24 de junio de 2015

Unha maneira nova de aprender e traballar en grupo.


Este é o segundo ano que participo en cursos do CEFORE de Vigo, relacionado con ferramentas colaborativas na aula. Aquí tiven o meu primeiro contacto coas tablets e os seus usos na aula.
Fai tempo que levo buscando un camiño novo para aplicar na clase, algo que sexa motivante, cercano os nosos alumnos, pero que o mesmo tempo faga que aprendan. O uso das tablets parecía que podía cumprir con estas expectativas. Necesitaba probar na aula o que aprendera nos cursos feitos.
O saber que o CEFORE ofrecía o préstamo das tablets, para poder traballar na aula, vin a luz para iniciar esta aventura.
O primeiro foi facerme eu cunha tablet propia para coñecer máis profundamente o seu uso. Logo pensei en actividades que quería facer cos alumnos/-as e que aplicacións dos cursos do CEFORE  me podían valer.
Por último solicitar o préstamo das tablets e comezar así esta aventura.
Durante todo o fin de semana programei as tarefas que lles ía a propoñer e as actividades que debían facer para realizalas . Algunhas das tarefas eran crear vídeos de: 
  • presentación dos equipos
  • dunha historia no patio
  • dun poema elaborado por todo o equipo
  • con problemas inventados, da recollida de información dun cadro
  • cunha norma ortográfica
  • dos sentimentos 
  • e outros que non foron posibles realizar por falta de tempo.
Pensei que apps utilizar: imagechef, Notegraphy, Typic kids, imovie, bamboo, Capdislite, comic book, garageband, chrome, doceri

Organicei as actividades para comezar o martes.
O luns pola tarde recollo as tablets e atópome co primeiro inconveniente. Supoñía que as tablets tiñan descargadas as aplicacións que se usaran nos cursos para profesores, pero non tiñan ningunha aplicación. Así que necesito poñer apunto 6 tablets coas aplicacións que pensaba usar esa noite, para telas preparadas para o día seguinte, xa que quería empezar a traballar con elas porque o tempo corría na miña contra e tiñamos que devolvelas.
Pero tampouco contaba co problema de telefónica, internet vai mal e o día seguinte algunhas aplicacións, que quería usar, non conseguiran descargarse completamente. Así que teño que modificar a orde dos traballos programados.
Comezamos realizando actividades de diferentes tarefas, como lles dicía a eles "Estamos preparando os ingredientes para logo facer un bo plato".

O terceiro e derradeiro inconveniente era que todos os traballos que ían facendo, debían envialos o blog da clase. Pero as tablets non lles permitían facelo. En tódolos equipos aparecían problemas e era unha locura. Púxeme en contacto coa asesora do CEFORE e díxome a solución. As tablets tampouco tiñan unha conta de correo asociada e polo tanto había que creala para que puideran facelo. Así que o primeiro día foi desesperante. Esa tarde noite preparei de novo todos os dispositivos para ver se por fin conseguía que todo funcionase. 

O seguinte día todo cambiou, coas tablets postas case a punto (xa que algunhas aplicacións aínda non se descargaran completamente) todo volvía a normalidade. 

Así que a partir de aquí chegan todas as miñas sorpresas:
  1. A primeira ver a facilidade con que os nenos aprenden o funcionamento de calquera aplicación. Ata as que en principio poden parecer non tan sinxelas, como imovie que pensei que lles costaría usala, pero encantoulles. 
  2. A segunda é ver, como todos estes días, sempre estaban motivados ante calquera actividade proposta. Pola mañá cando chegaban dicían "Ola profe, que sorpresa nos tes preparada hoxe". Para eles a sorpresa era coñecer o funcionamento das apps e conseguir crear cousas propias con elas. 
  3. A terceira ver como a maioría son capaces de recoller información por eles mesmos para realizar un traballo. 
  4. A cuarta ver que as tablets é un bo sistema para poder facer traballos en equipo. 
  5. A quinta que o que máis lles gusta e elaborar proxectos de vídeos. 
  6. Por último, ver como aprendían a traballar en grupo, cumprindo as normas establecidas previamente (isto foi o máis difícil).
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixo unha mostra do proceso realizado polos seis equipos durante a primeira semana de traballo coas tablets neste curso de 3º de E.P.

No hay comentarios:

Publicar un comentario