6 de junio de 2018

EXPERIMENTANDO CON ROBOTS NO CEIP LAREDO


EXPERIMENTANDO CON ROBOTS

            As distintas actividades realizadas cos robots foron levadas a cabo no CEIP de LAREDO no ciclo de Infantil, nas aulas de 3, 4 e 5 anos.

OBXECTIVOS CURRICULARES:
- Achegarse, na medida das súas posibilidades, ao uso da tecnoloxías da información e da comunicación.
- Expresarse e cominicarse utilizando a linguaxe da programación.
- Achegarse ao coñecemento da aplicación a través do móbil para programar os robots.

CONTIDOS CURRICULARES:
identificación da utilidade dos robots como ferramenta de comunicación, exploración e investigación.
Coñecemento, coidado e uso das múltiples posibilidades das ferramentas teconoñoxicas (robot e app).
Achegamento ao uso do móbil para a elaboración de producións a través da app para programar os robots.

COMPETENCIAS CLAVES:
- Competencia dixital.
- Competencia aprender para aprender.
- Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor.


MATERIAL EMPREGADO
            Robots (Zowi, Ozobot), móbil e material funxible (papel, rotuladores...).


PROCESO DA ACTIVIDADE
            Os robots estiveron nas tres aulas de Infantil (3, 4 e 5 anos). En cada clase se fixeron diferentes actividades adaptadas ao nivel e integradas nas rutinas da aula e nos contidos que se estaban a traballar nese momento.


CREACIÓN REALIZADA

           
Zowi:

Actividades propostas:

Comezamos presentando ao Zowi xa que é o robot máis coñecido polos nenos/as xa qoe o coñecían por saír nunha canle de programación infantil.Partimos da manipulación directa cos botóns que presenta este dispositivo  como son a de baile na que imitaron os movementos ; a de movementos de obstáculos creando obstáculos con seu corpo ou elementos da clase ;  e de sensor de sons  diciendo os nomes dos nenos/a da clase.

  


Nas seguintes sesións utilizamos a aplicación na que adiviñamos os movementos, puxemos diferentes caras e fixemos circuitos.

   

"Xogamos aos bolos": cada bolo ten un número, tiramos o dado e debemos guiar a zowi ata tirar o bolo correspondente.

   

Fixeron camiños con distintos materias de construcción da clase e o dirixiron esquivando obstáculos.

SEGUELIÑAS:

Tiñamos ganas de poder probar un robot segueliñas do tamaño que presenta Ozobot , xa que nos permite traballar en papel tamaño A4 e A3 moi cómodo para traballar por equipos de 4 nenas/os.
Actividades propostas:
Primeiro experimentamos co ozobot e puxémolo a funcionar no circuíto que traía.

                        

Crear pequenos circuitos creados polos nenos/as.

                          

Traballamos o trazo da minúscula. 1º as trazamos en grande en papel continuo e despois o puxemos a andar, encamiñándoo cando ía polo camiño equivocado.

 Co gallo das letras galegas, fixemos prescorridos en laberintos relacionados coa vida da autora homenaxeada. 

   

Fixemos laberintos que no levaban a descubrir as letras que formaban o nome da homenaxeada.








No hay comentarios:

Publicar un comentario