19 de junio de 2018

ACTIVIDADES CO ESCORNABOT NO LAXEIRO


ACTIVIDADES CO ESCORNABOT NO LAXEIRO


Durante este curso, todo o centro se embarcou no PDI “Queres coñecer Vigo comigo?” a través do cal aprendimos moito sobre a nosa cidade. Foi un proxecto moi motivador para o alumnado co que traballamos historia, lugares máis importantes, parroquias, símbolos, festas e tradicións, etc.

Como broche final decidimos crear dous xogos para poñer a proba os nosos coñecementos e habilidades sobre a cidade de Vigo para os que precisamos solicitar os escornabots.


O primeiro xogo era unha combinación entre dous xogos: o Trivial e o Party. Iso sí, baseado na temática de Vigo. Creamos un taboleiro con imaxes de contos realizados por mestres e alumnos na biblioteca do colexio. Cada imaxe contaba cun símbolo ou categoría: lectura de labios, debuxo, pregunta, verdadeiro ou falso, tabú ou proba. O xogo consistitía en, por equipos, tirar o dado, mover o escornabot polo taboleiro e ir superando as distintas categorías. Cada vez que se superase unha, conseguiríase un “queixiño” que colocaríamos na nosa ficha. Gañaría o equipo que conseguise completar a súa ficha cun “queixiño” de cada categoría.

O xogo foi todo un éxito xa que ademais de que xa era divertido poñer a proba o moito que aprenderamos durante o curso, utilizar o escornabot encantoulles a todos.


O segundo xogo consistía nun taboleiro que mesturaba 24 imaxes e os seus 24 códigos QR correspondentes. O xogo consistía en, por parellas, elexir un código QR, escanealo para a obter a información sobre un punto de interese da cidade (unha imaxe do taboleiro) e conducir o escornabot desde o código ata a imaxe correspondente. Para a creación dos códigos utilizamos Unitag e para a súa lectura, Inigma. Esta actividade tamén resultou moi motivadora para o alumnado.


Ambos xogos foron utilizados polo alumnado de primaria do centro.


REFLEXIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES CO ESCORNABOT NO LAXEIRO


Unha vez realizadas as actividades cremos que foron todo un éxito, resultaron motivadoras para o alumnado que se implicou moito e participou activamente nelas como para os mestres. A través destas actividades tratamos de fomentar o traballo en equipo, a paciencia ao ter que esperar o turno, o respecto polas opinións dos demais e a toma de decisión, as distintas intelixencias e de poñer a proba o aprendido ao longo deste proxecto.

Como aspecto negativo, ao ser grupos tan numerosos, resultaría mellor contar con varios robots e dispoñer de máis tempo para poder aproveitalos máis.


FOTOS DA ACTIVIDADE

MOVENDO O ESCORNABOT POLO TABOLEIRO

                                 
                                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario