Fai uns días, con
motivo do día do libro no meu colexio o
Ceip Serra Vincios tivemos a oportunidade de ter nas nosas aulas 6 Ipads e organizar unha serie de
actividades para iniciar aos alumnos e aos mestres no emprego dos dispositivos móbiles
na rutina diaria.
Previa chegada
dos Ipads ao centro, dende o equipoTIC, e en colaboración ca biblioteca
propuxemos centrar as actividades, que propoñiamos aos compañeiros, en crear
historias a través de contos ou banda deseñada.
Como os mestres non tiñan moita
experiencia con estes dispositivos, eu programei unha serie de sesións dentro da coordinación Tic e gardas, cos rapaces e os Mestres dos diferentes cursos.
Nun primeiro momento
explicamos como funcionaba a App e logo empezaron a crear historias facendo
posible que tanto nenos como maiores coñeceran o seu funcionamento.
A maioría dos
cursos de primaria empregaron a App Creatales , o seu funcionamento é moi
sinxelo e intuitivo e as posibilidades que nos brindan son numerosas
Dependeu do curso
o plantexamento da actividade era máis ou menos dirixido
No primeiro ciclo
de primaria consistiu en crear pequenas escenas onde os personaxes clásicos
eran os protagonistas e eles intentaban representar algún momento da historia.
Con esta App foi moi doado que os rapaces déranse conta de aspectos moi
importantes que atopamos nos contos como son: o Autor, as Personaxes, o Título…
Foi a
partir de terceiro onde o traballo tivo especial relevancia, os obxectivos
que nos propuxemos a partir deste nivel foron os seguintes:
-
Comprender
e empregar a estrutura narrativa:plantexamento, nó e desenlace
-
Coñecer
e usar os principais signos de puntuación
-
Valorar
o traballo propio e o dos compañeiros
-
Sentirse
parte do grupo e respectar as diferentes opinión como forma para o
enriquecemento mutuo
Propúsoxe unha
actividade que resultou moi divertida : crear diferentes finais o conto clásico
de carapuchiña vermella, aquí vos deixamos algúns deles