A mestra especialista de inglés foi a encargada de levar a cabo as actividades cos robots, pois tiña preparadas unhas actividades para enlazalas coa súa unidade didáctica "House"
OZOBOT
- Na primeira seisón que apareceu o ozobot, a espectación foi grande. "¿Que traes hoxe, teacher? ¿Que é iso tan pequeno? ¿É un xoguete?" e por suposto, unha vez que o viron encendido xa a cousa foi máis alá.
- Tras a explicación do que era e como funcionaba, chegou o turno de traballar con el; pois íamos facer que o robot escribira o noso nome. Xa tiñamos preparados os nosos nomes dunha actividade anterior feira no EDI, onde cada letra era dunha cor diferente.
- Cada neno tivo a oportunidade de inspeccionar o robot e probalo no seu nome.
- Unha vez rematada a actividade, eles querían máis e saíu deles o debuxar camiños para que o robot pasese por riba. Esta nova actividade serviulles para profundizar no coñecemento do robot, pois a través da experimentación déronse conta de que as liñas tiñan que ser dun grosor específico e que se combinaban certas cores os movementos do robot tamén cambiaban.
- A segunda sesión co ozobot, xa estaba preparada de antemán, pois a teacher necesitaba axuda e a titora prestouse a axudar. Invitouse ás familias para que colaboraran na actividade pois máis que nada precisábamos de axuda.
- Tratábase de localizar en Google Maps as casas dos alumnos, marcalas no EDI xunto co cole, para despois imprimir esas imaxes e trazar o camiño da "house/casa" ata a "school/escola" para que o robot non se equivocara nos "roads/camiños"
- Aí tiveron a ocasión, as familias, de coñcer os robots e participar cos nenos/as na súa aprendizaxe.
ZOWI:
- O caso do uso do zowi foi totalmente inesperado, pois a terceira sesión, a teacher quedara facendo apoio na aula co alumnado de 4º de infantil, xa que os demáis estaban de excursión.
- Como os dous días anteriores falaramos tanto de robots, un dos alumnos trouxo un robot de xoguete, entón aproveitei para presentarlles o Zowi, que tamén parece un xoguete.
- Por suposto encantoulles. Fixeron comparacións entre os dous robots. Despois quixeron ver cal andaba máis rápido. Crearon un circuito para xogar co Zowi e co xoguete-robot.
- Bailaron imitando ao zowi, e por suposto intentaron imitar as súas caras.
CONCLUSIÓN
Valoración totalmente positiva, pois póñense en práctica diferentes metodoloxías de traballo e aprendizaxe
Traballamos as emocións, a psicomotricidade, a espera do turno, a paciencia ademási de vocabulario.
Fomentouse o traballo colaborativo
Quedamos con tempo para probar o makey makey.
O alumno disfrutou inmensamente coa experiencia e a súa vez as familias que puideron participar con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario