19 de enero de 2017

ACI: Aprendizaxe Cooperativa Interactiva


MOTIVOS DE SOLICITUDE:
1.- Experimentar o uso de dispositivos móbiles como ferramentas de aprendizaxe en equipos de traballo cooperativo.
2.- Motivar ao meu alumnado na aprendizaxe dos contidos propios das áreas, obtendo unha maior implicación e rendemento académico.
3.- Atender á diversidade do meu alumnado co gallo de implicar a tod@s e, en especial, a aquel con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
PROCESO DE DESEÑO:
1.- Atopar unha aplicación/ferramenta na web que me servira para continuar a temporalización e secuenciación de contidos programada.
2.- Configurar os iPADS para aforrar tempos, descargando as aplicacións necesarias, introducindo claves de acceso, engadindo favoritos no Safari, etc.
3.- Publicar na aula virtual (Edmodo) os enlaces e as instrucións dos recursos a empregar, para que posteriormente poidan practicar na casa se poden e queren.
POSTA EN PRÁCTICA:
1.- Explicación das tarefas a realizar e aplicacións a empregar, facendo uso do meu iPAD conectado á PDI.
2.- Recollida, coidado e entrega dun iPAD por equipo, a cargo daquel/a alumn@ encargad@ do material nese momento.
3.- Valoración das tarefas realizadas a través dun IPAD (Plickers) para toda a aula ou un para cada equipo (Edmodo).
IMPRESIÓNS:
1.- Materiais: funcionamento óptimo dos iPADS, conexión á internet sen interrupcións, e grande utilidade do cable VGA para vincular tablet-PDI.
2.- Proceso de ensino-aprendizaxe: mellora das competencias clave, salientando a de Aprender a Aprender (comprobaron a potencialidade pedagóxica dun dispositivo móbil) e a de Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor (pediron o seu uso na aula e practicaron na casa os que teñen tablet).

3.- Práctica docente e programación didáctica: o 1º que se motivou foi o mestre, que atopou unha vía altamente motivadora para o seu alumnado, nun final de trimestre onde a atención e as enerxías diminúen. Non se alterou en ningún momento a programación do 6º nivel e posibilitou continuar coas diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

Artigo realizado por Manuel Díaz Congil

No hay comentarios:

Publicar un comentario