Esta actividade realizouse cos alumnos de 3º de E.P. do colexio "Casa de la Virgen de Cangas".
O primeiro foi organizar os equipos de traballo. Distribuín a clase en 6 equipos, cinco de 4 e un de 5. Procurei que en cada equipo houbera alumnos con diferentes capacidades. Expliqueilles que cada membro do equipo ía ter unha función e estas tiñan que rotarse cada día. Estas eran as funcións:
- Responsable ou secretario
- Coordinador das Actividades
- Encargado do silencio e da quenda de palabra
- Encargado do material e da Orden do grupo
- controlador do tempo e animador (estas dúas últimas se o equipo era de 4 o realizaba a mesma persoa).
Esta primeira tarefa coas tablets tiña como fin intentar cohexionar cada grupo.
As competencias traballadas con esta tarefa foron:
- Competencia Social e cívica ( Xa que teñen que traballar en grupo, respectar os seus compañeiros ,poñerse dacordo, cumprir cunhas normas e axudarse )
- Competencia Dixital (xa que incorporan o uso das apps para elaborar os seus traballos )
- Comunicación Lingüística (Teñen que expresarse oralmente para indicar os seus gustos e expresar as súas ideas o grupo)
- Conciencia e Expresións culturais (xa que teñen que colorear a súa propia fotografía e montar o proxecto)
- Sentido de Iniciativa e espírito emprendedor (xa que teñen que decidir como vai a ser o seu proxecto,que efectos van a incluir, tomar decisións propias)
- Aprender a aprender (xa que deben escoitar as explicacións das apps e logo aprender o seu uso e ensinarllo os demais)
- Competencia Matemática ( xa que deben calcular canto tempo debe aparecer unha foto no proxecto, axustar o son as imaxes, etc)
As actividades propostas para realizar esta tarefa foron:
1.-Cada membro do equipo debía pensar un nome para o seu grupo e escribilo nun folio.
2.-Debían elaborar con imagechef unha nube de ideas con todos os nomes propostos e decidir con cal se quedarían. Este traballo debían gardalo na tablet e envialo o blog da clase.
É gratuita.
3.-Co nome elixido debían elaborar unha portada para o vídeo de presentación do grupo. Para facela debían usar typic kids onde farían un selfie do grupo.
4.-Cada un deles debía sacarlle unha foto a outro compañeiro, gravalo presentándose e dicindo os seus gustos.
5.-Pedirlle o representante doutro equipo que lles sacara unha foto de equipo para facer un cómic con Capdislite. Cada membro logo tiña que incluírse un bocadillo de falar ou de pensar. O responsable do equipo debía gardalo e envialo o blog da clase.
Hai unha versión gratuíta con efectos limitados e outra de pago. Fácil de usar.
6.-Sacarlle unha foto coa aplicación ComicBook ao seu compañeiro para que logo este a importara a BAMBOO onde a podían colorear, escribir como se sentía, gardala e enviala ao blog.
6.-Unha vez preparados os ingredientes, debían facer un proxecto en imovie .
É de pago pero os novos ipad a traen incluída.
O proxecto debía comezar coa portada do nome do equipo, seguida da nube de ideas, as fotos e gravacións de cada membro e os cómics de equipo e individuais. Era responsabilidade de cada membro do equipo de incluír as súas imaxes, vídeos, cómics e efectos. Así que todos debían participar nese proxecto de presentación do grupo. Rematarían o proxecto facendo unha contraportada cos seus nomes como autores.
Este é un dos resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario