6 de abril de 2018

EXPERIENCIA COS ROBOTS NO CEIP DE RIBEIRA


REFLEXIÓN DA EXPERIENCIA COS ROBOTS NO CEIP DA RIBEIRA

Os motivos polos que fixemos a solucitude foron os seguintes:

1. No noso centro este curso estamos a traballar o Proxecto “Somos científicos e artistas” e como bos científicos quixemos investigar un pouco como ía iso da robótica na aula.

2. Temos na idea embarcarnos cara o seguinte curso no proxecto de robótica e quixemos ter un primeiro contacto con eles .

A idea de solicitar os tres robots (Escornabot, Mbot Ranger e arduino ) tiña como obxectivo principal investigar un pouco o seu funcionamento , os diferentes tipos que hai e cales se adaptan maís á nosa realidade educativa.

Os robots chegaron nunha caixa e fóronse presentando un a un , nun principio comezamos por DOC o robot (robot da aula de infantil) , para que os/as nenos/as tivesen un primeiro contacto de como se despraza , logo fixemos actividades co Escornabot e finalmente presentouse a Mbot Ranger.

As actividades foron dirixidas a infantil, primeiro e segundo de primaria. A experiencia foi moi divertida, as caras do alumnado eran de sorpresa, de ilusión e de gañas de tocar e saber. Colaboraron todos en gran grupo, animándose uns aos outros e aportando todos as súas opinións.

O maís destacado foi como se organizaron, de xeito que respectaban os turnos; o ambiente que se creou, formando un equipo no que se axudaban uns a outros; o motivados que estaban, a atención nos xogos, ver como razoaban e se explicaban . Xurdiron pequenos conflitos cando algún se equivocaba programando o traxecto, sendo eles mesmos quen resolvían o problema a través do método ensaio-erro.

ADIVIÑAS CON CÓDIGO QR E ESCORNABOT

A actividade foi realizada pola Coordinadora Tic do CEIP DA RIBEIRA durante o curso 2017/2018 , estivo dirixida ao segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro e segundo curso de Educación Primaria .

Traballáronse as competencias dixitais, competencia de aprender a aprender, autonomía persoal, competencia matemática e competencia lingüística.

Para esta actividades usamos a DOC o robot, Escornabot e Mbot Ranger.

A actividade xurdiu dende a aula de 4 anos de Educación Infantil, alí experimentamos cos robots de maneira libre para saber como funcionaban, despois invitamos ao alumnado de primeiro e segundo curso a través dunha carta.

Cando chegaron á nosa aula presentamos os robots, comezamos xogando de maneira libre con DOC o robot, creamos traxectos libres de movemento. Máis tarde, cando xa entendemos o funcionamento, xogamos co Escornabot. Fixemos unha actividade de adiviñas con códigos QR.




Repartiuse unha carta a cada neno/a
cun código QR , coa axuda da tablet
tiña que leer a adiviña.











Unha vez resolta, tiñamos que programar o Escornabot para chegar á solución.

 


Cando o Escornabot chegaba ao seu destino
 Os/as nenos/as daban un aplauso conxunto
 emocionados. Se non se conseguía facer ben a
 ruta , entre todos/as dábanse solucións para
 volver facer a ruta e acertar.








Despois descargamos a app KEIPAD para dirixir ó escornabot coa tablet polo taboleiro.



A SEGUNDA ACTIVIDADE FOI CO MBOT RANGER.

O Mbot Ranger foi o que maís lles gustou os/as nenos/as. Interactuaba ben coas luces e os sons, pero deunos problemas co movemento. Non acababa de executar as ordes, cremos que por un problema do robot. Ensinámoslle ós maís pequenos como funcionaba de maneira libre coa app Makeblock, puideron tocar a bucina e prender as luces.

Logo programamos a Mbot Ranger para que soase a melodía de Global Muiñeira xunto coas luces, xa que vai participar no vídeo que estamos facendo todo o centro para participar nun concurso .

Con Arduino non nos deu tempo a experimentar, xa que nos coincidiu coa

Semana Santa e o tempo xa non deu para maís.