Mostrando entradas con la etiqueta Un dispositivo por aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Un dispositivo por aula. Mostrar todas las entradas

9 de enero de 2019

MAKEY MAKEY NO HUMBERTO JUANES

A actividade levada a cabo na aula, desta vez non foi na aula de 6º de Educación Infantil, se non que foi levada a cabo na aula de música pola mestra Susana do Ceip Humberto Juanes.
Para esta actividade usamos o programa Scratch 2.0 e o Makey Makey así como uns vasos de auga nos que cada un representaban unha nota musical do piano.
Previamente a mestra de música preparou unha sinxela canción con alumnos de 6º de Educación Infantil e unha vez que xa a tiñan preparada, pasouse a crear un programa sinxelo con Scratch por parte do mestre titor da aula de 6º de Educación Infantil para realizar un piano a través da auga.
Despois disto explicouselles aos alumnos de maneira moi sinxela cal sería o funcionamento do mesmo así como a necesidade de “por que” dito piano só funcionaría se o cable de terra estaba conectado aos alumnos (isto por tratarse de alumnos moi pequenos levouse a cabo mediante o ensaio/erro).
E o resultado é o seguinte:









Foi unha práctica moi motivadora tanto para a mestra de música como para o alumnado aos cales lles resultaba fascinante ver como podían emitir notas tocando a auga.

12 de junio de 2018

PRÁCTICA CON OZOBOT NO HUMBERTO JUANES

PRÁCTICA CON OZOBOT

No vídeo mostrase una pequena actividade de grafomotricidade. Aos nenos encantoulles e déronse de conta  de que se as liñas non eran o suficientemente “anchas”  e o ozobot non era capaz de moverse por enriba delas.




28 de abril de 2017

Reflexión sobre o uso de Osmo no Ceip nº 1

É inevitable e por suposto incongruente ignorar a influencia das TIC no noso día a día. Xa hai algún tempo que camiñamos a paso lixeiro pola era dixital e en materia educativa é evidente que ese necesario cambio xa está en marcha.
O dixital controla a nosa realidade vital desde o inicio do día: o noso espertador deixou de vocexar desesperadamente na mesa de cabeceira para dar paso a unha melodía motivadora que sae do noso smartphone. Comprobar qué tempo vai na nosa cidade, revisar últimas noticias, actualizar as nosas redes sociais, buscar receitas de comida green, consultar parámetros despois dunha sesión de gym ou running, facer anotacións sobre rutinas de sono...
A nosa vida está dominada pola dixitalización, entón, por qué nos resistimos a aceptar que os nosos peques xa non vivirán xamais de maneira analóxica?
Hai xa algún tempo aliñáronse os astros para facer coincidir nun mesmo centro educativo a Nuria Garabal, Marta Álvarez e Nuria Feijóo; recentemente outro capricho do destino (tamén coñecido como CADP ou CXT) quixo que Vanessa Táboas formase parte deste equipo que comparte inquedanzas, tolemias, fame de coñecemento, ansiedade polo cambio... e 4 iPads como ferramenta didáctica.
Todas coincidimos no instinto dixital e grazas a que nos enfrascamos nunha espiral de cultura de colaboración en moi pouco tempo vímonos inmersas en longas conversacións e WhatsApps (como non?) sobre apps de todo tipo nas que fedellamos día a día sen cesar nas nosas aulas. 
Que por qué? porque todos somos conscientes de que a nosa escola debe avanzar ao mesmo ritmo que o fai a nosa sociedade. Que estes dispositivos conseguen chegar onde ás veces os mestres non somos capaces, porque as pantallas retroilumoinadas entre as súas pequenas mans emanan MAXIA... e cando a maxia ten lugar ante os ollos dun neno, a mente e o corazón ábrense e xa nada volve ser igual.
Traballamos cada día con dispositivos persoais do profesorado que brindamos ao noso alumnado porque nós cremos nesa maxia. Oxalá contásemos co apoio da administración como xa ocorre nalgunha outra comunidade autónoma para que nos brindasen os medios económicos necesarios e seguir xogando ao "abracadabra" da aprendizaxe. 
Mentres tanto... seguiremos argallando.


Osmo no Ceip nº 1

Dende hai ao redor de 3 anos, no noso centro comezamos a empregar o ipad e as súas apps como ferramenta didáctica: chatterpix kids, thinglink, kodable…  Nos últimos tempos escoitamos falar de Osmo e lanzámonos a probalo a través do préstamo do CFR.
Osmo é un sistema de xogos que permite aos rapaces interactuar co iPad de xeito práctico traballando diferentes competencias: matemática, lingüística, iniciativa e autonomía persoa e como non, a dixital.
O pack inclue un soporte para o ipad e un reflector para colocar sobre a cámara do dispositivo. Existen diferentes xogos, pero nesta ocasión tivemos a oportunidade de traballar con “Tangram” e “Words”. Antes de comezar a usalos é preciso descargar as apps gratuitas. Cando tivemos todo listo, podemos comezar a desfrutar dos xogos.
Contamos con aulas de 25 alumnos e un só dispositivo ipad, polo que para una mellor organización traballamos por recunchos en grupos de 4/5 alumnos, mentres uns están co Ipad, os demáis están noutros recunchos.
Cada xogo ven nunha Caixa na que atopamos as fichas correspondentes: no caso de Tangram as figuras do coñecido xogo e, no Words as letras do alfabeto.
Os nenos e nenas quedaron sorprendidos cando, seguindo as indicacións da pantalla e colocando as fichas como eles e elas pensaban (sempre preto do ipad para que o reflector as detecte) o xogo actuaba dunha maneira ou outra en función de se a solución era correcta ou non.

Trátase dun recurso moi motivador xa que non é so un contacto coa pantalla senón que hai una conexión entre o alumnado, os obxectos (fichas) e o ipad.
Para nós como mestras Osmo Words gustounos máis do esperado posto que permite xogar con álbumes predeterminados ou  crear contidos (álbumes) personalizados na súa web e empregalos na app, por exemplo, creamos un álbum coas fotos dos rapaces no que tiñan que completar as letras que faltaban dos seus nomes. Esta mesma actividade podémola facer con calquera centro de interese no que traballemos. Incluso máis adiante poderían ser os memos rapaces os creadores doutros álbumes.

A actividade resultou tan satisfactoria que decidimos “pedirlle aos Reis Magos” un Osmo con diferentes xogos: Words, Numbers, Tangram e Coding. Este último é un xogo de programación adaptado a todos os niveis e resultounos interesante xa que na aula gústanos moito utilizar as apps “beebot” e “kodable”, desenvolvendo no alumnado a intelixencia espacial, matemática, lingüística…

15 de febrero de 2016

POR QUE CON TIC?

A EEI Hernán Cortés sitúase no centro da cidade de Vigo e, actualmente, conta cunha porcentaxe aproximada do 76% de familias de orixe estranxeira. Ao non ter ratio completa ao longo do curso recibimos constantemente novos compañeiros e compañeiras. A pesar de que moitos xa son nacidos en España, os países de orixe das familias condicionan a vida destes nenos e nenas, e iso reflíctese directamente nas conversas, asembleas, intereses, etc. Esta situación fai que moito alumnado, pola súa situación socioeconómica, non teña acceso á rede ou a dispositivos fora do centro.

Cando traballamos coa tablet na aula non hai mais que mirar a cara dos nenos e nenas para xustificar a importancia que ten este tipo de ferramentas nas escolas. Supón un recurso potentísimo para atraer a atención e permite experimentar cousas imposibles noutros formatos. Ademais, como docente resulta gratificante, xa que algúns contidos vólvense mais atractivos. Para reproducir, para editar, para xogar, para crear... Pero, sobre todo, para facer da educación en xeral e da miña escola en particular unha plataforma para formar cidadáns activos en igualdade de condicións independentemente das súa orixe e situación social.


PROXECTO OS VOLCÁNS

Temos a gran sorte de que na nosa escola as cousas que pasan en moitos países do mundo resúltannos significativas.
A EEI Hernán Cortés sitúase no centro da cidade de Vigo e, actualmente, conta cunha porcentaxe aproximada do 76% de familias de orixe estranxeira. Ao non ter ratio completa ao longo do curso recibimos constantemente novos compañeiros e compañeiras. A pesar de que moitos xa son nacidos en España, os países de orixe das familias condicionan a vida destes nenos e nenas, e iso reflíctese directamente nas conversas, asembleas, intereses, etc.
No mes de setembro do pasado ano 2015, un terremoto sacudiu Chile. Alba, de catro anos, contounos que por sorte o seu pai e a súa familia estaban ben. No medio desa conversa, decateime de que algúns alumnos e alumnas confundían os terremotos con volcáns. Foi entón cando formulei a pregunta que, aínda que teño que recoñecer que non tiña moitas expectativas, deu orixe a un dos proxectos mais gratificantes que levei ao cabo: Que tal se investigamos sobre os volcáns?
Iniciámonos na aprendizaxe baseada no pensamento (ABP), realizamos experimentos, traballamos de xeito cooperativo, e, co fin de tocar o máximo de competencias clave, fixemos un obradoiro de realidade aumentada no que podiamos converter un debuxo nun volcán en erupción. O traballo coa tablet foi o complemento perfecto para as outras metodoloxías. Sen dúbida repetiremos.




17 de diciembre de 2015

A miña experiencia de aula coas tabletas e o universo.

 Son a titora da clase de 2º do CEIP Santiago de Oliveira.
Iste curso dúas das titoras participamos nun grupo de traballo coordinadas polo CFR de Vigo, máis concretamente por Ana Mariño, mentres iamos aprendendo un montón de cousas surxiu a idea da tarefa final do noso traballo, e eleximos facer un libro sobre O UNIVERSO. A experiencia no grupo de traballo foi moi gratificante , voume cinxir ó traballo feito na miña aula, aínda que recomendo unha visita ó blogue que fixemos entre todas para ver o que fixeron as compañeiras .

Na nosa clase traballamos o tema dende distintos enfoques, ademais da área de coñecemento estamos traballando tamén na área de língua e potenciando a nosa imaxinación . Comezamos cunha nova do xornal escolar da Voz de Galicia: Chegou a hora de falar con extraterrestres? que nos deu moitísmo xogo e deu lugar á que voase a nosa imaxinación especulando sobre o tema.


Dando lugar a un amplo debate sobre se cremos que existen os extraterrestres, ou no seu caso vida noutros planetas ( e tamén falamos moito sobre a existencia de auga noutros planetas.. microorganismos..).. sometemos o tema á votación, e o resultado é o que podedes observar na imaxe...

Deixamos voar a nosa imaxinación:   Se foses unha científica ou científico e tivese que enviar unha mensaxe ó espazo que escribirías? Acó tedes algunhas respostas


Despois trocamos os papeis  e démoslle a volta á tortilla..  e a pregunta foi  a seguinte: se tiveses que explicar a un terrícola como é o teu planeta... como o farías...

E tivemos respostas do máis orixinal, planetas onde había miles de cores, formas e tamén moi doces nos que todo absolutamente todo eran lambetadas...


Mentres traballabamos o tema pasou algo que nos chamou moitísimo a atención:  A ECLIPSE, e investigamos moito, miramos artigos de prensa e aprendimos como debíamos observar a eclipse, porqué ocorría e tamén cando sería a próxima... acó vos queda un link ó noso blogue de aula para que vexades canto investigamos sobre a ECLIPSE DO 20 DE MARZO.  

E tamén fixemos o noso libro do universo entre as clases de 1º e 2º que foi a tarefa final do noso grupo de traballo. A copia en "papel" xa está rexistrada na biblioteca do noso centro para o préstamo e un montón de nenos e nenas impacientes por levalo á casa e ensinarllo ás súas familias. Para buscar a información utilizamos, tablet, ordenador, libros, diccionarios, preguntamos, enquisamos..
No noso blogue de aula,  temos unha categoría UNIVERSO na que iremos poñendo todo o relacionado co tema.

Para celebrar os 25 años do lanzamento do telescopio espacial Hubble, a banda granadina Lori Meyers grabou un tema en exclusiva para National Geographic Channel titulado Telescopio Hubble, que xa ten un videoclip!!! E mirámolo hoxe en clase, gustounos moooito moitooo!!



Apps que utilizamos:




Ben, penso que ata o momento so nomeei a APP AUTO RAP, que penso que foi o éxito máis grande na miña aula, porque lles encantou o feito de escoitarse, e logo de poder ser uns "dj" ó uso .. Cando tiñamos o tema algo dominado, fixemos un rap coa APP AUTORAP que tanto nos gusta, coas cousas que máis nos chamaron a atención sobre a temática. O NOSO RAP DO UNIVERSO.:  Lúa lúa. 



Pero utilizamos máis APPs, gustoulles especialmente BAMBOO PAPER , xa que o utilizamos para crear as nosas propias composicións do universo, saíndo unhas obras de artes espectaculares, partindo da base dalgunha imaxe do espazo .



Penso que a segunda aplicación que máis lles gustou foi Toontastic , porque crearon unhas historias aeroespaciais que daban medo. Ademais o feito de poder poñer o título, os autores e que parecese unha película de "verdade" encantoulles. 
Por outra banda a evolución con iste programa foi espectacular, ó comezo non foron conscientes de que os "bonecos" se podían mover e simplemente escollían fondo e persoaxe e falaban, pero despois de experimentar déronse conta de que os bonecos podían ter movemento, que había "ruidos" siderais, que podían escoller músicas distintas para cada escea, remataron facendo un "story board" para ter claro como dividirse o traballo . Istas historias fixéronas en pequeno grupo porque obviamente os 21 a un tempo era un pouco inviable. É unha aplicación de pago, pero realmente realmente merece a pena, por todo o que se pode facer con ela.


Outra das APPs que tamén inspeccionamos foi Thinglink , buscamos unha imaxe do universo que nos gustou, e comezamos a escribir oracións relacionadas, coma que a lúa é un satélite, o sol é unha estrela, o nome dos planetas, despois descubrimos que tamén podíamos asociar imaxes, e ai! cando nos demos conta que igualmente cos vídeos. Acó tiven un erro de novata: non creei unha conta propia de thinglink e agora o material elaborado perdeuse na rede, pero a experiencia foi ben interesante.

Outra das aplicacións que tamén utilizamos para o proxecto foi  Visual Poetry - Word Collage. Con ela fixemos nubes de palabras relacionadas co universo, fomos aportando ideas, cousas que nos viñan á cabeza e xuntámolas. Personalmente son máis fan de Tagxedo.

E bueno outras aplicacións que utilizamos son e ChatterPix Kids, Sock Puppets ista última fascinoulles igualmente, pero como eran tantos tivemos que facer pequenos grupos, elexir os fondos, vestiario, persoaxes e era complicado que aguantasen a non falar todos e todas a un tempo así que ó final fixemos quendas, e partíanse cando escoitaban as súas voces distorsionadas.

Unha das compañeiras, Isabel , creou un symbaloo con todo o material que fomos atopando sobre o universo, que non foi pouco, acó vos queda, por se pode ser útil.UNIVERSO 




APRENDERON UN MONTÓN E DIVERTÍRONSE MOITO.

11 de marzo de 2015

Creamos personaxes con voz


Aplicación: ChatterPix Kid
Precio: gratis
Dispositivo: iPad 



Proceso:

Esta actividade consiste en crear personaxes con voz real e fíxose o seguinte:





Cada neno fixo a súa flor e presentouse co seu nome.

Unha imaxe con palabras

 

Aplicación: Visual Poetry
Precio: 1.99€
Dispositivo: iPad 



Proceso:
Consiste en compoñer unha imaxe con palabras sendo algúns exemplos levados a cabo na aula os seguintes:




A primeira imaxe foi realizada como parte do proxecto da auga. 
Os nenos escribiron as palabras e elixiron a imaxe A na que plasmalas.


 


A segunda imaxe foi realizada como parte de traballo para a conmemoración para a paz.

6 de marzo de 2015

Reflexión sobre a actividade "Unha animalada de primeira"

Concretamente para este tipo de tarefa foi imprescindible solicitar ao CEFORE dous dispositivos IPad  a maiores, xa que a actividade tiña como  obxectivo que todos os nenos e nenas estivesen a traballar no proxecto ao mesmo  tempo, polo que necesitamos catro tablets para as tres estacións que ían traballar con estes dispositivos.
A presenza de dúas profesoras na aula, segundo como se presentou a actividade, foi imprescindible, sobre todo porque se utilizaron  espazos diferentes, e porque sempre xurden dúbidas nos nenos que precisan de atención inmediata.
Tras esta primeira experiencia son moitas as gañas de continuar nesta liña, o resultado final foi mais positivo do esperado, non so aportou motivación senón que aumentou a atención e a responsabilidade dos nenos e nenas, e axudou a conseguir e fixar os estándares que queriamos obter.  Por ser algo novo para nós e para os alumnos,  houbo pequenos erros de principiantes da nosa parte e un aumento da excitación dos nenos, calquera destes dous aspectos son claramente remediables facendo que, as tablets pasen a formar parte da rutina das nosas clases.
A  hora de publicar o traballo, tivemos a inestimable cooperación das nosas asesoras do CEFORE, Cris Puga e Ana Mariño, e imprecindible para nós darlles as grazas dende este artigo.


Artigo publicado por: Conchi Orellana e Manuela Fernández (Ceip A Paz Tintureira)

UNHA ANIMALADA DE PRIMEIRA

Este é o título da tarefa realizada cun grupo de rapaces de primeiro curso do CEIP A Paz (Tintureira).  


O Trailer do proceso de creación do diccionario, realizado coa app iMovie:
Aproveitando que as dúas mestras, a titora e a especialista de inglés,  estábamos a traballar os animais  cos rapaces, decidimos unificar o noso traballo facendo unha actividade conxunta sobre este tema. Desta maneira xurdiu a idea de facer unha tarefa cuxo produto fora un dicionario bilingüe galego-inglés  sobre esta temática, para deixalo coma un recurso mais no ordenador da aula,ou na da biblioteca do centro.
A pouca experiencia persoal  no uso das tablets dentro da aula, xunto co feito de que sería a primeira toma de contacto dos rapaces con estes dispositivos dentro da aula, obrigounos a planificar atentamente cada un dos aspectos  organizativos.
Unha vez que tivemos claro, o que queríamos facer e para que, pensamos na forma de lévalo a cabo, dun xeito no que todo o alumnado participará e interactuara, cooperando se fose necesario.
ORGANIZACIÓN E RECURSOS
Fixemos 6 equipos de 4 /5 persoas e creamos unha yincana con seis estacións de traballo, nas que cada grupo  traballaría en cada unha uns 12 min. pasando logo  a seguinte estación; tres para o uso das TABLETS en equipos (Apps: Lesoon Create, Tellagami e gravación dunha  entrevista  para a suposta  tele do noso centro “teletintureira”; entre cada unha, puxemos estacións para voltar a calma, con traballo máis relaxado, creación de puzles  de animais, elaboración dun guión para a entrevista, e composición dun sobre para gardar os puzles da estación anterior.

11 de junio de 2014

Cantando colaborativamente con MadPad na aula de infantil


Artigo realizado por Gabriel Siles González do Ceip Pintor Laxeiro.


APLICACIÓN: MADPAD HD
PREZO: 2,69
NIVEL EDUCATIVO: Educación Infantil

PROCESO: Para este final de curso e no faladoiro das letras galegas
probamos unha nova aplicación que xa tiña instalada o noso IPAD.
Decidimos grabarnos por partes e intentar montar a canción enteira, o
resultado e bastante bo soamente que os nenos sentíronse un pouco
cohibidos no momento de grabar porque sabían que o íbamos subir a nosa
web.

Outro día volvemos a probar a mesma aplicación con sonidos de animais
e quedou moito millor e xa non se cortaron tanto. Os nenos e nenas
gústalles verle logo e a aplicación e moi doada de usar con eles.

Este foi a nosa primeira experiencia coa aplicación:

Traballando na aula de infantil do Pintor Laxeiro con Realidade Aumentada

Artigo realizado por Gabriel Siles González do CEIP Pintor Laxeiro.


APLICACIÓN: Colar mix
PREZO: Gratuita con láminas de pago
NIVEL EDUCATIVO: Educación Infantil

PROCESO: Comezamos o proceso de traballar co IPAD cunha experiencia
moi motivadora. Consistiu en que eu pintara un debuxo e mostrarlles
como a tablet convertia en 3D con música. Ese día todos querían ir a
traballar e ningún deixou espazos sin colorear, ademaís avisamos os
pais para que en casa puideran velas e descargar outras imaxes da
aplicación.

Este é o noso resultado e coas caras explican o resultado:


Trabajando las matemáticas con realidad aumentada

App: Fletch Lunch Rush
Precio: Gratuita.
Dispositivo: iPAD

Proceso:

La aplicación consiste en un juego sencillo de resolución de operaciones matemáticas sencillas. Para elegir el resultado se enfoca con el iPAD a la tarjeta, impresa desde su web, con el número elegido, y con realidad aumentada se ven tantos objetos como la cantidad correspondiente al número. En la actividad se agruparon en 4 parejas, y compitieron entre ellas. La pareja que resolvía con menos fallos y más rápido ganaban más puntos. Luego se cambiaron los miembros de las parejas. Fueron pasando todos los peques de clase.

 




Autor: Rubén Molinero