9 de enero de 2019

iPads e Escornabot no cole de Guillarei!


Durante 2 meses desfrutamos dun lote de iPads así coma un Escornabot.

Os iPads viñéronnos xenial para as actividades de Samaín/Halloween. As aplicacións que máis empregamos para traballar os contidos relacionados co Samaín/Halloween foron “LAYAR” e “CREATALES”.
LAYAR, aplicación de realidade virtual que da “vida” as creacións dos nenos.


CREATALES, para que o alumnado poida crear as súas propias historias gravando audio e todo.

En 1º de Ed. Primaria aproveitamos aos nosos iPads para repasar sumas e restas, mellorar a atención con xogos de memoria e música... pasámolo moi ben!!

                 

Escornabot

Empregámolo exclusivamente na aula de 4º de Primaria. O primeiro que elaboramos foi a plantilla sobre a cal se movería o noso amigo “Escorni”, nome que lle puxeros @s alumn@s.

Logo dunha sesión de iniciación para coñecer o seu funcionamento, comezamos a elaborar “fichas de xogo” para o noso taboleiro. O tema a tratar era a función de relación e os sentidos.

Na tarefa final Escorni facía de sistema nervioso dende que recibía o estímulo do exterior, pasaba polo cerebro, para así finalmente activar o aparello locomotor.

                                                 

 Reflexión sobre o uso dos dispositivos.

iPads

Ao noso parecer unha única maleta con iPads (7 dispositivos) non é suficiente para todo o colexio. O alumnado desfrutou un montón das aplicacións que traen cargados os iPads, pero chegaron á conclusión de que moitas aplicacións realizan as mesmas accións; había moitas aplicacións de música similares entre eles. Outras precisaban de rexistro por parte do usuario o que non consideramos oportuno ao tratarse de material propiedade do CFR.

Polo tanto foron contadas as aplicacións que puidemos desfrutar ao 100%. De todas formas no noso colexio foi todo un éxito o implemento dos iPads xa que supón unha forma diferente de aprender e traballar en clase, aínda que só puidésemos contar cos dispositivos durante un mes, algo escaso.


Escornabot

Só se empregou na aula de 4º de Ed.Primaria. O alumnado, descoñecedor do mundo da robótica, estivo moi implicado durante este mes co seu escornabot. As primeiras sesións de coñecemento do robot pasaron voando. Moi motivados propuxeron varias actividades a realizar con el ata decantarnos por realizar un taboleiro de xogo relacionado co tema de Naturais que estábamos a traballar.
Resultou moi estimulante e resultou de gran axuda para “visualizar” os novos conceptos adquiridos. De feito, a clase visto o éxito, pediu a Papá Noel un escornabot en propiedade.

Pensamos que para unha iniciación á robótica trátase dun robot axeitado grazas a facilidade de uso. No noso caso empregámolo en 4º de Primaria, pero cremos que xa dende infantil podemos dar uso ao Escornabot.

Agradecer ao CFR o material emprestado e o fácil que resulta realizar os trámites de petición. Moi ben todo, mil grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario