1 de febrero de 2020

Artigo reflexión. Photospeak e Thinglink no CEIP Infante Felipe de Borbón (salvaterra de Miño)

Motivos polos que se decidiu solicitar os iPads:
  1. MOBILIDADE E PORTABILIDADE: Máis lixeiro que a maioría de Portátiles ou outros dispositivos e que varios libros.
  2. BATERÍA DE ALTA DURACIÓN: Pode terse o dispositivo aberto durante moitas horas e sen contar cun lugar próximo para cargar a máquina cando esta vaia diminuíndo a carga.
  3. PERMITE TRABALLAR A ESCRITURA: Pode traballarse a motricidade fina con mapas conceptuais ou colocando os beizos e ollos das imaxes
  4. CURVA DE APRENDIZAXE MOI RÁPIDA: Moi intuitiva
  5. MOTIVACIÓN: Captan a atención do alumnado, favorecemos a motivación na comprensión dos temas e melloramos a memoria visual.
  6. SINXELEZA: Ao permitir ser utilizadas mediante  as mans, isto sen dúbida axuda a ter maior fluidez en comparación co uso do rato. Ademais as APPs son moito máis sinxelas e intuitivas que programas de ordenador.
  7. GAMIFICACIÓN: Introducen a gamificación na contorna escolar, permitindo un modelo de ensino máis lúdico e entretido.
  8. FLEXIBILIDADE:  Facilitan unha maior flexibilidade na aula, favorecendo unha aprendizaxe máis personalizada ás necesidades de cada alumno/a, mesmo nenos/as con ANEAE's
  9. INFORMACIÓN: Melloran as competencias referidas á procura de información ou o manexo do TIC. dos estudantes e permiten o acceso a fontes infinitas
  10. Ofrecen posibilidades moi interesantes para o alumnado con necesidades especiais para os cales se poden programar contidos totalmente personalizados nos formatos que necesiten.

ACTIVIDADE 1: "Avatares de mulleres científicas" (PhotoSpeak: 3D Talking Photo)
Proceso de realización da actividade:
  1. Busca de información de científicas importantes, centrándonos principalmente e España para que observen que non fai falla irse moi lonxe.
  2. Selección e estruturación da información, así como un breve resumo da mesma.
  3. Aprender o manexo de ferramentas web como OpenTrad para traducir ao galego a información creada.
  4. Revisión da tradución porque sempre comete bastantes erros.
  5. Convertir dita información a biografía como se falase a personaxe e procurar que sexa dinámica e amena.
  6. Seleccionar a imaxe da cara dunha persoa procurando que sexa de frente e elixindo aquela que poida ser utilizada (sen copyright) usando as ferramentas de Google.
  7. Ensaiar o texto a falar léndoo varias veces practicando a lectura para que sexa máis crible que fala a propia personaxe a súa vida.
  8. Traballar a motricidade para colocar as guías da boca e do ollos axustándoos a imaxe e grabando o texto.Grabar a biografía e gardar
Posta en práctica e impresións sobre todo o proceso estacando aquilo que sexa salientable e diferenciable de ter feito a actividade sen os dispositvos:
Unha actividade moito máis dinámica e motivadora que permite empregar as TIC's, a busca e selección de información en diferentes medios e aprender a ser conscientes de que certas web ou imaxes posúen copyright

ACTIVIDADE 2:
"Mapas europeos que falan" (Thinglink)
Proceso de realización da actividade:
  1. Reflexión mediante brainstorming e mapas conceptuais do que se pode saber dun país (Simple Minds):
  2. https://apps.apple.com/us/app/simplemind-mind-mapping/id305727658
  3. Busca e selección da información
  4. Resumo da información obtida
  5. Creación de Photospeak de 2 personaxes importantes de cada país.
  6. Selección de imaxes sen dereitos de autor empregando as ferramentas de google para insertar a información
  7. Crear a imaxe interactiva e cambiar as iconas procurando que teñan que ver coa información que amosan.
  8. Repasar a imaxe dinámica procurando que todo estea correcto e gardala
Posta en práctica e impresións sobre todo o proceso estacando aquilo que sexa salientable e diferenciable de ter feito a actividade sen os dispositvos:
Ser unha actividade moito máis dinámica e visual. A información está presentada dun xeito máis resumido e atractivo para o alumnado e mesmo conta con links para seren ampliada nas webs que eles/as mesmos/as seleccionaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario