora. As imaxes montáronse con criterio cronolóxico, pero faltou eliminar algunhas sobrantes.Faltan tamén elementos de montaxe como os títulos de inicio, de crédito, ou a banda sonora. As imaxes montáronse con criterio cronolóxico, pero faltou eliminar algunhas sobrantes.Os títulos e a banda sonora están ben inseridos, pero non acompañan demasiado ben á historia. As imaxes montáronse con criterio cronolóxico, eliminando as repeticións e as defectuosas. Os títulos de inicio, de crédito, e a banda sonora resultan atractivos e axeitados á historia.
  2. Formación de grupos ( de 3 a 5 alumnos) e asignación de roles ( director de guión, de escenografía, da creación de personaxes, de gravación e de montaxe). Recórdaselles aos alumnos que a puntuación do traballo vai ser a mesma para todo o grupo polo que é de vital importancia formar un bo equipo que colabore en todas as fases do proceso ( 1 sesión)
  3. Escritura do guión: prantéxase facer unha pequena animación de entre 1 e 2 minutos. Insístese na idea de non tratar de facer unha historia demasiado complexa ou na que sucedan demasiadas cousas. O guión, así, non ten por qué ir máis alá dunha breve sinopse argumental e dunha sucinta descrición do escenario e dos personaxes.( 1 sesión)
  4. Creación de escenario e personaxes: ainda que se lles dá liberdade aos grupos para elixir as técnicas e materiais a utilizar, amósanselles as solucións máis exitosas nos anteriores cursos: pequenos escenarios de cartón, personaxes de plastilina ou pequenos monecos tipo Lego, mobiliario e atrezzo de xoguetes infantís, etc.( 3 sesións)
Durante a semana destinada a este punto do proceso o profesor adicouse a experimentar coas tablets recibidas e as aplicacións xa citadas. Cos pequenos videos gravados e xunto cun membro de cada grupo ( o director de gravación e/ ou edición) procedeuse na última sesión á montaxe final ( son, títulos, velocidades de reprodución, etc). Esta pequena selección de alumnos puido así comprender e aprender de forma práctica o funcionamento básico das apps para posteriormente explicarllo ao resto do seu grupo. O seguinte enlace é un pequeno exemplo dun deses videos de creación compartida profesor/alumnos
  1. Gravación/ toma de imaxes: partimos da idea dunha ratio inicial de 10 fotos / segundo. É decir, 600 fotogramas para completar o minuto establecido como mínimo. Os alumnos vanse turnando para tomar as fotografias e mover as personaxes ( 3/4 sesións).
  2. Edición/ montaxe: a medida que os grupos van finalizando a toma de imaxes comenzamos coa súa edición ( probas con distintas velocidades de reprodución, inserción da banda sonora e/ ou efectos especiais, deseño do título inicial, dos títulos de crédito, etc.). Algúns grupos utilizan o imovie, outros envíanse o video por e-mail e o editan con programas informáticos como Movie Maker. ( 2/3 sesións)
Como mostra dos traballos realizados achegamos un exemplo de cada un dos grupos ( 4º A/ D, 4º B/C) nos que desenvolvemos a actividade.