Mostrando entradas con la etiqueta CRA Mestra Clara Torres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CRA Mestra Clara Torres. Mostrar todas las entradas

2 de julio de 2017

Valoración do uso do Zowi en infantil

Sesións levadas a cabo na aula de Guillarei, onde se utilizou o Zowi en dúas situacións:

  • Xogo libre con todo o alumnado
  • Xogo libre cunha alumna con mutismo selectivo
A experiencia foi moi positiva en ambos casos. Os nenos disfrutaron moito da actividade en grupo. Chamoume moito a atención que este robot despertase tanta "tenrura" entre os cativos; pois can Zowi se mostraba "triste" a reacción dos nenos era que todos o querían acariñar.
No caso da alumna con mutismo selectivo, traballei individualmente con ela mediante a manipulación de regletas para construir unha casiña para o robot. A sesión foi moi positiva xa que a alumna mostrouse alegre, moi solta e a gusto, cariñosa co robot e colaboradora, chegando en varias ocasións a responder verbalmente ás preguntas feitas ao facer referencia a Zowi; e a diversas preguntas sobre un conto que se lera na sesión anterior.



Artigo realizado por Mónica (PT)

29 de junio de 2017

Zowi e @escornabot, valoración do seu uso na aula de Ribadelouro


ZOWI

A experiencia con Zowi foi moi positiva. Dende o primeiro momento este "bebé robot" (nome que lle puxeron os nenos e nenas) resultou moi atractivo para eles, espertando rapidamente a súa curiosidade, principalmente para o grupo de 3 anos.
Despois de presentalo, describilo, observalo, imitalo... decidimos afondar máis no comportamento dos robots polo cal, e despois de numerosas preguntas por parte dos nenos e nenas de 4 e 5 anos, plantexamos realizar unha pequena investigación sobre o funcionamento de zowi.
Entre outros aspectos investigamos:
- como sabe woxi que ten un obxecto diante?
- a que distancia recoñece que hai un obxecto?
- os obxectos teñen que ser grandes ou pequenos?
- recoñece que hai obxectos na escuridade?

A través de zowi traballamos, entre outros, conceptos como: grande-pequeno, diante-detrás, aun lado e a outro, esquerda-dereita, recta numérica, medidas...
Como conclusión, sinalar que co traballo sobre zowi, púxose de manifesto o desenvolvemento de todas as competencias clave, ainda que dunha forma máis produnda contrinuímos ao desenvolvemento da competencia matemática e competencia básica en ciencia e tecnoloxía a sí como a de aprender a aprender.


ESCORNABOT

A experiencia co escornabot tamén foi moi significativa. Foi o segundo robot presentado. Ao igual que o anterior, despois de presentalo, observalo, describilo e estudar o seu comportamento decidimos traballar con el. Espertou moito interese entre os nenos de 4 e 5 anos.
Traballamos conceptos como: serie numérica, nocións de espazo... e dependendo da actividade outros como cores, vocabulario relacionado...

Algunhas actividades:
- quen é quen? xogo de adiviñas sobre profesións
- Cada conto co seu título
- Figuras xeométricas

Como conclusión sinalar que a través do escornabot púxose de manifesto unha aprendizaxe constructiva e significativa xa que partimos do método heurístico (ensaio-erro), permitindo que os nenos modifiquen, ampíen e diversifiquen os seus coñecementos.


26 de junio de 2017

Valoración do uso dos robots na aula de Pexegueiro

A aula de Pexegueiro foi a última en ter a oportunidade de usar os robots, e cando chegaron tan só disponíamos de tres días, pois os outros tiveramos excursión. Nesta aula usáronse os robots Zowi e Ozobot.
A mestra especialista de inglés foi a encargada de levar a cabo as actividades cos robots, pois tiña preparadas unhas actividades para enlazalas coa súa unidade didáctica "House"

OZOBOT

  • Na primeira seisón que apareceu o ozobot, a espectación foi grande. "¿Que traes hoxe, teacher? ¿Que é iso tan pequeno? ¿É un xoguete?" e por suposto, unha vez que o viron encendido xa a cousa foi máis alá.
  • Tras a explicación do que era e como funcionaba, chegou o turno de traballar con el; pois íamos facer que o robot escribira o noso nome. Xa tiñamos preparados os nosos nomes dunha actividade anterior feira no EDI, onde cada letra era dunha cor diferente.
  • Cada neno tivo a oportunidade de inspeccionar o robot e probalo no seu nome.
  • Unha vez rematada a actividade, eles querían máis e saíu deles o debuxar camiños para que o robot pasese por riba. Esta nova actividade serviulles para profundizar no coñecemento do robot, pois a través da experimentación déronse conta de que as liñas tiñan que ser dun grosor específico e que se combinaban certas cores os movementos do robot tamén cambiaban.
  • A segunda sesión co ozobot, xa estaba preparada de antemán, pois a teacher necesitaba axuda e a titora prestouse a axudar. Invitouse ás familias para que colaboraran na actividade pois máis que nada precisábamos de axuda.
  • Tratábase de localizar en Google Maps as casas dos alumnos, marcalas no EDI xunto co cole, para despois imprimir esas imaxes e trazar o camiño da "house/casa" ata a "school/escola" para que o robot non se equivocara nos "roads/camiños"
  • Aí tiveron a ocasión, as familias, de coñcer os robots e participar cos nenos/as na súa aprendizaxe.
ZOWI:
  • O caso do uso do zowi foi totalmente inesperado, pois a terceira sesión, a teacher quedara facendo apoio na aula co alumnado de 4º de infantil, xa que os demáis estaban de excursión.
  • Como os dous días anteriores falaramos tanto de robots, un dos alumnos trouxo un robot de xoguete, entón aproveitei para presentarlles o Zowi, que tamén parece un xoguete.
  • Por suposto encantoulles. Fixeron comparacións entre os dous robots. Despois quixeron ver cal andaba máis rápido. Crearon un circuito para xogar co Zowi e co xoguete-robot.
  • Bailaron imitando ao zowi, e por suposto intentaron imitar as súas caras.

CONCLUSIÓN

Valoración totalmente positiva, pois póñense en práctica diferentes metodoloxías de traballo e aprendizaxe
Traballamos as emocións, a psicomotricidade, a espera do turno, a paciencia ademási de vocabulario.
Fomentouse o traballo colaborativo
Quedamos con tempo para probar o makey makey.
O alumno disfrutou inmensamente coa experiencia e a súa vez as familias que puideron participar con nós.


25 de junio de 2017

Ozobot e Makey Makey na aula de Paramos


   O ozobot foi unha experiencia moi positiva, favoreceu traballar a psicomotricidade fina e a creatividade. Tiveron que diseñar camiños, pintalos ben porque senón non funcionaba, ver como facer os camiños para que xirase...

   Resultoulles moi atractivo tanto polo tamaño, pola maneira de moverse e porque cambiaba de cor.

   O makey makey tamén lles gustou moito. Era como máxico tocar nas culleres e garfos e que emitira son. Despois probamos coas nosas mans e iso aínda lles gustou mais. O inconvinte foi que ten cables moi curtos e tropezaban uns con outros, non permitía ver todos, pelexábanse, etc. Polo cal a miña suxerencia é ter cables suficientemente longos para mellor comodidade e disfrute.





23 de junio de 2017

Makey Makey na aula de Guillarei

   Na aula de Guillarei este material causou expectación dende o comezo: ¿para que serven todos eses cables? ¿Por qué son de cores diferentes?

   Montamos cos pequenos pouco a pouco o Makey Makey seuindo as instrucións dadas e probamos ucnha actividade sinxela: tocar un piano en botes de auga. Encantoulles.

   A motivación que sentían por poder tocar eles as teclas acuáticas axudoulles a respectar as quendas e a ter paciencia para explicarlles o funionamento aos seus compañeiros. Entenderon moi ben o seu funcionamento: era preciso tocar o cable negro para que as teclas soasen. ¡Incluso descubrimos que tamén valía tocando a alguén que estivese tocando o cable! Isto derivou na seguinte variante da actividade... ¡que fósemos nós as teclas do piano!

   Destacar tamén que probamos diferentes xogos na plataforma Scratch. Os nenos sentíronse abraiados ao comprobar que poedríamos usar o noso propio corpo como mando para xogar no ordenador.

   De dispoñer máis tempo con eles, creo que este material podería dar moito de si como medio para lograr diferentes competencias cos pequenos. Non obstante, este só se empregou un día nesta aula, polo que o tempo supuxo unha limitación neste sentido.


22 de junio de 2017

Uso dos robots na aula de Caldelas


ZOWI:

  • Coñecemos a Zowi e as súas partes.
  • Comprobamos que camiñaba e que tiña sensores que lle permitía esquivar obstáculos.
  • Xogamos coas emocións cambiando as diferentes bocas de Zowi coa Tablet.
  • Elaboramos secuencias de movementos: levantar pata, pasos adiante, pasos atrás, moverse para un lado, para o outro,...
  • Diriximos a Zowi coa Tablet para xoar ao fútbol. Construimos unha portería cos bloques de construcción e levamos a Zowi cara á pelota para que marcase gol.
  • Creamos con diferentes materiais (bloques lóxicos, pezas de construcción,...) percorridos para que Zowi os recorrese.

OZOBOT
  • Presentamos o ozobot, vimos que era moi pequeno, a súa forma como unha pelota e que tiña unhas pequenas rodas polo que seguramente se movería.
  • Ao encendelo descubriron tamén que tiña luz, debuxamos liñas na tablet e puideron comprobar que o ozobot seguía os camiños debuxados e que a súa luz cambiaba de cor según a cor do camiño.
  • Creamos cada un un percorrido nun folio cun rolutador e comprobamos que o ozobot o seguía. Acabamos unindo os 14 folios pra formar un gran camiño para o ozobot.

MAKEY MAKEY
  • Presentamos aos nenos o makey makey. A regunta era para que servían tantos clables.
  • Conectamos o Makey Makey ao ordenador e á pizarra dixital. Na plataforma scratch buscamos un piano e colocamos uns vasos con auga no chan nos que introducimos os cables. Propuxemos facer soar o piano metendo os dedos na auga. Os nenos quedaron sorprrendidos ao ver que ao tocar a auga facían soar o piano como se fosen as súas teclas.
  • Aproveitando o día da merenda no que os nenos traen froita prouxeos tocar, esta vez, unha batería pero conectando os cables do makey makey a diferentes froitas (amorodos, peras, mandarinas, plátanos e mazás). A continuación fixemos a mesma actividade, tocar a batería, pero conectándose eles mesmos aos diferentes cables, polo que un neno dándolle unha palmada na man aos seus compañeiros facía que soase.

ESCORNABOT
  • Posto que na aula de Caldelas coincidiron os dous escornabots e os nenos xa o coñecían decidiron comprobar cal dos dous escornabots era máis rápido. Introduciron o mesmo código de pasos adiante en cada un dos robots, e fixeron unha carreira a ver cal chegaba antes á meta.

CONCLUSIÓN:
A utilización dos robots na aula de Caldelas foi moi positiva e motivadora para os nenos. Despertou moita curiosidade e interese pola súa parte.

Permitiunos traballar diferentes aspectos como:
  • Conceptos: adiante, atrás, dereita, esquerda... (dirixindo os robots)
  • Emocións (bocas de zowi)
  • Psicomotricidade fina (creando os percorridos do ozobot)
  • Cores (según a luz do ozobot polos diferentes camiños)
  • Creatividade (construindo percorridos, creando melodías co makey makey...)
Inconvenientes atopados:
  • Solucionamos a impaciencia dos nenos xa que tiñan que esperar polo seu turno facendo diferentes grupos.
  • Co ozobot o principal problema foi que as liñas que tiñan que debuxar tiñan que ser dun determinado grosor xa que doutro xeito non funcionaba.
  • Co makey makey os cables quedaron curtos e os nenos tiñan que estar moi xuntos
  • O pouco tempo que tivemos para utilizalos xa que quedaron actividades por facer e que cincidisen todos os robots ao mesmo tempo.

En xeral a experiencia foi moi positiva tanto para os nenos como para as mestras xa que todos aprendemos algo con eles.





Uso dos robots: makey-makey, ozobot e zowi na aula de Areas


Despois de usar os robots de préstamo cos nenos/as de Areas podo concluir que o que máis espertou o interese dos pequenos foi o Ozobot pola posibilidade que ofrece de que cada neno pode facer o seu propio circuito dun xeito sinxelo.
Tamén resultou atractivo o uso do Makey Makey pero ese interese que suscitou nun principio truncouse a medida que se usaba xa que os cables eran demasiado curso e resultaba algo lioso o seu uso.
O uso de Zowi tamén lle resulta atractivo aos pequenos pero, o meu parecer, o seu uso como instrumento educativo denro dunha aula é bastante restrinxido xa que os nenos o ven máis como un simple xoguete teledirixido.
Por último decir que o Escornabot foi o que a priori resultou menos interesante xa que se usou dunha maneira mais dirixida. Non obstante, a este temeos a oportunidade de poder usalo durante 2 meses máis para poder seguir experimentando con el.


21 de junio de 2017

Chegan os robots ao CRA Mestra Clara Torres









Antes de levar á aula un material, hai que probalo antes.

Tendo esta filosofía en mente, o profesorado como parte do plan de formación permanente asistiu a unhas sesións para coñecer o producto que ía a usar na aula.


Enlace ao blog no que se conta esta experiencia na que colaboraron Rubén Molinero e Ana Pérez como relatores externos mostrando a súa experiencia de aula con robótica en infantil e os seus coñecementos.
A partir de aí, o grupo de mestres do CRA Mestra Clara Torres tiveron que idear un calendario de organización, practicar cos robots e deseñar experiencias para a implementación nas súas aulas.


Despois de completar o proceso: formación, práctica individual, deseño de experiencia de aula, posta en práctica na aula, incluso montaxe dun escornabot, realizaron a avaliación do proceso. Pincha na imaxe para vela.


14 de marzo de 2015

Tablets por sorpresa


Este proyecto nace con la intención de llevar al aula las tecnologías de la información y de la comunicación, tecnologías más próximas a nosotras como por ejemplo: programas de edición de vídeos, de juegos, actividades…sin embargo, la sorpresa fue que nos ofrecieron la posibilidad de trabajar con dispositivos móviles. Por ello, nos hemos adentrado en esta aventura con la colaboración del CFR y su préstamo de las tablets para llevarlas al aula  experimentando sus grandes posibilidades con nuestros/as alumnos/as.
Cada una de nosotras dispuso de la tablet durante unos días para tomar un primer contacto con la misma, probar las aplicaciones y diseñar las actividades para su posterior puesta en práctica. Una vez que nosotras conocemos el dispositivo, lo introducimos en el aula siendo  guías para los/as alumnos/as, puesto que son ellos/as  quienes lo manejan.
Nuestras impresiones sobre todo el proceso de haber realizado las actividades con las tablets fueron muy positivas, no tiene nada que ver con las actividades tradicionales las cuales al alumnado no les sugiere nada ya que suele resultar bastante rutinario. Fue todo un gran acontecimiento cuando vieron a las profes con una tablet (para ellos/as), todos querían tocar y ver lo que ocurría cuando pinchaban en una aplicación.


 Con todo esto, hemos visto que tanto los/as alumnos/as como docentes, experimentamos, aprendimos… resultándonos enriquecedor al mismo tiempo que motivador y lúdico, destacando que queda un largo camino por recorrer ante este dispositivo y ante las posibilidades que ofrece el mismo.





Artículo realizado por las integrantes del Grupo de Trabajo: "TIC-eando no CRA" 

Frases con Notegraphy


Aplicación utilizada: Notegraphy
Precio: gratis
Dispositivo: iPad

    Proceso: Consiste en destacar a primeira letra das frases que se escriban.

    Nesta actividade cada neno/a escribía o seu nome e algunha frase que lle caracterizara.



    11 de marzo de 2015

    Creamos personaxes con voz


    Aplicación: ChatterPix Kid
    Precio: gratis
    Dispositivo: iPad 



    Proceso:

    Esta actividade consiste en crear personaxes con voz real e fíxose o seguinte:





    Cada neno fixo a súa flor e presentouse co seu nome.

    Unha imaxe con palabras

     

    Aplicación: Visual Poetry
    Precio: 1.99€
    Dispositivo: iPad 



    Proceso:
    Consiste en compoñer unha imaxe con palabras sendo algúns exemplos levados a cabo na aula os seguintes:




    A primeira imaxe foi realizada como parte do proxecto da auga. 
    Os nenos escribiron as palabras e elixiron a imaxe A na que plasmalas.


     


    A segunda imaxe foi realizada como parte de traballo para a conmemoración para a paz.