Mostrando entradas con la etiqueta Creatales. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creatales. Mostrar todas las entradas

9 de enero de 2019

iPads e Escornabot no cole de Guillarei!


Durante 2 meses desfrutamos dun lote de iPads así coma un Escornabot.

Os iPads viñéronnos xenial para as actividades de Samaín/Halloween. As aplicacións que máis empregamos para traballar os contidos relacionados co Samaín/Halloween foron “LAYAR” e “CREATALES”.
LAYAR, aplicación de realidade virtual que da “vida” as creacións dos nenos.


CREATALES, para que o alumnado poida crear as súas propias historias gravando audio e todo.

En 1º de Ed. Primaria aproveitamos aos nosos iPads para repasar sumas e restas, mellorar a atención con xogos de memoria e música... pasámolo moi ben!!

                 

Escornabot

Empregámolo exclusivamente na aula de 4º de Primaria. O primeiro que elaboramos foi a plantilla sobre a cal se movería o noso amigo “Escorni”, nome que lle puxeros @s alumn@s.

Logo dunha sesión de iniciación para coñecer o seu funcionamento, comezamos a elaborar “fichas de xogo” para o noso taboleiro. O tema a tratar era a función de relación e os sentidos.

Na tarefa final Escorni facía de sistema nervioso dende que recibía o estímulo do exterior, pasaba polo cerebro, para así finalmente activar o aparello locomotor.

                                                 

 Reflexión sobre o uso dos dispositivos.

iPads

Ao noso parecer unha única maleta con iPads (7 dispositivos) non é suficiente para todo o colexio. O alumnado desfrutou un montón das aplicacións que traen cargados os iPads, pero chegaron á conclusión de que moitas aplicacións realizan as mesmas accións; había moitas aplicacións de música similares entre eles. Outras precisaban de rexistro por parte do usuario o que non consideramos oportuno ao tratarse de material propiedade do CFR.

Polo tanto foron contadas as aplicacións que puidemos desfrutar ao 100%. De todas formas no noso colexio foi todo un éxito o implemento dos iPads xa que supón unha forma diferente de aprender e traballar en clase, aínda que só puidésemos contar cos dispositivos durante un mes, algo escaso.


Escornabot

Só se empregou na aula de 4º de Ed.Primaria. O alumnado, descoñecedor do mundo da robótica, estivo moi implicado durante este mes co seu escornabot. As primeiras sesións de coñecemento do robot pasaron voando. Moi motivados propuxeron varias actividades a realizar con el ata decantarnos por realizar un taboleiro de xogo relacionado co tema de Naturais que estábamos a traballar.
Resultou moi estimulante e resultou de gran axuda para “visualizar” os novos conceptos adquiridos. De feito, a clase visto o éxito, pediu a Papá Noel un escornabot en propiedade.

Pensamos que para unha iniciación á robótica trátase dun robot axeitado grazas a facilidade de uso. No noso caso empregámolo en 4º de Primaria, pero cremos que xa dende infantil podemos dar uso ao Escornabot.

Agradecer ao CFR o material emprestado e o fácil que resulta realizar os trámites de petición. Moi ben todo, mil grazas.

14 de febrero de 2017

Creamos contos con Creatales

Fai uns días, con motivo do día do libro no meu colexio o  Ceip Serra Vincios tivemos a oportunidade de ter nas nosas aulas 6 Ipads e organizar unha serie de actividades para iniciar aos alumnos e aos mestres no emprego dos dispositivos móbiles na rutina diaria.

Previa chegada dos Ipads ao centro, dende o equipoTIC, e en colaboración ca biblioteca propuxemos centrar as actividades, que propoñiamos aos compañeiros, en crear historias a través de contos ou banda deseñada.
Como os mestres non tiñan moita experiencia con estes dispositivos, eu programei unha serie de sesións dentro da coordinación Tic e  gardas, cos rapaces e os Mestres dos diferentes cursos.
Nun primeiro momento explicamos como funcionaba a App e logo empezaron a crear historias facendo posible que tanto nenos como maiores coñeceran o seu funcionamento.

A maioría dos cursos de primaria empregaron a App Creatales , o seu funcionamento é moi sinxelo e intuitivo e as posibilidades que nos brindan son numerosas
Dependeu do curso o plantexamento da actividade era máis ou menos dirixido
No primeiro ciclo de primaria consistiu en crear pequenas escenas onde os personaxes clásicos eran os protagonistas e eles intentaban representar algún momento da historia.
Con esta App foi moi doado que os rapaces déranse conta de aspectos moi importantes que atopamos nos contos como son: o Autor, as Personaxes, o Título…

 Foi a  partir de terceiro onde o traballo tivo especial relevancia, os obxectivos que nos propuxemos a partir deste nivel foron os seguintes:
-          Comprender e empregar a estrutura narrativa:plantexamento, nó e desenlace
-          Coñecer e usar os principais signos de puntuación
-          Valorar o traballo propio e o dos compañeiros
-          Sentirse parte do grupo e respectar as diferentes opinión como forma para o enriquecemento mutuo

Propúsoxe unha actividade que resultou moi divertida : crear diferentes finais o conto clásico de carapuchiña vermella, aquí vos deixamos algúns deles