12 de mayo de 2019

Un concurso con Kahoot!

No CEIP Otero Pedrayo de Vigo estamos a tratar este ano o proxecto "Mulleres con pegada" por ese motive quixemos levar a cabo un concurso para todo o cole, dende infantil ata 6º de primaria sobre as cousiñas que imos descubrindo das mulleres traballadas no cole.
A actividade foi levada a cabo principalmente polo profesor de educación física e unha mestra de infantil, ainda que no momento de levalo a cabo na aula todos o docentes puxeron da súa parte.
Con esta actividade traballamos diversos contidos, especialmente aqueles relacionados coa profundización no coñecemento da labor de diversas mulleres que participaron nalgún hito, cambio ou descubrimento na historia. E por outro lado traballamos o traballo cooperativo (pois as respostan debían debatidas e un representante pulsaba na correcta).
A aplicación que empregamos chámara "Kahoot!" e vale tanto para iOS como para Android, o que pensamos que é unha vantaxe importante.
O proceso de creación da actividade consistiu en pedirlle ao alumnado que nos plantexara diversas preguntas sobre as mulleres que traballamos para incluir no xogo. Así deste xeito asegurámonos de que as preguntas foran significativas para eles, todos os que quixeron se puideron sentir protagonistas e puidemos adaptar o nivel de preguntas para todo os nives do centro. Despois entre dous profes seleccionáronse as preguntas que se ían a reflectir no xogo e se prepararon para xogar.
Durante o xogo o alumnado organizaouse en grupos e foron competindo entre eles. No caso do alumnado de infantil, dado que non sabe ler, contaron coa axuda do alumnado de 6º que lles ía lendo as preguntas e posibles respostas para que eles puideran premer na resposta que consideraban correcta.
A actividade debemos dicir que foi todo un éxito e case todos preguntaban cando podían facer outro xogo igual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario