ZOWI:
- Coñecemos a Zowi e as súas partes.
- Comprobamos que camiñaba e que tiña sensores que lle permitía esquivar obstáculos.
- Xogamos coas emocións cambiando as diferentes bocas de Zowi coa Tablet.
- Elaboramos secuencias de movementos: levantar pata, pasos adiante, pasos atrás, moverse para un lado, para o outro,...
- Diriximos a Zowi coa Tablet para xoar ao fútbol. Construimos unha portería cos bloques de construcción e levamos a Zowi cara á pelota para que marcase gol.
- Creamos con diferentes materiais (bloques lóxicos, pezas de construcción,...) percorridos para que Zowi os recorrese.
OZOBOT
- Presentamos o ozobot, vimos que era moi pequeno, a súa forma como unha pelota e que tiña unhas pequenas rodas polo que seguramente se movería.
- Ao encendelo descubriron tamén que tiña luz, debuxamos liñas na tablet e puideron comprobar que o ozobot seguía os camiños debuxados e que a súa luz cambiaba de cor según a cor do camiño.
- Creamos cada un un percorrido nun folio cun rolutador e comprobamos que o ozobot o seguía. Acabamos unindo os 14 folios pra formar un gran camiño para o ozobot.
MAKEY MAKEY
- Presentamos aos nenos o makey makey. A regunta era para que servían tantos clables.
- Conectamos o Makey Makey ao ordenador e á pizarra dixital. Na plataforma scratch buscamos un piano e colocamos uns vasos con auga no chan nos que introducimos os cables. Propuxemos facer soar o piano metendo os dedos na auga. Os nenos quedaron sorprrendidos ao ver que ao tocar a auga facían soar o piano como se fosen as súas teclas.
- Aproveitando o día da merenda no que os nenos traen froita prouxeos tocar, esta vez, unha batería pero conectando os cables do makey makey a diferentes froitas (amorodos, peras, mandarinas, plátanos e mazás). A continuación fixemos a mesma actividade, tocar a batería, pero conectándose eles mesmos aos diferentes cables, polo que un neno dándolle unha palmada na man aos seus compañeiros facía que soase.
ESCORNABOT
- Posto que na aula de Caldelas coincidiron os dous escornabots e os nenos xa o coñecían decidiron comprobar cal dos dous escornabots era máis rápido. Introduciron o mesmo código de pasos adiante en cada un dos robots, e fixeron unha carreira a ver cal chegaba antes á meta.
CONCLUSIÓN:
A utilización dos robots na aula de Caldelas foi moi positiva e motivadora para os nenos. Despertou moita curiosidade e interese pola súa parte.
Permitiunos traballar diferentes aspectos como:
- Conceptos: adiante, atrás, dereita, esquerda... (dirixindo os robots)
- Emocións (bocas de zowi)
- Psicomotricidade fina (creando os percorridos do ozobot)
- Cores (según a luz do ozobot polos diferentes camiños)
- Creatividade (construindo percorridos, creando melodías co makey makey...)
Inconvenientes atopados:
- Solucionamos a impaciencia dos nenos xa que tiñan que esperar polo seu turno facendo diferentes grupos.
- Co ozobot o principal problema foi que as liñas que tiñan que debuxar tiñan que ser dun determinado grosor xa que doutro xeito non funcionaba.
- Co makey makey os cables quedaron curtos e os nenos tiñan que estar moi xuntos
- O pouco tempo que tivemos para utilizalos xa que quedaron actividades por facer e que cincidisen todos os robots ao mesmo tempo.
En xeral a experiencia foi moi positiva tanto para os nenos como para as mestras xa que todos aprendemos algo con eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario