27 de junio de 2018

TRABALLANDO COS IPADS NO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

TRABALLANDO COS IPADS NO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

O traballo desenvolto cos ipads levouse a cabo nos cursos de 4º e 6º de primaria, no obradoiro de expresión escrita en ditas titorías.

O noso proposta leva o título "Revolucionando a creación de historias", co gaio da PDI do centro "Revolucións e cambios". Quixemos que as nenas e nenos tiveran unha visión máis lúdica e creativa do proceso e elaboración dos contos.

Baseamos a nosa metodoloxía de traballo nas aportacións de Susana Lamela ,"escritura creativa" onde aunamos metodoloxía cooperativa e activa dun xeito inclusivo co proceso creativo da escrita.

A nosa pretensión foi contribuir o desenvolvemento competencial non so lingüístico e dixital, se non tamén o relacionado coa competencia Aprender a Aprender e a competencia de Conciencia e Expresión cultural das rapazas e rapaces.

A actividade desenvolveuse do seguinte xeito:

1º- Aproveitamos a xa formación dos equipos cooperativos.

2º- Creamos o personaxe protagonista: A chegada do concerto no fin de curso de Susa Herrera "Cantos animais" fixo que traballaramos dun xeito interdisciplinar e mentres que a música corría a cargo da especialista , nós utilizamos os animais do conto para realizar as tarxetas cos animais.

Cada equipo, coa estructura cooperativa 1-2-4, crearon tanto o nome como o debuxo do personaxe elexindo dúas tarxetas ao chou que unirían, para crear o novo nome e a apariencia do novo animal.

3º- Creación do carácter do personaxe cunha nube de palabras coa app imagen-chef.

4º- O debuxo coa estructura 1-2-4.

5º -Creamos o contexto: realizando un mapa conceptual con folio xiratorio coa app popplet.

6º- Ambientamos a historia con folio xiratorio e o resto das ilustracións da nosa historia.

7º- Finalmente introducimos os productos finais na app e-movie e en voz en off dos nenos e nenas relatando a historia.


O POR QUE DO USO DAS TABLETS NA AULA

Xa no día a día na maioría das nosas casas dispoñemos de ferramentas tecnolóxicas como ipads, tablets, ordenadores, smartfone…

Pero cando as rapazas e rapaces lles preguntas: quen te ensinuo a nadar? ou quen te ensinou a xogar ao futbol ou a camiñar?, elas e eles sempre atopan unha resposta: o meu pai, a miña nai ou o meu avó… e ante a pregunta de quen che ensinou a xogar na tablet ou na videoconsola non saben responder ou aprenderon sos.

En efecto, son ferramentas verdadeiramente intuitivas pero que deixando sos as nenas e nenos podemos caer nun mal uso destas novas tecnoloxías.

Este é o principal motivo polo que consideramos que a escola é o medio onde tamén cabe ensinar un bo e saudable uso das novas tecnoloxías. Por que non utilizalas tamén para aprender?

Na aula non debemos caer no erro de utilizar esta ferramenta a toda costa e de calquera xeito. Debemos marcar uns obxectivos e sistematizar o traballo, é dicir, desenvolveremos unha estratexia intelixente e global para utilizar as tablets como ferramenta tecnolóxica de xeito adecuado.

As tablets son:

- Intuitivas e interactivas, farán que a aprendizaxe sexa máis rápida e amena.

- Son medianamente asequibles. Aínda que poden ter un precio considerable resulta máis económico que un ordenador portátil para a aula.

Poden servir para :

-recollida de datos e información para traballos.

- pescudas

- práctica de exercicios

- ser combinable cos recursos tradicionais.

- actividades de reforzo ou ampliación

- recollida e rexistro de avaliación.

- permite o traballo cooperativo.

- ata chegar a gamificación como motivación.

Finalmente consideramos que o uso da tablet na aula propicia o aprendizaxe significativo que debe ser a nosa meta como docentes.


          


          

No hay comentarios:

Publicar un comentario