1 de febrero de 2020

Creación de aula e proceso da mesma. Photospeak e Thinglink no CEIP Infante Felipe de Borbón (salvaterra de Miño)

ACTIVIDADE 1
Título: "Avatares de mulleres científicas"

Grupo docente que realiza a actividade: 6º de educación primaria (2º ciclo)
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Contidos curriculares e competencias traballadas:
  1. Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo
  2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos, e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes, ....
  3. Utilizar os medios tecnolóxicos de modo habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionar información relevante en internet ou en outras fontes elaborando documentos propios, facendo exposicións
  4. Crea biografías de personaxes, traballando a expresión escrita e posteriormente a expresión oral así como a velocidade lectora
  5. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas)...
  6. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  7. Realizar un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre a área (empregando as TIC e outras fontes), a realización dun produto, a documentación do proceso (a través do uso do cartafol) e a comunicación do resultados, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto.
  8. Desenvolver actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio.
Comunicación en comunicación lingüística:
Expresión escrita e expresión oral
Competencia en ciencia e tecnoloxía:
Busca e selección de mulleres científicas e avances das mesmas. relacionado coa semana da ciencia e o importante papel da muller
Competencia dixital e tratamento da información:
Busca e selección de información e creación dun produto
Competencia de aprender a aprender:
Pensaar novos xeitos de crear produtos novo e solventar problemas que xorden no desenvolvemento da actividade
Competencia social e cívica:
Colaboración co compañeiros/as e axuda ante as dificultades.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Buscar novos xeitos de levar a cabo o traballo, de presentar as actividades...
Competencia en conciencia e expresión cultural:
Analizar a nosa cultura, valorar e descubrir personaxes de especial importancia preto de nós (no noso país neste caso)

Aplicación utlizada:
Nome: PhotoSpeak: 3D Talking Photo
Imaxe:

Proceso da actividade:
Aproveitando a semana da ciencia e que, no ámbito científico, os nenos/as coñecen moi poucos especialmente mulleres (só a Curie) decidiuse traballar a biografía de científicos, especialmente mulleres.
Primeira fase:
Busca de información de científicas importantes, centrándonos principalmente e España para que observen que non fai falla irse moi lonxe.
Segunda fase:
Selección e estruturación da información, así como un breve resumo da mesma.
Terceira fase:
Aprender o manexo de ferramentas web como OpenTrad para traducir ao galego a información creada.
Cuarta fase:
Revisión da tradución porque sempre comete bastantes erros.
Quinta fase:
Convertir dita información a biografía como se falase a personaxe e procurar que sexa dinámica e amena.
Sexta fase:
Seleccionar a imaxe da cara dunha persoa procurando que sexa de frente e elixindo aquela que poida ser utilizada (sen copyright) usando as ferramentas de Google.
Sétima fase:
Ensaiar o texto a falar léndoo varias veces practicando a lectura para que sexa máis crible que fala a propia personaxe a súa vida.
Oitava fase:
Traballar a motricidade para colocar as guías da boca e do ollos axustándoos a imaxe e grabando o texto.
Novena fase:
Grabar a biografía e gardar

Creación realizada:
Avatares de científicas españolas e científicos tamén que nos fan unha pequena reseña autobiográfica de sí mesmos, comentándonos os seus principais logros


ACTIVIDADE 2:
Título: "Mapas europeos que falan"

Grupo docente que realiza a actividade: 6º de educación primaria (2º ciclo)
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Contidos curriculares e competencias traballadas:
  1. Integración de coñecementos e de informacións procedentes de diferentes soportes para aprender, comparando, clasificando, identifi-cando e interpretando con especial atención aos datos que se transmi-ten mediante gráficos, esquemas e ilustracións
  2. Explica as características dos principais países de Europa valorando a súa diversidade
  3. Aproximación a algunhas características significativas dos países europeos a través dun proxecto cooperativo.
  4. Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo.
  5. Escribe, en diferentes soportes, textos propios do ámbito da vida cotiá, do ámbito escolar e social: diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, textos literarios, folletos informativos, e literarios, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, regulamentos, receitas, instrucións, normas, solicitudes, ....
  6. Utiliza os medios tecnolóxicos de modo habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionar información relevante en internet ou en outras fontes elaborando documentos propios, facendo exposicións.
  7. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas)...
  8. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  9. Realiza un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre a área (empregando as TIC e outras fontes), a realización dun produto, a documentación do proceso (a través do uso do cartafol) e a comunicación do resultados, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto.
  10. Desenvolve actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio.

Comunicación en comunicación lingüística:
Expresión escrita (lectura da información e ecritura na aplicación)
Competencia en ciencia e tecnoloxía:
Busca e selección de informacción dos diferentes países
Competencia dixital e tratamento da información:
Busca e selección de información e creación dun produto
Competencia de aprender a aprender:
Pensaar novos xeitos de crear produtos novo e solventar problemas que xorden no desenvolvemento da actividade
Competencia social e cívica:
Colaboración co compañeiros/as e axuda ante as dificultades.
Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Buscar novos xeitos de levar a cabo o traballo, de presentar as actividades...
Competencia en conciencia e expresión cultural:
Analizar a nosa cultura, valorar e descubrir personaxes de especial importancia preto de nós (no noso país neste caso)

Aplicación utlizada:
Nome: Thinglink
Imaxe:

Proceso da actividade:
Fase 1:
Reflexión mediante brainstorming e mapas conceptuais do que se pode saber dun país (Simple Minds):
Fase 2:
Busca e selección da información
Fase 3:
Resumo da información obtida
Fase 4:
Creación de Photospeak de 2 personaxes importantes de cada país.
Fase 5:
Selección de imaxes sen dereitos de autor empregando as ferramentas de google para insertar a información
Fase 6:
Crear a imaxe interactiva e cambiar as iconas procurando que teñan que ver coa información que amosan.
Fase 7:
Repasar a imaxe dinámica procurando que todo estea correcto e gardala

Creación realizada:
Mapas interactivos de Europa coa súa capital, extensión idioma, fronteiras, peronaxe importantes, monumentos, gastronomía...
Posterior subida ao blogue de aula

No hay comentarios:

Publicar un comentario