25 de junio de 2019

Mini Ipad no CEIP Petelos

Durante este curso tiven un dos IPADs de maneira permanente na miña aula de 1º de primaria. Ao principio de curso empregouse principalmente como "falso ordenador" conectado a un proxector (tamén emprestado polo CFR). Usámolo sobre todo para realizar rutinas ao longo da mañá:
  • Onde estamos? Coa aplicación genial.ly usando mapas interactivos aprenderon a situar o seu municipio na súa comunidade, país, continente...
  • Que tempo fai? Para o rexistro meteorolóxico empregamos o calendario da aplicación Prográmame así como a web de Meteogalicia. Tódolos revisábamos o tempo que iba a facer, as temperaturas, calidade do aire, probabilidade de choiva... O apuntábamos tanto en liña como no tablón do tempo da clase e ao final de mes cubrían individualmente o seu rexistro.
  • Que día é hoxe? Usando tamén o calendario da aplicación Prográmame.
  • ClassDojo: Usando certas ferramentas como son o temporizador, a música de ambiente, a visualización de preguntas para facer choivas de ideas...
  • Ollo co gatiño!! Cando era necesario controlar o volume de silencio, empregábamos a app "Too Loud". Un éxito total conseguir todo cariñas verdes e que o gatiño non se puxera triste.

A tablet tamén se usou para grabar vídeos co alumnado. No primeiro trimestre elaboramos unha "Practicopedia" co gallo do Día dos Dereitos Humanos. Primeiro vimos uns vídeos para saber que era esa palabrexa tan rara. A partir do texto de Gloria Fuertes, "os Dereitos da Infancia", repartimos unha frase por neno e nena e cada un tivo que ilustrala e aprendela. A continuación, fixemos as sesións de grabación, no que o alumnado dirixía a orde de entrada dos debuxos, o lugar e outro facía de cámara. O vídeo montado o podedes ver na web do noso cole picando aquí.

Da mesma forma fixemos un vídeo para o Día de Rosalía de Castro pero desta vez empregando sóamente a gravadora do Ipad.

A experiencia foi moi positiva e, o meu alumnado, estas sesións as tomaba como un xogo o cal facía que estivese moito máis motivado e as esperase con ilusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario