ARTIGO 1. CREACIÓN
DE AULA
·
Título: Taller de
creación musical con APPS
·
Alumnado e
centro educativo: O alumnado que participou neste proxecto foi todo o
centro incluído ed. Infantil excepto algunha clase como quinto A ou primeiro A
que non puideron realizar o taller debido a outras actividades extraescolares.
·
Contido
curricular ou competencia clave destacada traballada coa actividade: No que se
refire ao contido curricular, esta actividade enmárcase dentro da competencia
dixital que rixe a LOMCE. Concretamente, o obxetivo fundamental desta
actividade é fomentar o desenvolvemento da creatividade do alumnado a través de
aplicacións en dispositivos móbiles (IPADS) fomentando situacións de uso
responsable e traballando a motivación constante mediante un importante centro
de interese do alumnado.
·
Proceso da
actividade: O proceso en tódolos casos foi moi semellante: Utilicei
un adaptador VGA para IPAD para que conectase coa miña PDI e posteriormente
explicaba o funcionamento básico da aplicación na pizarra dixital e algunhas das
súas utilidades máis destacadas e a continuación comezaba o proceso de creación
basado na experimentación de forma práctica (normalmente 1 IPAD por parella).
·
Creación
realizada, é dicir, el obxeto final, o producto realizado: pódese ver
nos vídeos e presentacións que se amosan a continuación no artigo do blogue de
música do centro nos seguintes enlaces.
ARTIGO
2. REFLEXIÓN
Título:
Aprendixaxe práctica.
As
novas tecnoloxías están cada vez máis presentes nas nosas vidas e sobre todo
nas vidas do noso alumnado. De aquí xurde a idea de utilizar as tablets na aula
para traballar determinados aspectos musicais dunha forma nova, distinta e ao
mesmo tempo motivadora para o alumnado. Non é habitual traballar con tablets na
aula no noso centro e esta foi a terceira vez que realizamos esta experiencia e
de seguro que repetiremos xa que resultou moi positiva, innovadora e motivadora
para o alumnado que participou nesta actividade. Desta maneira, alumnos que
normalmente se amosan pouco motivados e participativos nalgunhas clases,
sentíronse enganchados dende o primeiro momento e o resultado final que
acadaron na súa actividade foi máis satisfactoria do que nun principio se
agardaba.
Esta
tamén foi unha moi boa ocasión para ofrecerlles un enfoque distinto das
tablets, xa que utilizamos esta actividade para traballar o uso responsable dos
dispositivos móbiles e o reflexionar sobre o consumo que fan deste tipo de
dispositivos.
A
posta en práctica foi moi boa xa que non houbo ningún tipo de problema técnico
de conexión, fallos nas aplicacións polo que o seu traballo dentro da
aplicación foi intenso logo da breve explicación do funcionamento básico.
Este
ano experimentaron con apps novas polo que a diferenza do ano pasado resultou
moito máis motivador e positivo nos resultados. Por outro lado, este ano o
taller fíxose extensivo a infantil, polo que o alumnado de 3, 4 e 5 anos tamén
utilizou as tablets como ferramenta de creación musical.
En
liñas xerais, en resumo, foi unha actividade moi positiva, motivadora e
innovadora para o alumnado xa que desenvolveron a súa creatividade musical a
través de aplicacións en dispositivos móbiles desenvolvendo estratexias
colaborativas e traballando outras competencias menos utilizadas dunha forma
práctica e divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario