MOTIVOS DE SOLICITUDE:
1.- Continuar co uso de dispositivos móbiles como
ferramentas de aprendizaxe creativa en equipos de traballo cooperativo (6º).
2.- Fomentar o uso dos iPads entre o resto do
profesorado, comprobando as súas posibilidades para o desenvolvemento da
lectoescritura durante o tempo dedicado ao Proxecto Lector (2º).
3.- Descubrir as posibilidades creativas de
aplicacións dos iPads, mellorando a capacidade de comunicación do alumnado (2º
e 6º).
4.- Atender á diversidade do alumnado co gallo de
implicar a tod@s e, en especial, a aquel con Necesidades Específicas de Apoio
Educativo (2º e 6º).
PROCESO DE DESEÑO:
1.- Configurar os iPADS para aforrar tempos,
descargando as aplicacións citadas: ChatterPix + iMovie,
PuppetPals e FotoComicBubbles + Poto.
2.- Elaborar creacións finais de exemplo para
cada tarefa para visualizar na PDI e motivar ao alumnado sobre o que poden
facer.
3.- Publicar na aula virtual (Edmodo) as
creacións finais de cada grupo, puidendo elaborar outras na casa para @s que
teñen iPads propios (6º).
POSTA EN PRÁCTICA:
1.- Explicación das tarefas a realizar e
aplicacións a empregar, facendo uso do meu iPad conectado á PDI.
2.- Recollida, coidado e entrega dun iPAD por
equipo, a cargo daquel/a alumn@ encargad@ do material nese momento.
3.- Realización das creacións por equipos e
posterior recompilación de todas nun mesmo iPad para a súa montaxe (ChatterPix).
IMPRESIÓNS:
1.- Materiais: aplicacións con certas
limitacións (ChatterPix polo pouca funcionalidade e PuppetPals por ter poucos
escenarios e personaxes).
2.- Proceso de ensino-aprendizaxe: mellora
das competencias clave, sobre a todo a Dixital,
ademais da Competencia en
Comunicación Lingüística (expresáronse oralmente e por escrito) e a Competencia Aprender a Aprender
(autonomía e creatividade nas creacións propias).
3.- Práctica docente e programación didáctica:
A miña intervención educativa enriqueceuse co uso de novas aplicacións,
perfectamente encaixadas cos contidos recollidos na programación do curso (6º).
Por outra banda, máis profesorado animouse a participar no tempo do Proxecto
Lector, aproveitando a miña disponibilidade para axudar e supervisar o uso dos
equipos (2º).
Manuel Díaz Congil
CEIP Lope de Vega