21 de junio de 2018

PRODUCIÓN DUNHA CURTAMETRAXE

PRODUCIÓN DUNHA CURTAMETRAXE

DESCRICIÓN DA TAREFA:

A clase de 6º de primaria do C.P.I. “ Curros Enríquez” (Pazos de Borbén), logo de realizar unha visita ao museo de Pontevedra, decide participar no concurso audiovisual promovido por dito museo, “O Museo de Pontevedra en curtametraxes”.

Para a elaboración de dita curtametraxe, o alumnado de 6º tivo que levar a cabo distintas actividades:
  • Cumprimentación de KPSI sobre curtametraxes: definición, partes, temporalización...

  • Toma de decisións, en grupo cooperativo (Folio Xiratorio, Grupo Nominal), sobre o argumento da súa produción audiovisual e do dispositivo móbil empregado.

  • Distribución da tarefa entre cada un dos cinco equipos de que se compón a clase. Salientar...quórum en tempo récord!

  • Elección, por parte de cada grupo cooperativo, das apps coas que ía traballar. Formación no manexo das mesmas (titoriais).

  • Investigación sobre museos (utilidade, tipoloxía, funcións, etc).

  • Gravación de cada equipo, tendo en conta todo o anteriormente investigado e/ou traballado como: enfoque, iluminación, decorado, interpretación, dobraxe… Cabe destacar a titorización entre iguais, totalmente expontánea, á hora de gravar. O máis divertido foron as tomas falsas.

  • Composición final da curtametraxe. Revisión en gran grupo.

REFLEXIÓNS:

En xeral, a realización desta tarefa resultou moi satisfactoria tanto dende o punto de vista do profesorado ( traballo cooperativo, competencias clave desenvolvidas, alto grao de motivación do alumnado por sacar adiante un produto, reforzo da cohesión entre os distintos equipos de traballo…) como do alumnado, quen manifestou ter aprendido dun xeito moi entretido e novidoso, pois era a primeira vez que producían unha curtametraxe.

Certo é que unha imaxe vale máis que mil palabras, pero as sinceiras palabras dun neno tamén valen moito…

“ Eu quédome con todas as risas que pasamos, os momentos divertidos, as tomas falsas, a colaboración cos/cas compañeiros/as, descubrir novas apps, e, sobre todo, colaborar coa miña clase”.

“ A miña experiencia coa curtametraxe foi moi boa porque a manexarnos coas apps, ademais das risas que botamos. Gustoume aprender cousas novas e, gustaríame poder facer outra. Creo que imos para cineastas!!!”

Velaquí unha pequena parte da nosa tarefa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario