Mostrando entradas con la etiqueta Códigos QR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Códigos QR. Mostrar todas las entradas

12 de mayo de 2019

OS ODS NO IES ANTÓN ALONSO RÍOS (TOMIÑO)

Como xurdiu a idea e en que contexto?

A idea xurdiu nun contexto máis amplo ligado a un proxecto transfronteirizo e interdisciplinar no que participaban centros de ensino primario e secundario de Vilanova de Cerveira  (Portugal) e outros centros de primaria da zona de Tomiño. O tema central do proxecto era a sostinibilidade, de tal xeito que para traballar dende a materia de Xeografía e Historia no nivel de 3º da ESO pensamos en diferentes posibilidades.

O noso pequeno proxecto comezou a tomar forma trala lectura fortuita dun artigo titulado: No puede usted acabar el 2018 sin saber qué quieren decir estas siglas: ODS. Dada a relevancia e significación actual do tema e a súa vinculación coa nosa área de coñecemento, traballar cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible parecía unha boa opción. Ademáis, cabe engadir que garda relación directa con varios dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación establecidos para o nivel. Como mostra disto podemos mencionar algúns dos estándares de aprendizaxe que tomamos como refe rencia no noso proceso de avaliación:




  • XHB2.5.1. Define o desenvolvemento sustentable e describe conceptos clave relacionados con el.
  • XHB2.6.4. Identifica e nome algunhas enerxías alternativas.
  • XHB2.7.1. Procura información sobre a sobreexplotación dos caladoiros de pesca, usando recursos impresos e dixitais.
  • XHB2.13.1. Realiza un informe sobre as medidas para tratar de superar as situacións de pobreza.

Cales eran os nosos obxectivos e o noso produto final?




O produto final que queríamos crear era unha pequena exposición no noso centro sobre os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A exposición estaría integrada por unha serie de códigos QR distribuídos no centro, de tal xeito que con só achegar as cámaras dos móbiles poderíase acceder a un video explicativo creado polos alumnos e alumnas sobre cada un dos obxectivos.

Dado o caracter dos ODS e polo produto predeseñado e o soporte escollido plantexáronse diversos obxectivos que esperábamos acadar cos rapaces e rapazas unha vez rematado o proxecto. Estes obxectivos foron dende coñecer os ODS e promover a sensibilización ante a desigualdade e os problemas medioambientais, tanto no noso contexto inmediato coma nun contexto internacional; así mesmo, buscamos comprender a importacia de deseñar propostas alternativas para afrontar os grandes retos da actualizadade e fomentar as iniciativas e o emprendemento do alumanado para acadar diversas solucións; e cabe engadir outros obxectivos ligados a valorar a existencia de diversas fontes de información e a necesidade de contrastalas, ou potenciar o uso das TIC´s coma instrumentos de creación e difusión de proxectos e ideas.

Como o fixemos?

Traballamos en agrupamentos colaborativos, con grupos integrados por 4 ou 5 alumnos e alumnas. Para facer o proxecto completáronse unha serie de pasos que se concretaron en varias tarefas avaliables realizadas ao longo dun total de sete sesións:
  • TAREFA 1:  Fíxose unha primera achega aos ODS a través da lectura e posterior análise dun estracto do artigo previamente mencionado.
  • TAREFA 2: Cada grupo levou a cabo unha pequena achega de información sobre o obxectivo asignado, atendendo tanto a aspectos xerais como a posibles vías para acadalo. Para a investigación cada grupo tomou como referencia diversas fontes dixitais para o cal foi necesario desenvolver a tarefa na aula de informática do centro.
  • TAREFA 3: Seleccionaron aquela información relevante para explicar brevemente e dun xeito claro en que consistía o obxectivo facendo fincapé na súa importancia e relevancia no conxunto dos ODS. Ademais, escolleron caso/s que serviran coma exemplo das vías e/ou métodos posibles que permitan acadar o obxectivo. Con esta información elaboraron un  guión que constaba dun mínimo de 325 palabras e que constituiu o corpo do discurso no video.
  • TAREFA 4: Na última tarefa empregáronse como ferramenta as tablets cedidas polo CFR de Vigo, así cada grupo deseñou e elaborou o video explicativo correspondente a cada obxectivo.

No desenvolvemento do proxecto empregamos diversas aplicacións que serviron coma ferramentas e instrumentos tanto de xestión colaborativa da información (Google Drive), como de grabación e edición de audios (Notas de voz e Garage Band), deseño e elaboración de videos animados e presentacións tipo whiteboard (Renderforest) ou para a difusión do produto (Youtube, códigos QR).

Como difundimos a nosa creación?

Crearon un total de 18 videos explicativos e presentacións tipo whiteboard, o primeiro dos cales trátase dunha explicación xeral sobre os ODS, e os 17 restantes tratan cada un dos 17 obxectivos. Aquí tedes algúns exemplos:
Video presentación: https://www.youtube.com/watch?v=q_yyZE3kUTQ&t=3s
Obxectivo número 6 (Auga limpa e saneamento): https://www.youtube.com/watch?v=sKG1pG-7ohM&t=16s
Obxectivo número 7 (Enerxía asequible e non contaminante): https://www.youtube.com/watch?v=-4gLVcg6tdo&t=2s
Obxectivo número 9 (Industria, innovación e infraestrutura): https://www.youtube.com/watch?v=rUtcK8C_h9s&t=11s
En toda creación na que participe o alumnado de forma conxunta é esencial a súa posterior difusión, de tal xeito que eles mesmos comproben o impacto potencial que poden xerar no seu entorno inmediato e non tan inmediato. Neste sentido valoramos varias posibilidades para chegar ao máximo público posible:

  • Empregamos Youtube coma plataforma de publicación para todos os videos.
  • Montamos unha pequena exposición no centro cos videos a través de códigos QR. Tratouse dunha exposición que se fixo en colaboración co Departamento de FOL que estaba traballando co mesmo contido.
  • Procedeuse a difundir o proxecto mediante as RRSS do centro.
  • Deseñáronse actividades dende as titorías dos diferentes niveis da ESO para dinamizar a exposición entre o alumnado do centro, dando a oportunidade de participar activamente ao alumnado na reflexión e formulación de posibles solucións aos problemas plantexados nos videos.

        



IPads no CEIP Otero Pedrayo





No CEIP Otero Pedrayo decidimos pedir unha maleta de iPads ao CFR para poder traballar co alumnado as competencias dixitais aproveitando un momento no que no centro quedamos sen a aula de informática por unha avaría técnica.
Por unha parte pretendíamos manter o funcionamento das clases de robótica ainda que non tiveramos os ordenadores e por outra banda xurdiron outras dous actividades nas que participou todo o centro: a realización dun xogo empregando un Kahoot! E outro xogo empregando códigos QR que se desenvolveu dende o departamento de Educación Física involucrando a todo o alumnado de primaria.
Para as dúas actividades partimos da base do proxecto de centro (mulleres con pegada) Do seguinte xeito:
  • No caso do Kahoot! O alumnado elaborou unha serie de preguntas coas súa correspondente respostar que os profes rexistraron na App Kahoot! para despois entre todos xogar coas preguntas e ver canto sabía cada grupo sobre as mulleres que estamos a traballar no cole.
  • No caso da gymkana cos código QR o peso recaeu sobre o profesor de educación física que preparou un xogo de orientación no que tiñan que percorrer o centro  por equipos (cada un con un iPad) buscando as pistas  había en diversos carteis repartidos polo centro, unha vez atopada a pista co código QR tiñan que abrir unha páxina de internet na podían atopar a información necesaria sobre a pregunta que se lles plantexaba en cada estación para continuar ou para realizar o reto que se lles pedía (imitar o triple salto de Ana Peleteiro, realizar unha montaxe en Chroma ascendendo o Everest como Edurne Pasaban…)
Debemos dicir que o alumnado quedou encantado coas actividades, e que doutro xeito non poderíamos ter feito. Poderíamos facer un concurso de preguntas tipo "Saber e Gañar"  pero non tería a grandísima acollida que tivo o Kahoot! polo mero feito de facelo cos iPads.
Por outro lado, no caso da Gymkana, de non ter os iPads non poderíamos empregar os códigos QR nin a busca de información podería ser tan rápida polos corredores adiante.

20 de junio de 2018

O PARAUGAS NA ARTE


ARTIGO DE CREACIÓN DE AULA: O PARAUGAS NA ARTE

Recentemente no centro merc amos unha tea verde para facer un recuncho chroma así que a
miña idea era iniciar aos nenos e nenas nesta técnica.

O proxecto anual deste curso foi os inventos, titulámolo IN-XENIOS, e na aula de 5o
traballamos sobre o invento do paraugas. Como eu deilles este curso, ademais de TICS, tamén
plástica, quixen xuntar ambas actividades.

Na aula de TICS buscaron cadros con paraugas que logo reproduciron en plástica. Gravamos co
efecto chroma unha breve descrición dos cadros e esta incluímola nun código QR que cada un
personalizou e pegámola no noso cadro.

A verdade é que resultou unha actividade moi atractiva para os alumnos/as coa que
aprenderon un montón.
Aquí están algunhos dos nosos cadros: https://www.youtube.com/watch?v=LbyeIQy8cD

        

       

        

E aquí están os enlaces a algúns dos vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=O0-SwMcN28A
Ademais desta actividade, tamén buscamos información sobre a orixe do paraugas e
gravámola con esta técnica chroma:

https://www.youtube.com/watch?v=N5SUkkuol6w
ARTIGO DE CREACIÓN:

TRABALLO DE VALORES: A DISCRIMINACIÓN

Outro traballo que fixemos coa axuda das tablets foi na clase de 6o para a asignatura de
valores crearon un vídeo con MOVIE MAKER, reproducímolo co chroma e gravárono: