No inicio do segundo trimestre tivemos a oportunidade de empregar as tablets cos cursos inferiores, dentro do tema do Universo e o espazo. Ademais das explicacións e as actividades da aula, puidemos empregar diferentes Apps para investigar sobre o espazo e como funciona o sistema solar. O mini proxecto que se formulou para os nenos e nenas tiña como obxectivo fundamental acercar o Universo aos máis pequenos, de forma que, gracias a materiais reciclables coas que se construíron naves espaciais, platillos personalizados... coa novas tecnoloxías puidemos botar un ollo a diferentes aspectos do Universo, como as constelacións, os planetas, o Sol e a posición que tiña (podíase localizar incluso con nubes ou de noite onde lle correspondía estar no outro lado do mundo...) e tamén a Lúa. Empregamos aplicacións coma Star Walk Kids, Solar Walk Free... Ademais, nesas apps, atopabámos outros xogos de unir puntiños e aparecían as constelacións. Algunhas tiñan o contido en inglés, pero aproveitábase para contarllo en español nalgúns casos. Outras apps eran de realidade aumentada e 3D que permitían unha visualización máis real e motivadora para os nenos e nenas.
Nesta ocasión ao dispoñer de seis tablets para as aulas, dividimos aos nenos e nenas en pequenos grupiños e eles tiñan que xestionar o tempo do que dispuñan para investigar ou xogar coas diferentes apps e xogos que contiñan. Gracias a o emprego dos dispositivos, algo que queda tan lonxe como é o Universo, que queda tanto por explorar e coñecer, queda ao alcance da man e os pequenos poden investigar e facerse unha idea do que nos arrodea. Ademais cos sistemas de localización do Sol e da Lúa, permítelle facerse unha idea da permanencia das cousas no espazo e de establecer asociacións básicas para formular novas aprendizaxes. Sempre podemos aproveitar a vertente colaborativa que ofrece o emprego en conxunto dunha tablet, a administración dos tempos que conleva, o respecto polos compañeiros e compañeiras... Ademais contribúe a que todos poidan expresar as súas opinións e apreciacións sobre o que len e observan, dado que son elementos moi motivadores e atractivos para eles. Cómpre facer previamente unha análise das apps que se van traballar e ver como funcionan, para acadar uns resultados axeitados, ademais do necesario control e supervisión/guía dos momentos, por parte dos mestres.
13 de marzo de 2019
6 de marzo de 2019
O ESPAZO NO CEP CELSO EMILIO FERREIRO
- Artigo onde explique as actividades realizadas na aula
- Artigo de reflexión sobre o emprego dos dispositivos
1-
No inicio do segundo trimestre tivemos a oportunidade de empregar as
tablets cos cursos inferiores, dentro do tema do Universo e o espazo.
Ademais das explicacións e as actividades da aula, puidemos empregar
diferentes Apps para investigar sobre o espazo e como funciona o
sistema solar. O mini proxecto que se formulou para os nenos e nenas
tiña como obxectivo fundamental acercar o Universo aos máis
pequenos, de forma que, gracias a materiais reciclables coas que se
construíron naves espaciais, platillos personalizados... coa novas
tecnoloxías puidemos botar un ollo a diferentes aspectos do
Universo, como as constelacións, os planetas, o Sol e a posición
que tiña (podíase localizar incluso con nubes ou de noite onde lle
correspondía estar no outro lado do mundo...) e tamén a Lúa.
Empregamos aplicacións coma Star Walk Kids, Solar Walk Free...
Ademais, nesas apps, atopabámos outros xogos de unir puntiños e
aparecían as constelacións. Algunhas tiñan o contido en inglés,
pero aproveitábase para contarllo en español nalgúns casos. Outras
apps eran de realidade aumentada e 3D que permitían unha
visualización máis real e motivadora para os nenos e nenas.
2- Nesta ocasión ao dispoñer de seis tablets
para as aulas, dividimos aos nenos e nenas en pequenos grupiños e
eles tiñan que xestionar o tempo do que dispuñan para investigar ou
xogar coas diferentes apps e xogos que contiñan. Gracias a o emprego
dos dispositivos, algo que queda tan lonxe como é o Universo, que
queda tanto por explorar e coñecer, queda ao alcance da man e os
pequenos poden investigar e facerse unha idea do que nos arrodea.
Ademais cos sistemas de localización do Sol e da Lúa, permítelle
facerse unha idea da permanencia das cousas no espazo e de establecer
asociacións básicas para formular novas aprendizaxes.
Sempre
podemos aproveitar a vertente colaborativa que ofrece o emprego en
conxunto dunha tablet, a administración dos tempos que conleva, o
respecto polos compañeiros e compañeiras... Ademais contribúe a
que todos poidan expresar as súas opinións e apreciacións sobre o
que len e observan, dado que son elementos moi motivadores e
atractivos para eles. Cómpre facer previamente unha análise das
apps que se van traballar e ver como funcionan, para acadar uns
resultados axeitados, ademais do necesario control e supervisión/guía
dos momentos, por parte dos mestres.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)