13 de marzo de 2019

O UNIVERSO NAS APPS

No inicio do segundo trimestre tivemos a oportunidade de empregar as tablets cos cursos inferiores, dentro do tema do Universo e o espazo. Ademais das explicacións e as actividades da aula, puidemos empregar diferentes Apps para investigar sobre o espazo e como funciona o sistema solar. O mini proxecto que se formulou para os nenos e nenas tiña como obxectivo fundamental acercar o Universo aos máis pequenos, de forma que, gracias a materiais reciclables coas que se construíron naves espaciais, platillos personalizados... coa novas tecnoloxías puidemos botar un ollo a diferentes aspectos do Universo, como as constelacións, os planetas, o Sol e a posición que tiña (podíase localizar incluso con nubes ou de noite onde lle correspondía estar no outro lado do mundo...) e tamén a Lúa. Empregamos aplicacións coma Star Walk Kids, Solar Walk Free... Ademais, nesas apps, atopabámos outros xogos de unir puntiños e aparecían as constelacións. Algunhas tiñan o contido en inglés, pero aproveitábase para contarllo en español nalgúns casos. Outras apps eran de realidade aumentada e 3D que permitían unha visualización máis real e motivadora para os nenos e nenas.





 Nesta ocasión ao dispoñer de seis tablets para as aulas, dividimos aos nenos e nenas en pequenos grupiños e eles tiñan que xestionar o tempo do que dispuñan para investigar ou xogar coas diferentes apps e xogos que contiñan. Gracias a o emprego dos dispositivos, algo que queda tan lonxe como é o Universo, que queda tanto por explorar e coñecer, queda ao alcance da man e os pequenos poden investigar e facerse unha idea do que nos arrodea. Ademais cos sistemas de localización do Sol e da Lúa, permítelle facerse unha idea da permanencia das cousas no espazo e de establecer asociacións básicas para formular novas aprendizaxes. Sempre podemos aproveitar a vertente colaborativa que ofrece o emprego en conxunto dunha tablet, a administración dos tempos que conleva, o respecto polos compañeiros e compañeiras... Ademais contribúe a que todos poidan expresar as súas opinións e apreciacións sobre o que len e observan, dado que son elementos moi motivadores e atractivos para eles. Cómpre facer previamente unha análise das apps que se van traballar e ver como funcionan, para acadar uns resultados axeitados, ademais do necesario control e supervisión/guía dos momentos, por parte dos mestres.


No hay comentarios:

Publicar un comentario