9 de enero de 2018

Taller de creación musical con APPS II


ARTIGO 1. CREACIÓN DE AULA



Título: Taller de creación musical con APPS II. 

Alumnado e centro educativo: O alumnado que participou neste proxecto foi 1º, 3º, 4º, 5º e 6º
de E.P. do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes en Redondela. 

Contido curricular ou competencia clave destacada traballada coa actividade: No que se
refire ao contido curricular, esta actividade enmárcase dentro da competencia dixital que rixe a LOMCE. Concretamente, o obxectivo fundamental desta actividade é fomentar o desenvolvemento da creatividade do alumnado a través de aplicacións en dispositivos móbiles (IPADS) fomentando situacións de uso responsable e traballando a motivación constante mediante un importante centro de interese do alumnado.

Proceso de la actividad: O proceso en tódolos casos foi moi semellante: Utilicei un adaptador para IPAD para que conectase coa miña PDI e posteriormente explicaba o funcionamento básico da aplicación no encerado dixital e algunhas das súas utilidades máis destacadas e a continuación comezaba o proceso de creación baseado na experimentación de forma práctica (normalmente 1 IPAD por parella, como pouco 1 IPAD por trio.).

Creación realizada, es decir, el objeto final, el producto realizado: pódese ver nos vídeos e presentacións que se amosan a continuación.

Rematamos este curso cun taller de creación e improvisación musical utilizando as tablets na aula. Tivemos a sorte de contar con 8 tablets ipad cedidas para este proxecto polo CFR de Vigo aos cales damos as gracias. Non puidemos facer o taller con todo o alumnado por horarios e excursións varias de final de curso pero si con alumnado de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º e este foi o resultado.

O alumnado de 1º traballou coa aplicación Rhythm Pad para elaborar un acompañamento rítmico a unha canción escollida por eles que posteriormente terían que integrar nese ritmo concreto.

 Resultado de imaxes para RhythmPad app

E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.





O alumnado de 3º e 4º traballou cunha app chamada vidrhythm para a creación dun mosaico

sonoro con diferentes efectos a través da improvisación musical.


Resultat d'imatges de vidrhythm


E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.









O alumnado de 5º e 6º traballou coa aplicación garage band para unha actividade de composición instrumental.


C:\Users\usuario\Desktop\garaje band.jpg

E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.


             





O alumnado de 5ºe 6º tamén traballou coa aplicación launchpad para unha actividade de 

improvisación musical tomando como base diferentes loops sonoros predeterminados.


Imaxe relacionada



E este foi o resultado final. Fai clic na imaxe para ver o video.


        



Toda esta información está tamén colocada no blogue de música do noso centro a través do seguinte 

enlace:




ARTIGO 2. REFLEXIÓN


Título: Aprendizaxe experimental.


A idea de utilizar as tablets na aula foi principalmente para traballar determinados aspectos musicais dunha forma nova, distinta e ao mesmo tempo motivadora para o alumnado. Esta actividade pretende traballar principalmente a competencia dixital do alumnado asi como a competencia lingüística, a competencia no espiritu emprendedor... Non é habitual traballar con tablets na aula no noso centro pero ésta foi a segunda vez que realizamos esta experiencia e de seguro que repetiremos xa que resultou moi positiva, innovadora e motivadora para o alumnado que participou nesta actividade. Desta meneira, alumnos que normalmente amósanse pouco motivados e participativos nalgunhas clases, sentíronse enganchados dende o primeiro momento e o resultado final que acadaron na súa actividade foi máis satisfactoria do que nun principio se agardaba.

Esta tamén foi unha moi boa ocasión para ofrecerlles un enfoque distinto das tablets, xa que utilizamos esta actividade para traballar o uso responsable dos dispositivos móbiles e o reflexionar sobre o consumo que fan deste tipo de dispositivos.

A posta en práctica foi moi boa xa que non houbo ningún tipo de problema técnico de conexión, fallos nas aplicacións… polo que o seu traballo dentro da aplicación foi intenso logo da breve explicación do funcionamento básico. O único aspecto negativo foi que as tablets descargábanse con moita facilidade e moito máis rápido do habitual en función do uso que tiñan.

En liñas xerais, en resumo, foi unha actividade moi positiva, motivadora e innovadora para o alumnado xa que desenvolveron a súa creatividade musical a través de aplicacións en dispositivos móviles.