ARTIGO DE CREACIÓN DE AULA
Grazas á petición das tablets de
empréstito do CFR de Vigo os alumnos do CEIP Plurilingüe Javier Sensat
traballaron ao longo dunha semana coas tablets algún contido ou tema que
estaban a dar antes da semana santa ao final da segunda avaliación.
1. Facer un esquema con Popplet para unha exposición con PowerPoint ou Keynote
Emprego dun esquema con Popplet en grupo cooperativo para unha posta en común do grupo empregando Keynote ou PowerPoint.
-
Traballamos cos esquemas Popplet nos cursos altos de primaria de
terceiro e cuarto para facer esquemas de temas ou contidos dunha maneira
máis doada e divertida.
• O curso de terceiro e quinto
empregaron esta APP para realizar os seus esquemas personalizados na
materia de naturais. No caso de terceiro fundamentalmente tiñan que
facer en grupo o esquema dunha parte da unidade que se lles dera. Por
exemplo os animais vertebrados foron tratados nas exposicións que
fixeron ao rematar o traballo.
• Os sete grupos de traballo
cooperativo decidiron os animais dos que ían falar e presentar logo na
posta en común en grupo tendo en conta se eran carnívoros, herbívoros,
omnívoros, etc. O Ipad empregouse como un folio xiratorio no que ían
engadindo fotos atopadas en internet e información sobre a que tiñan que
falar no soporte dixital do Keynote.
• Nesta parte
traballaron a competencia dixital, aprender a aprender e sociais e
cívicas á hora de compartir o Ipad e traballar como folio xiratorio.
-
Posteriormente fíxose unha exposición do traballo de naturais en
grupos cooperativos de catro empregando a tablet e os programas Keynote
de apple e PowerPoint de windows.
• Os de terceiro fixeron o
seu traballo en grupo cunha posta en común dos animais elexidos para
cada grupo de traballo. Así logo puderon expoñer os traballos en grupo
por medio dun pasador de diapositivas ou o propio ipad. Anteriormente
buscaron a información e puxérona nun folio cunha foto que despois
incluían no traballo.
• Aquí traballáronse as competencias
da comunicación lingüística en galego, a dixital, aprender a aprender e o
sentido de iniciativa e emprendedor.
• Keynote e PowerPoint
son programas do propio sistema operativo IOS e Windows-office
respectivamente e podíanse empregar tanto cos IPads na clase ou na casa
co sistema operativo que quixeran.
Na
foto superior podemos ver o esquema con Popplet e á dereita unha das
presentacións dos alumnos que logo puxeron en común. Cada alumno
escolheu un exemplo de animal e buscou en internet as características
para expoñelas logo coa información na presentación.
A descarga de Popplet para Ipad é esta:
https://downloads.tomsguide.com/Popplet,0301-31747.html
2. Repaso ou avaliación de contidos aprendidos da unidade por medio da App KAHOOT ou EDMODO
Emprego da App Kahoot ou Edmodo para contestar en grupo cooperativo un test de 20 preguntas dun tema de sociais.
-
Nos cursos altos dende terceiro ata sexto traballaron con KAHOOT ou
EDMODO para facer un test de modo divertido e comprobar os contidos
aprendidos.
• O mestre preparou na plataforma online de
kahoot varios test de 20 preguntas sobre os temas tratados en 3, 4 e 5
EP e logo tiveron que responder ao test de elección múltiple en grupos
de 4. Os rapaces estiveron moi motivados facendo os exercicios e
atendendo á competición pero sobre todo traballaron en equipo e
competiron doutra maneira distinta.
• Os cursos de
terceiro, cuarto e quinto fixeron probas da materia de sociais
empregando esta APP para comprobar o aprendido.. As probas de tipo test
fixéronse na biblioteca para simular un concurso de múltiple elección na
que escollían a solución en grupo co seu ipad. Tiñan que cooperar entre
eles en grupo para chegar a unha resposta común que tiñan que escolher
por quendas empregando o ipad.
• No caso de 5º tamén
traballaron na clase en grupo pero sen competir entre os grupos. Fixeron
probas preparadas polo mestre e outras relacionadas en liña do programa
KAHOOT.
- A mellor conclusión é que fixeron un test de
contidos válidos para o mestre de maneira lúdica e sabendo o resultado
no momento. O éxito de Kahoot foi tal que finalmente non deu tempo a
probar Edmodo nestes grupos pero a esta última app é mais versátil á
hora de facer distintas preguntas non só de elección múltiple ou de
emparellar.
• As competencias tratadas foron de competencia
comunicativa lingüística oral e escrita en galego xa que tiña que ler
as preguntas e respostas nalgún caso para os dous nenos disléxicos de
terceiro. A competencia dixital traballouse nun formato distinto
competitivo pero que tiñan tamén que compartir o Ipad rotándose en
grupos as respostas e decidir antes entre eles oralmente facilitando así
a competencia comunicativa e tamén social. Por outra banda os condidos
foron reforzados dunha maneira lúdica distinta traballando a competencia
de aprender a aprender e tamén a cultural.
• Todas as
preguntas tiñan a canela de imaxe engadida para que lles fora máis
doado. Así os contidos reforzáronse máis e a competencia cultural do
tema tamén foi tratado no canto á organización da política e relacións
europeas.
A actividade realizouse nunha sesión cada curso do segundo
e terceiro ciclo e as respostas positivas eran reforzadas con
entusiasmo no grupo de cada equipo e non só individualmente. Ademais a
comunicación anterior a decidir a resposta foi moi importante.
Estos foron algúns dos resultados da sesión de Kahoot cos alumnos de terceiro.
Pódese
apreciar a cantidade de respostas positivas en verde e en bermello
negativas. Esta proba fíxose despois individualmente nos ordenadores do
colexio. Por outra banda os resultados finais foron sempre en grupo.
Esta é a descarga do kahoot para distintos dispositivos.
https://kahoot.com/mobile-app/
3. Emprego de fotocopias para colorear e a App Quiver para darlle vida con realidade aumentada AR
Emprego
da App Quiver con algúns contidos de valde fotocopiables con distintos
motivos e contidos moi adaptables a infantil e primaria.
- A
intención foi de aplícalo a infantil xa que foi doado para eles colorear
certos debuxos como coches, árbores e animais. Os rapaces despois de
colorealos puideron ver coa tablet como tiñan vida e movíanse e incluso
nalgún caso tiñan sonidos como os coches ou podían xogar coa xirafa e
buscar ovos escondidos.
• O mestre preparou as fotocopias
de valde da aplicación e que, unha vez coloreadas, funcionaban despois
de cargar o contido do debuxo na aplicación. Tras pasar un minuto da
carga do contido xa se podía desfrutar do debuxo en movemento. Unha vez
cargado o debuxo unha vez xa non facía falta esperar.
- Unha
vez probado con infantil tentamos tamén facelo con un grupo de segundo
primaria na clase de plástica en inglés “Arts and Crafts”. Os alumnos
remataron moi cedo a actividade que foi con fotocopias relacionadas coa
celebracíon da pascua en inglés chamado “Easter egg-hunt”.
•
A actividade foi tan boa que fixemos unha exposición dos debuxos na
cortiza de fora da escola sobre a que os alumnos logo podían ver as súas
obras expostas e podían co ipad tamén ver como se movían outros debuxos
feitos polos seus compañeiros.
- Os contidos traballados
foron propios da plástica en infantil e o traballo manipulativo con
ceras ou DACS e en primaria coloreando con lápices de cores na clase de
inglés e traballando os contidos culturais da costume inglesa da
búsqueda dos ovos escondidos que se fixeron no patio posteriormente coa
colaboración da mestra de inglés. Por outra banda ademais reforzouse a
competencia dixital co dominio do ipad no canto dos alumnos de infantil
empregando a cámara do ipad para centrar o debuxo.
A actividade levou tan só unha sesión tanto para infantil como
para o segundo curso de primaria e a preparación anterior tan só foi de
ter as fotocopias seleccionadas para os contidos a dar como polo número
dos alumnos de cada clase.
• Algúns nenos e nenas de infantil non chegaron a pintar perfectamente os ebuxos pola falta de destreza manual das ceras pero en xeral a maioría lograron dar cor inda que se saísen do debuxo.
Esta é a páxina na que se poden atopar as fotocopias por temas ou contidos e o problema estaría en atopar as de valde que soen levar publicidade como neste caso ToysRus para o “Easter Egg-hunt”.

4. Emprego de fotos para atopar información agochada no patio da escola co Wallame de AR
Os alumnos de terceiro de primaria traballaron os distintos tipos de minerais na unidade de naturais e logo cos IPads buscando os minerais agochados polo patio en lugares singulares.
- O contido a traballar era os nomes e tipos de minerais de Galicia e de todo o mundo dados na clase e traballados manipulativamente con exemplos de minerais do antigo laboratorio da escola.
• O mestre preparou de antemán as fotos dos distintos minerais co nome ou información referente aos minerais. Logo coa aplicación descargada no ipad e aberta sacouse as fotos dos lugares ou detalles do patio que se querían vincular ás fotos dos minerais.
• Así unha vez feita a vinculación os alumnos entrarían na app nos seus Ipads e en grupos de catro tería que atopar o maior número de minerais agochados e coas fotos tomadas do mineral que aparece e anotado nunha libreta que leva cada grupo.
- En grupos cooperativos de traballo foron buscando polo colexio adiante as pistas coa app do ipad e a cámara para que lles saíse a información que os alumnos do grupo apuntaban nunha libreta. Logo turnábanse co Ipad para atopar outras pistas e os demais apuntaban os resultados.
• Este app resultou moi interesante para aprender contidos aillados con conceptos novos dífíciles e que deben fixarse en detalles ou completar con información. Ademais os rapaces estiveron en movimento todo o rato e concentrados na tarefa. A aprendizaxe en movemento, traballando en equipo e con un obxectivo competitivo foi moi motivadora e os alumnos e alumnas acabaron bos resultados sobre o tema tratado. Posteriormente os alumnos tiveron que describir os minerais de maneira escrita nas súas libretas e de forma oral.
• Traballouse as competencias dixitais, aprender a aprender, comunicativa oral e escrita e competencias sociais e cívicas dentro do traballo en equipo cooperativo. As creacións finais foron o reconto de minerais e a información obtida coa libreta de campo e coas probas das fotos.
• A actividade realizouse en varias sesións das cales dúas foron de búsqueda polo patio e recollida de datos no grupo e logo todo o grupo en conxunto demostrando as fotos de cada equipo.
A app “WallaMe” para descargar en calqueira dispositivo é esta:
http://walla.me/
5. Emprego de Realidade Aumentada coa App Aurasma para vincular videos a imaxes da realidade.
Os alumnos de terceiro de primaria traballaron o día das letras galegas facendo un cartel co seu libro “A Brétema” como se fose un romance de cego con viñetas e u resumo de cada debuxo. Logo vinculáronse as viñetas con debuxos aos videos dos alumnos e alumnas que se gravaron por medio dunha imaxe da homenaxeada que move os ollos e os beizos por medio da App Morpho.
Os de terceiro de primaria tamén trraballaron con realidade aumentada ou AR por mediación da aplicación AURASMA que permite unificar fotos e videos grabados con anterioridade e fotos dun cartel moi parecido á app Wallame. Así que o titor de terceiro decidiu empregar AR para presentar o mural das letras galegas.
• Primeiro fíxose o mural na clase trraballando o libro "A Brétema" da homenaxeada das letras galegas deste ano e cada neno fixo un pequeno resumo da súa parte do libro e un pequeno debuxo representando o libro.
• Logo expúxose nunha cartolina grande e sacáronse as fotos de cada un dos rapaces cun total de 25 fotos e viñenas como se fose un romance de cego pero empregando o ipad con cada viñeta para que saíse o video grabado anteriormente do neno falando do resumo do libro. Así fixeron videos dun libro da homenaxeada para que aparecesen sobre o mural que se mostrou na corticeira da entrada do colexio.
- Aquí traballáronse os contidos do libro da homenaxeada e o seu estilo de escribir cumprindo as competencias dixitais, comunicativa oral e escrita en galego, aprender a aprender con resumos do libro para cada un dos alumnos e alumnas de clase e tamén a importancia da competencia cultural do galego e o día das letras galegas dunha maneira lúdica.
Os alumnos e alumnas tamén cos seus IPads podían escoitar e ver os videos orientando a cámara cara cada viñeta do cartel e así enterarse de toda a historia do libro.
http://classwithapps.com/2012/11/morfo/
6. Emprego de Chatterpix na aula de primaria para presentarse cun vídeo persoal con información básica.
Este ano tamén quixemos introducir as tablets en infantil e o resultado da experiencia empeza a ilusionar aos mestres e mestras de infantil que o van a empregar para o ano que ven.
- Así os nenos de tres anos empezarán coa Mestra Fina na segunda avaliación compartindo as tablets do Mestre Manuel de 2ª. A editorial de contidos dixitais para tablets Snappet vai ser a escollida para iniciar aos máis pequeniños no mundo dixital e traballar contidos ou estándares de infantil dunha maneirra lúdica en grupos ou recantos.
• A experiencia de infantil tamén foi positiva ao traballar cos Ipads en grupos nos rapaces de 5 anos coa app Chatterpix. Explicóuselles que tiñan que sacarse unha foto selfie cada un co Ipad e logo na app cortarse a boca e así grabar algo que dixeran deles como o nome, os anos e o que lles gustaba. A maioría fixérono sen axuda e pasáronse o Ipad dentro do grupo pero á hora de grabarse tiñan que saír da clase por mor do ruído dos outros rapaces. Finalmente, os nenos podían decorar a súa foto con elementos ou stickers que lles gustasen e fíxose un video final da actividade para colgar na páxina do colexio.