Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

25 de junio de 2019

STOPMOTION “CANTAS PINGAS NA CIDADE”

ARTIGO CREACIÓN DE AULA

TITULO: STOPMOTION “CANTAS PINGAS NA CIDADE”

CENTRO EDUCATIVO: E.E.I. Monte do Alba,
ETAPA EDUCATIVA: Educación Infantil..
CICLO: 2º ciclo
COMPETENCIA CURRICULAR:
 competencia lingüística: o alumnado ten que realizar a adaptación do conto  co seu vocabulario.
- competencia artística,: creación elaboración das personaxes, escenarios.. que saen no stopmotion.
- competencia dixital,: aprender a utilizar o programa de stopmotion, uso dun disparador inalámbrico, aprender a grabar voz co programa.
- competencia matemática: organización espacial dos obxetos e personaxes en cada na escena do conto. 
MATERIAL :
 Uso do Ipad do cefore
 Material funxible para a realización dos escenarios
 Trípode e disparador inalámbrico.

PROCESO DA ACTIVIDADE

 A escola decidiu participar na campaña “Nós tamén creamos “ convocado por política lingüística . Dito concurso consitía na elaboración dun stopmotion a partir da selección dus contos aportados por a editorial OQO. A nosa escola fixo unha votación entre todo o alumnado e saiu escollido o conto “Cantas pingas na cidade”. Cada mestra encargouse de elaborar 3 esceas do conto. Cada escea supuxo facer escenarios, personaxes, texto oral, grabación foto a foto.  E para rematar montaxe do conto por todo o alumnado.

CREACIÓN REALIZADA:
 Realización da curtametraxe “Cantas pingas na cidade”. Enviámosvos o make-off e a curtametraxe.
 Tamén podedes vela na paxina we da nosa escola:
http://www.edu.xunta.gal/centros/eeimontealba/
                  
 https://youtu.be/QEtOkd4fVec  CURTAMETRAXE




https://youtu.be/3Euei6OrbCE   MAKE-OFF

12 de mayo de 2019

TABLETS NO CEIP A CANICOUVA


PRÉSTAMO TABLETS CEIP A CANICOUVA.


ONDE E POR QUÉ  :

Nunha reunión do equipo TIC do CEIP A Canicouva, en Vigo, abordouse a posibilidade de solicitar opréstamo de seis  tablets do CEFORE de Vigo. Na mesma xuntanza houbo interese  por parte de dous mestres, unha mestra de apoio de infantil e o mestre do grupo de cuarto A de primaria.
As motivacións foron diversas: A mestra de infantil entre as súas horas de apoio adicaba unha delas ao traballo coas Tic´s con varios dos grupos. O traballo nos ordenadores do colexio era bastante limitado polas condicións dos equipos (poucos, obsoletos, dificultades de conexión,...). Sinalou a posibilidade de traballar a relidade aumentada coma parte dos proxectos de aula que facian nese intre sobre os animais.
O mestre de primaria contemplou a posibilidade do uso de tablets en dúas direccións: unha como elemento motivador e de aprendizaxe individual e outra como dinamizador dun traballo en equipo.

PARA QUE:

A acción situouse dentro da consecución de diferentes obxectivos:

  • Desenvolver o pensamento lóxico e a capacidade creativa, aprendendo a disfrutar e respectar as creacións propias e alleas.
  •  Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias naturais e sociais, xeografía, historia e cultura. 
  • Coñecer manifestacións do patrimonio local.
  • Iniciarse nas TIC.

COMO E QUÉ:

Establecéronse días de utilización alternos que tiveran en conta os diferentes horarios de ambolosdous e condicións de uso.

O traballo en infantil desenvolveuse da maneira seguinte:

Nas aulas de Educación Infantil do CEIP Canicouva de Vigo, tivemos o privilexio de descubrir divertidas e proveitosas aplicacións dos Ipad´s que nos prestaron dende o CEFORE. 

Algunhas destas aplicacións, como Zookazam,  de realidade aumentada, permitíronnos achegarnos a moitos animais que estábamos a traballar na aula, co proxecto de animais en perigo de extinción. A partir desta app, e empregando unha plantilla, os nenos/as poideron descubrir en 3D, características fisiolóxicas dunha gran variedade de animais.


Outra app empregada, foi a de Tiny Tap, moi útil para reforzar conceptos loxico-matemáticos así como lectoescritura, esta aplicación deunos a posibilidade aos Mestres de crear xogos axeitados para levar a cabo nas diferentes idades.




En Cuarto de primaria o traballo coas tablets foi en dúas direccións:


En primeiro lugar abriuse unha conta na aplicación de Smartick que permitiu o uso gratuito durante quince días, nos cales cada alumno tiña o seu usuario e seguiu a súa ruta de aprendizaxe individual. Esta aplicación fai unha primeira valoración dos coñecementos de matemáticas que ten o usuario e logo deseña un plan individualizado de traballo, con unha interfaz de xogo, con niveis e pantallas.
Unha vez feita a primeira valoración, en quendas de cinco usouse a tablet diariamente durante os quince días de proba por períodos de dez minutos cada neno/a.
Aparte deste uso regular e diario, durante o mesmo período, ofreceuse a posibilidade de uso e traballo na aplicación aos nenos/as que ían rematando as súas tarefas noutros momentos da mañá. Procurouse que todos tiveran acceso aos equipos da mesma maneira.




Ademais, o equipo de biblioteca propuxo un traballo de coñecemento de diferentes zonas de Vigo, coa intención que fora o “leiv motiv” á celebración do Entroido do colexio de maneira conxunta. O noso nivel escolleu o Casco Vello e a Reconquista, evento que ía ter lugar logo do Entroido na cidade.



Con ese motivo se lle propuxo aos nenos e nenas un proxecto sobre a Reconquista de Vigo. Este traballo consistiría na busca de información sobre a historia deste episodio na cidade. Por equipos buscaron documentación e fotos, músicas e vídeos sobre a festa para elaborar un guión. Para este traballo dispuxeron dunha tablet por equipo, debían buscar o material necesario, baixalo, gardalo nunha carpeta de equipo e logo, entre todos redactar un guión.




A tarefa final consistiu na gravación coa aplicación iMovie dun vídeo para, primeiro, proxectar na clase onde deberiamos calificar todos e todas de 1 a 4 puntos; logo,os dous máis valorados, proxectalos ao outro grupo de cuarto de primaria e aos niveis de terceiro e quinto. 



VALORACIÓN:

 A valoración é positiva polo que supuxo de motivación para o traballo dos nenos e nenas, tanto en infantil coma en primaria. O uso de este tipo de aparellos sempre é ben recibido e motivante para o alumnado.


Aporta coñecemento en tecnoloxías actuais polo que neste aspecto sentímonos satisfeitos.
Nos resultados e producións obtidas, a valoración por parte da mestra de infantil é positiva, tamén, xa que o uso e rendemento acadado é satisfactorio.
No relativo a primaria, os resultados foron variables, con vídeos producidos de alta calificación e outros con pouco traballo e unha produción moi simple.
Neste senso, sería preciso o uso durante máis tempo para poder sacarlle máis partido as diferentes aplicacións.
Como consideración xeral, sempre é motivante o uso deste tipo de equipos, permite un ensino mais individualizado, máis autónomo e axeitado aos diferentes ritmos de aprendizaxe.
Quizais coma proposta de mellora que se recordase aos usuarios a necesidade de uso de estes aparellos de maneira responsable, non creo que sexan para usos persoais de redes sociais, correo electrónico privado  e non se deberían instalar aplicacións sen reflexionar o seu aproveitamento e a súa necesidade. A limpeza de arquivos antes da entrega no CEFORE sería tamén oportuna, segundo o noso punto de vista.