12 de mayo de 2019

IPads no CEIP Otero Pedrayo





No CEIP Otero Pedrayo decidimos pedir unha maleta de iPads ao CFR para poder traballar co alumnado as competencias dixitais aproveitando un momento no que no centro quedamos sen a aula de informática por unha avaría técnica.
Por unha parte pretendíamos manter o funcionamento das clases de robótica ainda que non tiveramos os ordenadores e por outra banda xurdiron outras dous actividades nas que participou todo o centro: a realización dun xogo empregando un Kahoot! E outro xogo empregando códigos QR que se desenvolveu dende o departamento de Educación Física involucrando a todo o alumnado de primaria.
Para as dúas actividades partimos da base do proxecto de centro (mulleres con pegada) Do seguinte xeito:
  • No caso do Kahoot! O alumnado elaborou unha serie de preguntas coas súa correspondente respostar que os profes rexistraron na App Kahoot! para despois entre todos xogar coas preguntas e ver canto sabía cada grupo sobre as mulleres que estamos a traballar no cole.
  • No caso da gymkana cos código QR o peso recaeu sobre o profesor de educación física que preparou un xogo de orientación no que tiñan que percorrer o centro  por equipos (cada un con un iPad) buscando as pistas  había en diversos carteis repartidos polo centro, unha vez atopada a pista co código QR tiñan que abrir unha páxina de internet na podían atopar a información necesaria sobre a pregunta que se lles plantexaba en cada estación para continuar ou para realizar o reto que se lles pedía (imitar o triple salto de Ana Peleteiro, realizar unha montaxe en Chroma ascendendo o Everest como Edurne Pasaban…)
Debemos dicir que o alumnado quedou encantado coas actividades, e que doutro xeito non poderíamos ter feito. Poderíamos facer un concurso de preguntas tipo "Saber e Gañar"  pero non tería a grandísima acollida que tivo o Kahoot! polo mero feito de facelo cos iPads.
Por outro lado, no caso da Gymkana, de non ter os iPads non poderíamos empregar os códigos QR nin a busca de información podería ser tan rápida polos corredores adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario