17 de diciembre de 2015

EU ERA VIRXE: A MIÑA EXPERIENCIA COAS TABLETS




Iste ano fixemos un grupo de traballo, “ Integración dos dispositivos móbiles nas nosas aulas” coordinadas por Aña Mariño, diste grupo de traballo naceu un blogue ( AS REBULDEIRAS), un twitter (as_rebuldeiras) e un montón de ideas e ganas de aprender e traballar.

 O noso grupo de traballo era intercentros, de feito de Oliveira, o meu centro base, so eramos dúas mestras, o resto eran dos centros de As Neves, Salceda de Caselas, Seixalbo e Punxín, dista mistura de 7 persoas tan distintas xurdiu un grupo ben interesante.  A variedade ía dende infantil ata 6º de primaria, aínda que o groso dábamos clase en 1º e 2º de primaria )

 Ben, son unha mestra á que lle gusta usar as tecnoloxías, estou encantada co meu proxector, e o meu ordenador de aula (quen tivera máis..) e gústame que o meu alumnado de 2º de primaria se desenvolva pola rede. Temos varias listas de reproducción no SPOTIFY , unha de “bailongo” outra máis “tranqui” para os momentos de traballo, na que eles e ellas van propoñendo música.. 
Teño un blogue de aula, que comecei cando cheguei ó meu centro,  no que imos contando as cousiñas que facemos na aula, para compartilas co mundo... E iste ano lanzámonos a utilización do CLASS DOJO que teño que dicir que foi unha aposta marabillosa e que recomendo a todo o mundo, a min , ó meu alumnado e ás familias encantoulles...

 Feita ista introducción, teño que dicir que eu era VIRXE, nunca utilizara unha tablet, e menos un IPAD, ata que a nosa asesora puxo unha nas nosas mans, e é máis pretendeu que utilizaramos algunhas APPs na nosa práctica educativa. Aprendo rápido, e bueno empecei a usalas co meu alumnado (xa que nos emprestaron un IPAD para o grupo), primeiro tanteando un pouco como se desenvolvían, practicando e despois encauzando coa temática da nosa tarefa no grupo O UNIVERSO... Fomos aprendendo a un tempo eles e eu, e bueno encantoulles, teño que dicir que trataron a tablet con coidado espectacular, compartiron (e eran 21) en quendas, participaron, propuxeron e implicáronse totalmente. Comezamos usando as 5 APPS que nos presentou Ana, ( no blogue das rebuldeiras podedes ver unha escolma) encauzándoas co tema do universo, e despois xa se nos foi das mans, e utilizamos algunha que outra APP, cunha motivación total e absoluta.  


Segundo iamos avanzando, e utilizando as APPs na aula tamén fomos compartindo a información con outras compañeiras do centro, que á súa vez nos falaron doutras aplicacións ( ai, a realidade aumentada!!) e foi unha boa simbiose.



Eu non teño tablet, a nosa coordinadora do grupo de traballo, o CFR de Vigo, deixounos unha para utilizar todas, fómola rotando, porque aínda que todas tiñan, seica non é o mesmo unha normal que un IPAD, rotámola aínda que maioritariamente utiliceina eu.
O meu alumnado respondeu cunha motivación total e absoluta, están acostumados/as a traballar en equipo así que non foi complicado facer grupos e asignar tarefas para que todos e todas puidesen participar. Son responsables no feito de establecer as quendas e ver que participan igualmente, teñen un alto sentido do que é xusto. Trataron a tablet con inmenso coidado, sabedores de que "ma prestaran" e foi algo que me sorprendeu gratamente. 

Con todo, aprendín unha barbaridade, o meu alumnado tamén ( pero penso que eles e ellas xa son “nativ@s dixitais” ) e imos cara unha educación onde o alumnado cada vez é máis autónomo e proclive a crear as súas aprendizaxes, co que entendo que deberamos estar aí para acompañalos e compartir con eles. Con todo isto créaseme unha dúbida, eu non tiña tablet, non teño tablet, cuestiónome mercar unha, pero xurde unha dúbida, se é propia ata que punto utilizala na aula é ético , pero por outra banda, os presupostos dos centros en xeral, non dan para moito, pero mercar unha tablet por aula é factible? .
Porque a maioría do profesorado que coñezo leva as súas propias tablets á aula baixo a súa conta e risco... Para min acó ábrese un debate...

Tamén penso que co mundo de APPs interesantes que temos á nosa disposición, e na que hai un grande número recollidas no "proxecto #guappis"  considero tamén  importante o feito de seleccionar as APPs, de non deixarnos levar porque isto é chulo , isto vailles gustar ( porque co da realidade aumentada, non vos conto o ben que o pasaron) e quizais esquilmar o que realmente máis partido lle poidamos tirar nas nosas aulas ( aínda que claro isto é coma ser unha nena e entrar nunha xoguetería..., difícil a escolla...) 
Para min  e para o meu alumnado foi unha experiencia altamente positiva.










NOTA: este artigo foi escrito en xullo 2014 


No hay comentarios:

Publicar un comentario