Na maioría das aplicacións que vimos traballamos principalmente a competencia dixital así como a competencia básica en ciencia e tecnoloxía pero tamén traballábanse outras transversalmente como a lingüística, dependendo da aplicación que estivésemos a traballar.

Unha das aplicación que vimos foi Chatterpix. É unha ferramenta moi sinxela de usar e moi útil para as línguas. A gracia dela é que podes facer "falar" unha foto xa que a aplicación fai que se lle mova a boca mentras di algo.
O primeiro que tivemos que facer foi descargar a aplicación. Vos podedes facelo pinchando na imaxe que está máis arriba. É moi intuitiva e non precisa ter moito coñecemento informático. Cando se abre tes dúas posibilidades, ben facemos unha foto da persoa que elixamos ou ben descargamos unha imaxe. Nos fixemos esto último polo que hai que ir a galería para recuperar a foto que descargamos previamente. A outra opción é facer no momento unha foto da persoa ou obxecto que queres animar.
Unha vez escollida a imaxe tes que seleccionar a boca do persoeiro e a aplicación fai que se mova dando a impresión de que fale. Na área de inglés usámola para que estes personaxes falasen da súa biografía xa que estamos a traballar o pasado . En galego, co galo do Nadal, aproveitamos para que o Apalpador se presentase e nas titorías fixeron o mesmo cos persoeiros que están a traballar este ano no proxecto sobre a Igualdade que estamos a facer no centro.
Como vedes é unha ferramenta moi útil e sinxela de usar, así que vos animamos a que a provedes nas vosas aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario