26 de junio de 2018

TALLER DE CREACIÓN MUSICAL CON APPS


ARTIGO 1. CREACIÓN DE AULA
·         Título: Taller de creación musical con APPS
·         Alumnado e centro educativo: O alumnado que participou neste proxecto foi todo o centro incluído ed. Infantil excepto algunha clase como quinto A ou primeiro A que non puideron realizar o taller debido a outras actividades extraescolares.
·         Contido curricular ou competencia clave destacada traballada coa actividade: No que se refire ao contido curricular, esta actividade enmárcase dentro da competencia dixital que rixe a LOMCE. Concretamente, o obxetivo fundamental desta actividade é fomentar o desenvolvemento da creatividade do alumnado a través de aplicacións en dispositivos móbiles (IPADS) fomentando situacións de uso responsable e traballando a motivación constante mediante un importante centro de interese do alumnado.
·         Proceso da actividade: O proceso en tódolos casos foi moi semellante: Utilicei un adaptador VGA para IPAD para que conectase coa miña PDI e posteriormente explicaba o funcionamento básico da aplicación na pizarra dixital e algunhas das súas utilidades máis destacadas e a continuación comezaba o proceso de creación basado na experimentación de forma práctica (normalmente 1 IPAD por parella).
·         Creación realizada, é dicir, el obxeto final, o producto realizado: pódese ver nos vídeos e presentacións que se amosan a continuación no artigo do blogue de música do centro nos seguintes enlaces.
ARTIGO 2. REFLEXIÓN

Título: Aprendixaxe práctica.
As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes nas nosas vidas e sobre todo nas vidas do noso alumnado. De aquí xurde a idea de utilizar as tablets na aula para traballar determinados aspectos musicais dunha forma nova, distinta e ao mesmo tempo motivadora para o alumnado. Non é habitual traballar con tablets na aula no noso centro e esta foi a terceira vez que realizamos esta experiencia e de seguro que repetiremos xa que resultou moi positiva, innovadora e motivadora para o alumnado que participou nesta actividade. Desta maneira, alumnos que normalmente se amosan pouco motivados e participativos nalgunhas clases, sentíronse enganchados dende o primeiro momento e o resultado final que acadaron na súa actividade foi máis satisfactoria do que nun principio se agardaba.
Esta tamén foi unha moi boa ocasión para ofrecerlles un enfoque distinto das tablets, xa que utilizamos esta actividade para traballar o uso responsable dos dispositivos móbiles e o reflexionar sobre o consumo que fan deste tipo de dispositivos.
A posta en práctica foi moi boa xa que non houbo ningún tipo de problema técnico de conexión, fallos nas aplicacións polo que o seu traballo dentro da aplicación foi intenso logo da breve explicación do funcionamento básico.
Este ano experimentaron con apps novas polo que a diferenza do ano pasado resultou moito máis motivador e positivo nos resultados. Por outro lado, este ano o taller fíxose extensivo a infantil, polo que o alumnado de 3, 4 e 5 anos tamén utilizou as tablets como ferramenta de creación musical.
En liñas xerais, en resumo, foi unha actividade moi positiva, motivadora e innovadora para o alumnado xa que desenvolveron a súa creatividade musical a través de aplicacións en dispositivos móbiles desenvolvendo estratexias colaborativas e traballando outras competencias menos utilizadas dunha forma práctica e divertida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario