Mostrando entradas con la etiqueta competencia dixital. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta competencia dixital. Mostrar todas las entradas

6 de julio de 2018

IPADS E APPS NO JAVIER SENSAT


ARTIGO DE CREACIÓN DE AULA

Grazas á petición das tablets de empréstito do CFR de Vigo os alumnos do CEIP Plurilingüe Javier Sensat traballaron ao longo dunha semana coas tablets algún contido ou tema que estaban a dar antes da semana santa ao final da segunda avaliación.

1. Facer un esquema con Popplet para unha exposición con PowerPoint ou Keynote

Emprego dun esquema con Popplet en grupo cooperativo para unha posta en común do grupo empregando Keynote ou PowerPoint.

- Traballamos cos esquemas Popplet nos cursos altos de primaria de terceiro e cuarto para facer esquemas de temas ou contidos dunha maneira máis doada e divertida.

• O curso de terceiro e quinto empregaron esta APP para realizar os seus esquemas personalizados na materia de naturais. No caso de terceiro fundamentalmente tiñan que facer en grupo o esquema dunha parte da unidade que se lles dera. Por exemplo os animais vertebrados foron tratados nas exposicións que fixeron ao rematar o traballo.

• Os sete grupos de traballo cooperativo decidiron os animais dos que ían falar e presentar logo na posta en común en grupo tendo en conta se eran carnívoros, herbívoros, omnívoros, etc. O Ipad empregouse como un folio xiratorio no que ían engadindo fotos atopadas en internet e información sobre a que tiñan que falar no soporte dixital do Keynote.

• Nesta parte traballaron a competencia dixital, aprender a aprender e sociais e cívicas á hora de compartir o Ipad e traballar como folio xiratorio.

- Posteriormente fíxose unha exposición do traballo de naturais en grupos cooperativos de catro empregando a tablet e os programas Keynote de apple e PowerPoint de windows.

• Os de terceiro fixeron o seu traballo en grupo cunha posta en común dos animais elexidos para cada grupo de traballo. Así logo puderon expoñer os traballos en grupo por medio dun pasador de diapositivas ou o propio ipad. Anteriormente buscaron a información e puxérona nun folio cunha foto que despois incluían no traballo.

• Aquí traballáronse as competencias da comunicación lingüística en galego, a dixital, aprender a aprender e o sentido de iniciativa e emprendedor.

• Keynote e PowerPoint son programas do propio sistema operativo IOS e Windows-office respectivamente e podíanse empregar tanto cos IPads na clase ou na casa co sistema operativo que quixeran.

  

Na foto superior podemos ver o esquema con Popplet e á dereita unha das presentacións dos alumnos que logo puxeron en común. Cada alumno escolheu un exemplo de animal e buscou en internet as características para expoñelas logo coa información na presentación.

                     




A descarga de Popplet para Ipad é esta:

https://downloads.tomsguide.com/Popplet,0301-31747.html





2. Repaso ou avaliación de contidos aprendidos da unidade por medio da App KAHOOT ou EDMODO

Emprego da App Kahoot ou Edmodo para contestar en grupo cooperativo un test de 20 preguntas dun tema de sociais.

- Nos cursos altos dende terceiro ata sexto traballaron con KAHOOT ou EDMODO para facer un test de modo divertido e comprobar os contidos aprendidos.

• O mestre preparou na plataforma online de kahoot varios test de 20 preguntas sobre os temas tratados en 3, 4 e 5 EP e logo tiveron que responder ao test de elección múltiple en grupos de 4. Os rapaces estiveron moi motivados facendo os exercicios e atendendo á competición pero sobre todo traballaron en equipo e competiron doutra maneira distinta.

• Os cursos de terceiro, cuarto e quinto fixeron probas da materia de sociais empregando esta APP para comprobar o aprendido.. As probas de tipo test fixéronse na biblioteca para simular un concurso de múltiple elección na que escollían a solución en grupo co seu ipad. Tiñan que cooperar entre eles en grupo para chegar a unha resposta común que tiñan que escolher por quendas empregando o ipad.

• No caso de 5º tamén traballaron na clase en grupo pero sen competir entre os grupos. Fixeron probas preparadas polo mestre e outras relacionadas en liña do programa KAHOOT.

- A mellor conclusión é que fixeron un test de contidos válidos para o mestre de maneira lúdica e sabendo o resultado no momento. O éxito de Kahoot foi tal que finalmente non deu tempo a probar Edmodo nestes grupos pero a esta última app é mais versátil á hora de facer distintas preguntas non só de elección múltiple ou de emparellar.

• As competencias tratadas foron de competencia comunicativa lingüística oral e escrita en galego xa que tiña que ler as preguntas e respostas nalgún caso para os dous nenos disléxicos de terceiro. A competencia dixital traballouse nun formato distinto competitivo pero que tiñan tamén que compartir o Ipad rotándose en grupos as respostas e decidir antes entre eles oralmente facilitando así a competencia comunicativa e tamén social. Por outra banda os condidos foron reforzados dunha maneira lúdica distinta traballando a competencia de aprender a aprender e tamén a cultural.

• Todas as preguntas tiñan a canela de imaxe engadida para que lles fora máis doado. Así os contidos reforzáronse máis e a competencia cultural do tema tamén foi tratado no canto á organización da política e relacións europeas.
A actividade realizouse nunha sesión cada curso do segundo e terceiro ciclo e as respostas positivas eran reforzadas con entusiasmo no grupo de cada equipo e non só individualmente. Ademais a comunicación anterior a decidir a resposta foi moi importante.

Estos foron algúns dos resultados da sesión de Kahoot cos alumnos de terceiro.

Pódese apreciar a cantidade de respostas positivas en verde e en bermello negativas. Esta proba fíxose despois individualmente nos ordenadores do colexio. Por outra banda os resultados finais foron sempre en grupo.

Esta é a descarga do kahoot para distintos dispositivos.
https://kahoot.com/mobile-app/

3. Emprego de fotocopias para colorear e a App Quiver para darlle vida con realidade aumentada AR

Emprego da App Quiver con algúns contidos de valde fotocopiables con distintos motivos e contidos moi adaptables a infantil e primaria.

- A intención foi de aplícalo a infantil xa que foi doado para eles colorear certos debuxos como coches, árbores e animais. Os rapaces despois de colorealos puideron ver coa tablet como tiñan vida e movíanse e incluso nalgún caso tiñan sonidos como os coches ou podían xogar coa xirafa e buscar ovos escondidos.

• O mestre preparou as fotocopias de valde da aplicación e que, unha vez coloreadas, funcionaban despois de cargar o contido do debuxo na aplicación. Tras pasar un minuto da carga do contido xa se podía desfrutar do debuxo en movemento. Unha vez cargado o debuxo unha vez xa non facía falta esperar.

- Unha vez probado con infantil tentamos tamén facelo con un grupo de segundo primaria na clase de plástica en inglés “Arts and Crafts”. Os alumnos remataron moi cedo a actividade que foi con fotocopias relacionadas coa celebracíon da pascua en inglés chamado “Easter egg-hunt”.

• A actividade foi tan boa que fixemos unha exposición dos debuxos na cortiza de fora da escola sobre a que os alumnos logo podían ver as súas obras expostas e podían co ipad tamén ver como se movían outros debuxos feitos polos seus compañeiros.

- Os contidos traballados foron propios da plástica en infantil e o traballo manipulativo con ceras ou DACS e en primaria coloreando con lápices de cores na clase de inglés e traballando os contidos culturais da costume inglesa da búsqueda dos ovos escondidos que se fixeron no patio posteriormente coa colaboración da mestra de inglés. Por outra banda ademais reforzouse a competencia dixital co dominio do ipad no canto dos alumnos de infantil empregando a cámara do ipad para centrar o debuxo.


A actividade levou tan só unha sesión tanto para infantil como para o segundo curso de primaria e a preparación anterior tan só foi de ter as fotocopias seleccionadas para os contidos a dar como polo número dos alumnos de cada clase.

• Algúns nenos e nenas de infantil non chegaron a pintar perfectamente os ebuxos pola falta de destreza manual das ceras pero en xeral a maioría lograron dar cor inda que se saísen do debuxo.


Esta é a páxina na que se poden atopar as fotocopias por temas ou contidos e o problema estaría en atopar as de valde que soen levar publicidade como neste caso ToysRus para o “Easter Egg-hunt”.

                                                 
4. Emprego de fotos para atopar información agochada no patio da escola co Wallame de AR

Os alumnos de terceiro de primaria traballaron os distintos tipos de minerais na unidade de naturais e logo cos IPads buscando os minerais agochados polo patio en lugares singulares.

- O contido a traballar era os nomes e tipos de minerais de Galicia e de todo o mundo dados na clase e traballados manipulativamente con exemplos de minerais do antigo laboratorio da escola.

• O mestre preparou de antemán as fotos dos distintos minerais co nome ou información referente aos minerais. Logo coa aplicación descargada no ipad e aberta sacouse as fotos dos lugares ou detalles do patio que se querían vincular ás fotos dos minerais.

• Así unha vez feita a vinculación os alumnos entrarían na app nos seus Ipads e en grupos de catro tería que atopar o maior número de minerais agochados e coas fotos tomadas do mineral que aparece e anotado nunha libreta que leva cada grupo.

- En grupos cooperativos de traballo foron buscando polo colexio adiante as pistas coa app do ipad e a cámara para que lles saíse a información que os alumnos do grupo apuntaban nunha libreta. Logo turnábanse co Ipad para atopar outras pistas e os demais apuntaban os resultados.

• Este app resultou moi interesante para aprender contidos aillados con conceptos novos dífíciles e que deben fixarse en detalles ou completar con información. Ademais os rapaces estiveron en movimento todo o rato e concentrados na tarefa. A aprendizaxe en movemento, traballando en equipo e con un obxectivo competitivo foi moi motivadora e os alumnos e alumnas acabaron bos resultados sobre o tema tratado. Posteriormente os alumnos tiveron que describir os minerais de maneira escrita nas súas libretas e de forma oral.

• Traballouse as competencias dixitais, aprender a aprender, comunicativa oral e escrita e competencias sociais e cívicas dentro do traballo en equipo cooperativo. As creacións finais foron o reconto de minerais e a información obtida coa libreta de campo e coas probas das fotos.

• A actividade realizouse en varias sesións das cales dúas foron de búsqueda polo patio e recollida de datos no grupo e logo todo o grupo en conxunto demostrando as fotos de cada equipo.

A app “WallaMe” para descargar en calqueira dispositivo é esta:
http://walla.me/

5. Emprego de Realidade Aumentada coa App Aurasma para vincular videos a imaxes da realidade.

Os alumnos de terceiro de primaria traballaron o día das letras galegas facendo un cartel co seu libro “A Brétema” como se fose un romance de cego con viñetas e u resumo de cada debuxo. Logo vinculáronse as viñetas con debuxos aos videos dos alumnos e alumnas que se gravaron por medio dunha imaxe da homenaxeada que move os ollos e os beizos por medio da App Morpho.


Os de terceiro de primaria tamén trraballaron con realidade aumentada ou AR por mediación da aplicación AURASMA que permite unificar fotos e videos grabados con anterioridade e fotos dun cartel moi parecido á app Wallame. Así que o titor de terceiro decidiu empregar AR para presentar o mural das letras galegas.

• Primeiro fíxose o mural na clase trraballando o libro "A Brétema" da homenaxeada das letras galegas deste ano e cada neno fixo un pequeno resumo da súa parte do libro e un pequeno debuxo representando o libro.

• Logo expúxose nunha cartolina grande e sacáronse as fotos de cada un dos rapaces cun total de 25 fotos e viñenas como se fose un romance de cego pero empregando o ipad con cada viñeta para que saíse o video grabado anteriormente do neno falando do resumo do libro. Así fixeron videos dun libro da homenaxeada para que aparecesen sobre o mural que se mostrou na corticeira da entrada do colexio.

- Aquí traballáronse os contidos do libro da homenaxeada e o seu estilo de escribir cumprindo as competencias dixitais, comunicativa oral e escrita en galego, aprender a aprender con resumos do libro para cada un dos alumnos e alumnas de clase e tamén a importancia da competencia cultural do galego e o día das letras galegas dunha maneira lúdica.


Os alumnos e alumnas tamén cos seus IPads podían escoitar e ver os videos orientando a cámara cara cada viñeta do cartel e así enterarse de toda a historia do libro.

http://classwithapps.com/2012/11/morfo/

6. Emprego de Chatterpix na aula de primaria para presentarse cun vídeo persoal con información básica.

Este ano tamén quixemos introducir as tablets en infantil e o resultado da experiencia empeza a ilusionar aos mestres e mestras de infantil que o van a empregar para o ano que ven.

- Así os nenos de tres anos empezarán coa Mestra Fina na segunda avaliación compartindo as tablets do Mestre Manuel de 2ª. A editorial de contidos dixitais para tablets Snappet vai ser a escollida para iniciar aos máis pequeniños no mundo dixital e traballar contidos ou estándares de infantil dunha maneirra lúdica en grupos ou recantos.

• A experiencia de infantil tamén foi positiva ao traballar cos Ipads en grupos nos rapaces de 5 anos coa app Chatterpix. Explicóuselles que tiñan que sacarse unha foto selfie cada un co Ipad e logo na app cortarse a boca e así grabar algo que dixeran deles como o nome, os anos e o que lles gustaba. A maioría fixérono sen axuda e pasáronse o Ipad dentro do grupo pero á hora de grabarse tiñan que saír da clase por mor do ruído dos outros rapaces. Finalmente, os nenos podían decorar a súa foto con elementos ou stickers que lles gustasen e fíxose un video final da actividade para colgar na páxina do colexio.

http://www.duckduckmoose.com/educational-iphone-itouch-apps-for-kids/chatterpix/

O link do video final está en vímeo ou youtube.

Juan Luis Iglesias Ferrón. Mestre de inglés.



27 de junio de 2018

TRABALLANDO COS IPADS NO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

TRABALLANDO COS IPADS NO CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

O traballo desenvolto cos ipads levouse a cabo nos cursos de 4º e 6º de primaria, no obradoiro de expresión escrita en ditas titorías.

O noso proposta leva o título "Revolucionando a creación de historias", co gaio da PDI do centro "Revolucións e cambios". Quixemos que as nenas e nenos tiveran unha visión máis lúdica e creativa do proceso e elaboración dos contos.

Baseamos a nosa metodoloxía de traballo nas aportacións de Susana Lamela ,"escritura creativa" onde aunamos metodoloxía cooperativa e activa dun xeito inclusivo co proceso creativo da escrita.

A nosa pretensión foi contribuir o desenvolvemento competencial non so lingüístico e dixital, se non tamén o relacionado coa competencia Aprender a Aprender e a competencia de Conciencia e Expresión cultural das rapazas e rapaces.

A actividade desenvolveuse do seguinte xeito:

1º- Aproveitamos a xa formación dos equipos cooperativos.

2º- Creamos o personaxe protagonista: A chegada do concerto no fin de curso de Susa Herrera "Cantos animais" fixo que traballaramos dun xeito interdisciplinar e mentres que a música corría a cargo da especialista , nós utilizamos os animais do conto para realizar as tarxetas cos animais.

Cada equipo, coa estructura cooperativa 1-2-4, crearon tanto o nome como o debuxo do personaxe elexindo dúas tarxetas ao chou que unirían, para crear o novo nome e a apariencia do novo animal.

3º- Creación do carácter do personaxe cunha nube de palabras coa app imagen-chef.

4º- O debuxo coa estructura 1-2-4.

5º -Creamos o contexto: realizando un mapa conceptual con folio xiratorio coa app popplet.

6º- Ambientamos a historia con folio xiratorio e o resto das ilustracións da nosa historia.

7º- Finalmente introducimos os productos finais na app e-movie e en voz en off dos nenos e nenas relatando a historia.


O POR QUE DO USO DAS TABLETS NA AULA

Xa no día a día na maioría das nosas casas dispoñemos de ferramentas tecnolóxicas como ipads, tablets, ordenadores, smartfone…

Pero cando as rapazas e rapaces lles preguntas: quen te ensinuo a nadar? ou quen te ensinou a xogar ao futbol ou a camiñar?, elas e eles sempre atopan unha resposta: o meu pai, a miña nai ou o meu avó… e ante a pregunta de quen che ensinou a xogar na tablet ou na videoconsola non saben responder ou aprenderon sos.

En efecto, son ferramentas verdadeiramente intuitivas pero que deixando sos as nenas e nenos podemos caer nun mal uso destas novas tecnoloxías.

Este é o principal motivo polo que consideramos que a escola é o medio onde tamén cabe ensinar un bo e saudable uso das novas tecnoloxías. Por que non utilizalas tamén para aprender?

Na aula non debemos caer no erro de utilizar esta ferramenta a toda costa e de calquera xeito. Debemos marcar uns obxectivos e sistematizar o traballo, é dicir, desenvolveremos unha estratexia intelixente e global para utilizar as tablets como ferramenta tecnolóxica de xeito adecuado.

As tablets son:

- Intuitivas e interactivas, farán que a aprendizaxe sexa máis rápida e amena.

- Son medianamente asequibles. Aínda que poden ter un precio considerable resulta máis económico que un ordenador portátil para a aula.

Poden servir para :

-recollida de datos e información para traballos.

- pescudas

- práctica de exercicios

- ser combinable cos recursos tradicionais.

- actividades de reforzo ou ampliación

- recollida e rexistro de avaliación.

- permite o traballo cooperativo.

- ata chegar a gamificación como motivación.

Finalmente consideramos que o uso da tablet na aula propicia o aprendizaxe significativo que debe ser a nosa meta como docentes.


          


          

26 de junio de 2018

TALLER DE CREACIÓN MUSICAL CON APPS


ARTIGO 1. CREACIÓN DE AULA
·         Título: Taller de creación musical con APPS
·         Alumnado e centro educativo: O alumnado que participou neste proxecto foi todo o centro incluído ed. Infantil excepto algunha clase como quinto A ou primeiro A que non puideron realizar o taller debido a outras actividades extraescolares.
·         Contido curricular ou competencia clave destacada traballada coa actividade: No que se refire ao contido curricular, esta actividade enmárcase dentro da competencia dixital que rixe a LOMCE. Concretamente, o obxetivo fundamental desta actividade é fomentar o desenvolvemento da creatividade do alumnado a través de aplicacións en dispositivos móbiles (IPADS) fomentando situacións de uso responsable e traballando a motivación constante mediante un importante centro de interese do alumnado.
·         Proceso da actividade: O proceso en tódolos casos foi moi semellante: Utilicei un adaptador VGA para IPAD para que conectase coa miña PDI e posteriormente explicaba o funcionamento básico da aplicación na pizarra dixital e algunhas das súas utilidades máis destacadas e a continuación comezaba o proceso de creación basado na experimentación de forma práctica (normalmente 1 IPAD por parella).
·         Creación realizada, é dicir, el obxeto final, o producto realizado: pódese ver nos vídeos e presentacións que se amosan a continuación no artigo do blogue de música do centro nos seguintes enlaces.
ARTIGO 2. REFLEXIÓN

Título: Aprendixaxe práctica.
As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes nas nosas vidas e sobre todo nas vidas do noso alumnado. De aquí xurde a idea de utilizar as tablets na aula para traballar determinados aspectos musicais dunha forma nova, distinta e ao mesmo tempo motivadora para o alumnado. Non é habitual traballar con tablets na aula no noso centro e esta foi a terceira vez que realizamos esta experiencia e de seguro que repetiremos xa que resultou moi positiva, innovadora e motivadora para o alumnado que participou nesta actividade. Desta maneira, alumnos que normalmente se amosan pouco motivados e participativos nalgunhas clases, sentíronse enganchados dende o primeiro momento e o resultado final que acadaron na súa actividade foi máis satisfactoria do que nun principio se agardaba.
Esta tamén foi unha moi boa ocasión para ofrecerlles un enfoque distinto das tablets, xa que utilizamos esta actividade para traballar o uso responsable dos dispositivos móbiles e o reflexionar sobre o consumo que fan deste tipo de dispositivos.
A posta en práctica foi moi boa xa que non houbo ningún tipo de problema técnico de conexión, fallos nas aplicacións polo que o seu traballo dentro da aplicación foi intenso logo da breve explicación do funcionamento básico.
Este ano experimentaron con apps novas polo que a diferenza do ano pasado resultou moito máis motivador e positivo nos resultados. Por outro lado, este ano o taller fíxose extensivo a infantil, polo que o alumnado de 3, 4 e 5 anos tamén utilizou as tablets como ferramenta de creación musical.
En liñas xerais, en resumo, foi unha actividade moi positiva, motivadora e innovadora para o alumnado xa que desenvolveron a súa creatividade musical a través de aplicacións en dispositivos móbiles desenvolvendo estratexias colaborativas e traballando outras competencias menos utilizadas dunha forma práctica e divertida.