10 de febrero de 2017

As tablets chegaron á escola


O día  12 de Decembro a profe de Ciencias chegou á nosa clase (5ºA) cunha maleta. Cal foi a nosa sorpresa, cando de dentro sacou 5 tablets. A profe explicounos que iamos traballar con elas en clase, pero claro, eran 5 as tablets e nós 21.

Que iamos facer? Como nos iamos organizar?

Para a nosa sorpresa, non foi eso o que nos preguntou a profe. A súa pregunta foi: "Que credes vós que podemos facer con estas tablets na clase de ciencias? Como as podemos utilizar? Seremos quen de darlle alguna utilidade?" – e tamén- "Cantos tedes ordenador, tablet, portátil, … na casa?", "Cantos podedes utilizar esos equipos?", "Que facedes cando os utilizades?, "Que aplicacións ou programas usades?". Vamos una enquisa en toda regra.




E despois de pensar un pouquiño, ….. "INVESTIGAR" – Foi a nosa resposta. Que é o que máis e mellor facemos. Na aula, nos libros da nosa biblioteca científica , na aula de informática, por que non temos ordenador na aula, …
Algúns tamén dixeron: "Utilizalas nos recunchos" "Nos traballos en equipo", … e outros: "Para xogar, que tamén hai xogos científicos".



Vamos, que de repente tiñamos unha chea de posibilidades diante nosa e moi pouco tempo para levalas a cabo. Pero, ...poderemos levar a cabo todo esto?



Despois de valorar as infinitas posibilidades dos recursos que tiñamos nas nosas mans, vendo o escaso tempo de que dispuñamos, o momento do trimestre (final) e a inexperiencia co material, decidimos orientar o traballo coas tablets básicamente á búsqueda información, traballo en rede, xogos de repaso, …
  • Comezamos por complementar a investigación sobre a webquest que estábamos a realizar: Os Ecosistemas.
  • Continuamos co traballo de edición e búsqueda de información científica e novas para o noso blog: O noso recuncho da Ciencia
  • Para rematar con xogos de repaso dos temas traballados durante o trimestre coa aplicación Kahoot.

No hay comentarios:

Publicar un comentario