18 de junio de 2018

EMPREGO DE IPADS NA ATENCIÓN DOMICILIARIA

ARTIGO CREACIÓN DE AULA.

Título: Os alimentos e as formas.

Unha das actividades para as que utilicei o ipad foi para traballar a competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía cos nenos de 4º de educación infantil. Concretamente desexaba conseguir dous obxectivos xerais deste curso:

- Progresar na adquisición de hábitos e actitudes de autonomía relacionadas coa hixiene, a alimentación, a saúde e o vestido.

- Iniciarse nas habilidades matemáticas, establecendo relación de agrupamentos, clasificación, orde e cuantificación.

O nome da aplicación é : Learning Games 4 Kids Toddlers on the App Store.

A imaxe para identificala é:

                                            

E o enlace de descarga: https://itunes.apple.com/us/app/learning-games-4-kids-toddlers/id100456204

O proceso de actividade consistía en utilizar esta aplicación para traballar:

Ordenación: Faciamos clasificacións e repasabamos os nomes de distintos alimentos.

Siluetas: Consiste en lavar os alimentos e despois clasificalos.

Formas: Tiñamos que estirar co rolo un cacho de masa e facer galletas de distintas formas. Logo clasificar estas formas.

Ovos divertidos: Consiste na clasificación de ovos con decoracións distintas en tres cestas. Foinos moi útil para traballar a atención.

Tarta para mami: Consiste na decoración dunha tarta con diversos elementos. Utilizámola para ir contando mentres colocabamos os distintos elementos.

Nesta actividade non buscaba chegar a unha creación final, senón utilizar os coñecementos e actitudes traballados para reforzar as actividades de clase dun xeito máis motivador.

ARTIGO REFLEXIÓN.

Título: O IPAD como elemento motivador.

A principios do mes de abril deste ano comezo como mestra de atención domiciliaria na zona de Vigo. Cando chego ós domicilios atópome con nen@s enferm@s que fundamentalmente necesitan motivación para traballar e un nexo co mundo exterior, ao que non poden acceder habitualmente. Traballar en formato papel resultaba aburrido e en moitos casos custoso polas súas condicións físicas.

Pedín un dispositivo móbil no meu centro de referencia pero non dispoñían de ningún e aconselláronme ir o CFR.

Unha vez tiña o dispositivo comecei a buscar material e analicei o que realmente necesitaba. O que era imprescindible era conseguir que os nenos pensaran que estaban xogando mentres aprendían. Despois podían aplicar estes coñecementos que xa tiñan adquiridos, o que facía que se sentisen ben consigo mesmos ó saber facer as cousas. Non me propuxen crear algo concreto, porque os nen@s cos que traballo están enfermos e moitas veces teñen que ingresar no hospital, e outras están moi débiles fisicamente, polo que hai que ir adaptando as actividades segundo o día. Aínda así, si que traballamos a creatividade:






Cando cheguei co Ipad @s nen@s alegráronse moito, e usar o dispositivo foi un motivo para facer outras actividades necesarias( como traballar a motricidade fina) pero non moi atractivas. Así que, por unha parte, o Ipad era como un premio.

Cando empezamos a usar as aplicacións vin como adquirían facilmente coñecementos que nos estaba costando moito conseguir da maneira “tradicional” (con fichas). Rapidamente aprenderon as grafías dos números co xogo dos coches, os nomes de instrumentos musicais, as formas xeométricas, os nomes de froitas e verduras, de animais,… Fixeron clasificacións, tiveron que ordenar elementos, cuantificar,…. Tamén o usamos para ver cortos e escoitar música. Isto todo cos nenos de 4º de infantil.

En primaria usámolo para buscar información, para aclarar con imaxes e vídeos informacións que non estaban moi claras, traballar a xeometría (Tangram), o espazo tridimensional,…

En secundaria aparte de buscar información usamos o dispositivo para acceder á aula virtual e facer as tarefas encargadas polo profesorado.

Penso que si non tivera o dispositivo, en moitas ocasións sería moi complicado motivar os nenos e conseguir levalos ata as aprendizaxes que temos alcanzado. Non poderíamos achegarnos ó medio físico pois non podemos acceder á natureza polas súas enfermidades. Non teríamos música nin poderíamos facer algunhas das tarefas encomendadas.

O problema co que me atopo na atención domiciliaria é que moitos dos nen@s non teñen ningún dispositivo móbil, nin portátil, nin ordenador que poidamos usar. Tampouco teñen moitos medios cos que contamos nos colexios como contos, xogos, quebracabezas,…. O Ipad permitiunos atender, en parte, á equidade na educación.

O outro problema é que non teñen wifi, nin outro tipo de acceso a Internet. Gustaríame que puidesen ter isto en conta e contar con algún dispositivo que lles permita conectarse. Persoalmente tiven que utilizar os meus datos persoais para poder facelo.

E por último, dicir que gracias a este dispositivo tamén tivemos a posibilidades de traballar cas TICs a competencia dixital. Todo foron vantaxes.

Vigo, a 10 de xuño de 2018.

María de los Ángeles Quintáns Caamaño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario