9 de enero de 2019

TABLETS NO CELSO EMILIO



1. Artigo onde explique as actividades realizadas na aula

Neste ano tivemos oportunidade de empregar as tablets novamente e continuei traballando técnicas cooperativas co alumnado de 6º. Neste senso, foron encargados de realizar a súa propia narración, pero con un condicionante, que era que tiña que rimar, de forma que traballaban diferentes tipos de texto, o verso... A verdade é que as producións foron bastante traballadas e empregaron nesta parte as tablets para buscar palabras, o significado... A segunda parte foi adaptar esas creacións á APP TOONTASTIC, xa que ao ter diferentes niveis, permitía facer historias moi creativas. Algún grupo incluso adaptou o avatar que considerou oportuno, seguindo o fío da súa historia – como a princesa Fresa-.

Ademais tamén empregamos as tablets, dende o departamento de orientación, para poder desenvolver e ampliar vocabulario, co alumnado con NEAE, en pequeno grupo e mellorar a atención. Hai gran cantidade de recursos para estes fins, que, ben dirixidos e baixo supervisión, son moi útiles e motivadores. Tamén empregamos as tablets para o alumnado que amosa algunha dificultade respecto da lateralidade. Algunhas das APPs empregadas foron: Pequetic, Dytective, Dysexia, Cryptex, Simetría, Alfabeto, Puzzlerama, Xogos de “Simón di”, Coloring and Learn.



2. Artigo de reflexión sobre o emprego dos dispositivos:

Na actualidade é inevitable e sería un grande erro, non introducir as novas tecnoloxías nas aulas. Ademais de ser unha grande fonte de recursos, contan cun gran punto favorable, que é que son motivadoras en si mesmas, e ademais, para os nenos e nenas, son moi intuitivas no caso das APPs, e xeran unhas estratexias, que ben dirixidas, poden ser moi beneficiosas e aplicables á resolución de problemas do día a día. É imprescindible que o traballo que realizan o noso alumnado estea dirixido, ben estruturado e cun propósito último, o que supón que hai que realizar un traballo previo de planificación, investigación e en moitos casos, permisividade e adaptación, xa que no momento de facer determinadas actividades, xorden ideas que se poden incluír, ás que non se debe negar a oportunidade, senón valorar rapidamente se poden ser incluídas ou non, ou máis adiante...

Obviamente, dende a miña opinión, animaría a que todos os mestres e mestras empregaran de cando en vez estes dispositivos, para motivar ao alumnado, para refrescar certas ideas, para incluír elementos innovadores, pese a que supoña un esforzo a maiores, ademais das facilidades que aporta o CEFORE para recollelas e que nalgúns casos xa inclúen APPs que se poden adaptar ás nosas necesidades.

Continuaremos co traballo comezado, e procuraremos facelo extensible a outros niveis, xa que o traballo cooperativo é unha materia pendente para a maioría dos nosos alumnos e alumnas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario