28 de junio de 2017

Profes por un día



video

Grupo: 1º de Bacharelato de ciencias, materia de TICs e Tecnoloxía Industrial I
Competencias:
- Competencia matemática y competencias básicas en ciencia y tecnología. (CMCCT)

- Competencias sociales y cívicas. (CD)

- Aprender a aprender. (CAA)

- Competencias sociais e cívicas (CSC)

Material utilizado: 9 mBot Ranger e 15 ordenadores
Proceso da actividade:
Como cada ano os centros de primaria da zona viñeron a visitar o seu futuro centro de secundaria, o IES María Soliño de Cangas. Ese mesmo día recibiron tamén a súa primeira clase de robótica de mans de un grupo de alumnos dos máis veteranos do centro. Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, do grupo de ciencias, puxéronse do outro lado do pupitre e ensináronlle o manexo dos novos robots mBot Ranger, introducíndoos no mundo da robótica. Cada alumno do Bacharelato titoraba a uns dous ou tres alumnos de primaria tendo a súa disposición un robot mBot Ranger, o obxetivo era que este robot realizara un circuito establecido de antemán, esquivando obxetos no menor tempo posible. Foi unha experiencia fantástica, na que todos os alumnos disfrutaron do ensino e do aprendizaxe. Aínda que o número de alumnos na aula de informática era realmente elevado, xa que tiñamos 30 alumnos de primaria é 16 alumnos de Bacharelato, todos e todas cooperaron moi positivamente.
Esta activade, foi preparada de antemán durante as clases de TICs e TI I, para que os nosos alumnos adquiriran o manexo e dominio destes robots, completando así os contidos destas materias, contidos relacionados coa programación e a robótica.





Artigo realizado por Alicia Pérez


No hay comentarios:

Publicar un comentario