1 de diciembre de 2016

Reflexión de Helen

As utilidades das tablets son moitas, ninguén o dubida. Precisamos de maior traballo con elas na aula, para que non sexan só un instrumento de distracción, e poder aproveitar todo o seu potencial. Gran parte do problema é que os nenos non son quen de organizarse, revisar o traballo feito, cooperar en grupo... Pero a única maneira de conseguir isto é facéndoo e que mellor maneira que empregando algo tan atractivo e intuitivo como son as tables.
Deseñar a actividade foi fácil, unha vez que seleccionei as apps. Poderían levarse a cabo un sinfín de actividades moi atractivas, coas que os alumnos desenvolveran moitas das súas habilidades e capacidades e aprenderan de maneira divertida e máis participativa e individual.
Ao non estar acostumados a empregar este tipo de dispositivos para o fin que lles propuxen (elaborar unha historia, escribir e creala) foi difícil acadar un grao de "perfección" axeitado, xa que ven a tablet coma un xoguete case exclusivamente. Estou convencida que se fose algo máis habitual os resultados serían formidables, tanto do que fan, coma do nivel de aprendizaxe que poden acadar co uso desta tecnoloxía. Sen dispositivos os alumnos dificilmente poderían haber visto o resultado do seu traballo (a non ser que houbera gravado a representación do que fixeron, se lles pedira que representaran a historia, malia que desa forma tamén precisaría o uso das tecnoloxías). Revisar o traballo é esencial para poder realizar cambios, mellorar e aprender.
Sen dúbida a experiencia foi moi frutífera e divertida, os nenos gozaron e aprenderon contidos da aula e desplegaron as súas habilidades artísticas. Colaboraron todos e cada un deles, en pequeno grupo, animándose uns aos outros e aportando todos as súas opinións. Xurdiron pequenos conflitos que tiveron que resolver eles mesmos, pero claramente iso era outra parte da finalidade da actividade.

Helen García
CEIP Otero Pedrayo
Vigo 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario