2 de diciembre de 2016

Aprendizaxe experimental

ARTIGO 2. REFLEXIÓN


A idea de utilizar as tablets na aula foi principalmente para traballar determinados aspectos musicais dunha forma nova, distinta e ao mesmo tempo motivadora para o alumnado. Non é habitual traballar con tablets na aula no noso centro e esta foi a primeira vez que realizamos esta experiencia e de seguro que repetiremos xa que resultou moi positiva, innovadora e motivadora para o alumnado que participou nesta actividade. Desta meneira, alumnos que normalmente amósanse pouco motivados e participativos nalgunhas clases, sentíronse enganchados dende o primeiro momento e o resultado final que acadaron na súa actividade foi máis satisfactoria do que nun principio se agardaba.
Esta tamén foi unha moi boa ocasión para ofrecerlles un enfoque distinto das tablets, xa que utilizamos esta actividade para traballar o uso responsable dos dispositivos móbiles e o reflexionar sobre o consumo que fan deste tipo de dispositivos.
A posta en práctica foi moi boa xa que non houbo ningún tipo de problema técnico de conexión, fallos nas aplicacións… polo que o seu traballo dentro da aplicación foi intenso logo da breve explicación do funcionamento básico.

En liñas xerais, en resumo, foi unha actividade moi positiva, motivadora e innovadora para o alumnado xa que desenvolveron a súa creatividade musical a través de aplicacións en dispositivos móbiles.

Miguel Otero
CEIP Outeiro das Penas - Cesantes (Redondela)

Taller de creación musical con APPS

ARTIGO 1. CREACIÓN DE AULA

·         Título: Taller de creación musical con APPS
·         Alumnado e centro educativo: O alumnado que participou neste proxecto foi 2º, 4º, 5º e 6º de E.P. do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes en Redondela. 
·         Contido curricular ou competencia clave destacada traballada coa actividade: No que se refire ao contido curricular, esta actividade enmárcase dentro da competencia dixital que rixe a LOMCE. Concretamente, o obxectivo fundamental desta actividade é fomentar o desenvolvemento da creatividade do alumnado a través de aplicacións en dispositivos móbiles (iPads) fomentando situacións de uso responsable e traballando a motivación constante mediante un importante centro de interese do alumnado.
·         Proceso da actividade: O proceso en tódolos casos foi moi semellante: Utilicei un adaptador para iPad para que conectase coa miña PDI e posteriormente explicaba o funcionamento básico da aplicación na pizarra dixital e algunhas das súas utilidades máis destacadas e a continuación comezaba o proceso de creación basado na experimentación de forma práctica (normalmente 1 dispositivo por parella).
·         Creación realizada, é decir, o obxecto final, o producto realizado: pódese ver nos vídeos e presentacións que se amosan a continuación.
            Rematamos este curso cun taller de creación e improvisación musical utilizando as tablets na aula. Tivemos a sorte de contar con 8 tablets iPad cedidas para este proxecto polo CFR de Vigo aos cales damos as gracias. Non puidemos facer o taller con todo o alumnado por horarios pero si con 2ºB, 4ºB, 5º e 6º e este foi o resultado.

5º e 6º: Traballou coa aplicación Garage Band para unha actividade de composición instrumental.

E este foi o resultado final. Fai clic nas imaxes para ver os videos.


    

    

 
2º e 4º: Traballou coa aplicación Vidrhythm para a creación dun mosaico musical con diferentes efectos sonoros.


E este foi o resultado final. Fai clic nas imaxes para ver os videos.








Toda esta información está tamén colocada no blogue de música do noso centro a través do seguinte enlace:



1 de diciembre de 2016

Reflexión de Helen

As utilidades das tablets son moitas, ninguén o dubida. Precisamos de maior traballo con elas na aula, para que non sexan só un instrumento de distracción, e poder aproveitar todo o seu potencial. Gran parte do problema é que os nenos non son quen de organizarse, revisar o traballo feito, cooperar en grupo... Pero a única maneira de conseguir isto é facéndoo e que mellor maneira que empregando algo tan atractivo e intuitivo como son as tables.
Deseñar a actividade foi fácil, unha vez que seleccionei as apps. Poderían levarse a cabo un sinfín de actividades moi atractivas, coas que os alumnos desenvolveran moitas das súas habilidades e capacidades e aprenderan de maneira divertida e máis participativa e individual.
Ao non estar acostumados a empregar este tipo de dispositivos para o fin que lles propuxen (elaborar unha historia, escribir e creala) foi difícil acadar un grao de "perfección" axeitado, xa que ven a tablet coma un xoguete case exclusivamente. Estou convencida que se fose algo máis habitual os resultados serían formidables, tanto do que fan, coma do nivel de aprendizaxe que poden acadar co uso desta tecnoloxía. Sen dispositivos os alumnos dificilmente poderían haber visto o resultado do seu traballo (a non ser que houbera gravado a representación do que fixeron, se lles pedira que representaran a historia, malia que desa forma tamén precisaría o uso das tecnoloxías). Revisar o traballo é esencial para poder realizar cambios, mellorar e aprender.
Sen dúbida a experiencia foi moi frutífera e divertida, os nenos gozaron e aprenderon contidos da aula e desplegaron as súas habilidades artísticas. Colaboraron todos e cada un deles, en pequeno grupo, animándose uns aos outros e aportando todos as súas opinións. Xurdiron pequenos conflitos que tiveron que resolver eles mesmos, pero claramente iso era outra parte da finalidade da actividade.

Helen García
CEIP Otero Pedrayo
Vigo 2016

Historias Colaborativas

CREACIÓN DE AULA
"Historias Colaborativas"
Como fomentar o traballo colaborativo nas nosas aulas é unha cuestión que preocupa aos mestres e é unha difícil tarefa. As vantaxes do traballo colaborativo son múltiples:
-          Os alumnos son responsables do tempo e de organizarse eles mesmos.
-          Fomenta a creatividade e a resolución de conflitos.
-          Interiorización de normas como: respecto pola opinión dos demais, escoita activa, tanto das explicacións coma das propostas dos compañeiros.
-          Gozan e aprenden ao mesmo tempo con propostas e actividades dinámicas.

Normalmente son a falta de tempo e o caos que se produce ocasionalmente o que frea este tipo de iniciativas, así como falta de medios. Neste senso xogan un importante papel as novas tecnoloxías. Desta maneira formulouse unha actividade que combinaba diferentes aspectos da área de lingua e plástica, para abordar tamén as seguintes competencias e traballalas de maneira global: a competencia lingüística e dixital eminentemente, así coma a social e cívica (respecto polos compañeiros, traballo en grupo) e a de iniciativa e emprendemento (para elaborar eles mesmos as súas propias produción e historias).
O grupo no que puiden levar a cabo a actividade foi o grupo de 5º de primaria, un grupo de uns 20 alumnos que dividín en grupos de 4, do CEIP Otero Pedrayo.
Son moitas as app que podemos empregar con fins educativos, pero nesta actividade escollín dúas en concreto: Bamboo Paper e Puppet Pals HD 


 




Nesta actividade que lles propuxen tiñan que escribir unha historia e tiñan que plasmar o resumo escrito na app de Bamboo e logo grabar a historia con diferentes personaxes con Puppet Pals.
O primeiro que fixen foi ensiñarlles cómo funcionaban as dúas, con que personaxes contaban en Puppet Pals e como funcionaba (pasar polos diferentes escenarios, mover aos personaxes...). Bamboo era moito máis sinxela, pero custoulles máis do esperado escribir na tablet directamente, e non se animaron a facer unha imaxe que representara a súa "obra" xa que esa era outra parte da actividade.
Achego os exemplos que foron elaborados completamente, xa que nalgúns casos non grabaron a actividade final correctamente, e noutros a historia está pouco traballada.
O tempo é un factor esencial e non dispoñiamos de moito, polo que os traballos pode dicirse que están nunha fase inicial. Con máis tempo ou máis práctica estou segura que estarían máis organizados, pero estou moi satisfeita do traballo realizado, xa que o fin era que colaboraran todos e produciran todos.