1 de diciembre de 2016

Historias Colaborativas

CREACIÓN DE AULA
"Historias Colaborativas"
Como fomentar o traballo colaborativo nas nosas aulas é unha cuestión que preocupa aos mestres e é unha difícil tarefa. As vantaxes do traballo colaborativo son múltiples:
-          Os alumnos son responsables do tempo e de organizarse eles mesmos.
-          Fomenta a creatividade e a resolución de conflitos.
-          Interiorización de normas como: respecto pola opinión dos demais, escoita activa, tanto das explicacións coma das propostas dos compañeiros.
-          Gozan e aprenden ao mesmo tempo con propostas e actividades dinámicas.

Normalmente son a falta de tempo e o caos que se produce ocasionalmente o que frea este tipo de iniciativas, así como falta de medios. Neste senso xogan un importante papel as novas tecnoloxías. Desta maneira formulouse unha actividade que combinaba diferentes aspectos da área de lingua e plástica, para abordar tamén as seguintes competencias e traballalas de maneira global: a competencia lingüística e dixital eminentemente, así coma a social e cívica (respecto polos compañeiros, traballo en grupo) e a de iniciativa e emprendemento (para elaborar eles mesmos as súas propias produción e historias).
O grupo no que puiden levar a cabo a actividade foi o grupo de 5º de primaria, un grupo de uns 20 alumnos que dividín en grupos de 4, do CEIP Otero Pedrayo.
Son moitas as app que podemos empregar con fins educativos, pero nesta actividade escollín dúas en concreto: Bamboo Paper e Puppet Pals HD 


 




Nesta actividade que lles propuxen tiñan que escribir unha historia e tiñan que plasmar o resumo escrito na app de Bamboo e logo grabar a historia con diferentes personaxes con Puppet Pals.
O primeiro que fixen foi ensiñarlles cómo funcionaban as dúas, con que personaxes contaban en Puppet Pals e como funcionaba (pasar polos diferentes escenarios, mover aos personaxes...). Bamboo era moito máis sinxela, pero custoulles máis do esperado escribir na tablet directamente, e non se animaron a facer unha imaxe que representara a súa "obra" xa que esa era outra parte da actividade.
Achego os exemplos que foron elaborados completamente, xa que nalgúns casos non grabaron a actividade final correctamente, e noutros a historia está pouco traballada.
O tempo é un factor esencial e non dispoñiamos de moito, polo que os traballos pode dicirse que están nunha fase inicial. Con máis tempo ou máis práctica estou segura que estarían máis organizados, pero estou moi satisfeita do traballo realizado, xa que o fin era que colaboraran todos e produciran todos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario