Mostrando entradas con la etiqueta Pic Collage. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pic Collage. Mostrar todas las entradas

12 de mayo de 2019

Aplicativos educativos

APLICATIVOS EDUCATIVOS: SELECCIÓN, DESCARGA E EXPLORACIÓN

Inicialmente a inscipción nun curso sobre dispositivos móbiles e apps educativas de fprofe, foi o motivo que me levou á solicitude das tabletas , para, deste xeito poder pór en práctica todos aqueles contidos traballados no curso.
Ao non ser admitida no devandito curso, o obxectivo inicial non cambiou, seguiu sendo coñecer e dar a coñecer ao meu alumnado diferentes apps educativas, pero a través de un proceso de investigación persoal e de aula.

En primeiro lugar fixen un sondeo de cantos alumnos tiñan tabletas, a que xogaban, se descargaban apps e se en todo caso estaban sós cando o facían ou se había supervisión adulta. As conclusións do sondeo foron que o 99% do alumnado posúen tableta , xogan con elas diariamente e nun alto porcentaxe descargan apps. Pero o que me pareceu máis preocupante foi que nun alto porcentaxe todo isto fano sen  supervisón dun adulto.
Diante destes datos o primeiro obxectivo foi proporcionar ao alumnado estratexias básicas para a busca  e a descarga das apps (sen son de pago ou non , se hai anuncios ou non , cales son os comentarios dos usuarios...)
O seguinte obxectivo foi descargar e explorar diferentes pps educativas (que serviran aos contidos a traballar nas distintas materias) e que os animasen a xogar con elas na casa.

Cada tableta foi asignada a unha parella , para todas as actividades e durante todo o tempo do empréstito das mesmas (algunhas das apps gardan os datos na propia tableta) Para traballar en parellas precisabamos unha tableta máis, así que lle cedín a miña a unha delas.

Usamos as apps para apoiar o traballo desenvolvido nas distintas materias e tendo en conta os contidos do timestre .
Empregámolas  entre 1 e 2 sesións diarias aproximadamente.

Nas áreas de linguas e hora de ler :galexia, oxbooks,ahorcado_kids.
Na materias de c. sociais e naturais: kahoot, piccollage, lesson plans de symbalooe piccollage.
Na materia de matemáticas:smartick, kahoot.
Na materia de valores: ahorcado, game kids e 3 en línea.












A conclusión fundamental do traballo coas tabletas é que son unha ferramenta moi útil no proceso educativo e aporta un extra de motivación no alumnado que non é posible conseguir sen elas.
No traballo de aula e cada vez máis fanse unha ferramenta indispensable se queremos ir á par do avance tecnolóxico ao no que o alumnado vive inmerso .

15 de febrero de 2017

Obradoiros con 2º e 3º de primaria

Ao longo da semana que tivemos os ipads no centro, nos recreos e nas horas de lectura, según o meu horario organicei unha serie de obradoiros para os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria.
Esto foi o que fixemos:


 Debuxar co Ipad (App Pics Art)



  Facer formas con Palabras (App Image Chef)


Facer de publicistas (Pic Collage)





O obxectivo que tiñan estes obradoiros eran que aqueles rapaces que teñen tablets ou ipads en casa saiban que con eles non só se pode xogar senón que tamén poden pasalo xenial facendo traballos moi creativos cos cales podemos adornar os nosos proxectos, libretas, diarios
A afluencia a estes obradoiros foi moi elevada e sobre todo as ganas de ter máis no futuro fai visible que este é o camiño do futuro posto que a motivación que eles demostran ante este medio e innata e perfecta para intentar mellorar en aqueles aspectos que precisan algunha axuda.








4 de abril de 2016

Reflexión sobre o proxecto Animalandia. 3º EP Ceip Canicouva

O motivo de facer esta actividade con dispositivos móbiles foi claramente por unha cuestión de motivación do alumnado e de fomento da competencia dixital. Os nen@s móstranse moi receptivos a calquera actividade que se lles presente utilizando aplicacións dixitais, xa que a parte de que lles gusta moito usar a tablet tamén son sumamente intuitivos. Así é como, sin darse conta do traballo que supón, apetécelles moitísimos buscar información sobre o seu animal, facer un guión axeitado porque saben que logo se van a ver e os van a ver no blogue da aula, e ensaiar o texto porque desexan facelo ben. Tamén é importante destacar cómo o alumnado que presenta necesidades educativas especiais ou que habitualmente lle costa máis o seguimiento da clase se esforza na actividade (porque lle gusta e motiva) e consigue participar como os demais compañeiros.
Por último comentar que a posta en práctica e a impresión sobre todo o proceso foi excelente, xa que non era a primeira vez que traballábamos con tablets e pódese dicir que xa lles resultan familiares, posto que moitos deles dispoñen de tablets nos seus fogares. Simplemente se trata de que estes dispositivos sexan vistos polos nen@s como unhos recursos máis e que cada vez o seu uso na aula sexa máis regular.

Gloria García Fernández, tutora de 3º EP no CEIP Canicouva

ANIMALANDIA. 3º EP Ceip Canicouva

Documental sobre os nosos animais preferidos.
Esta tarea foi realizada no terceiro curso de educación primaria do CEIP Canicouva no primeiro trimestre do presente curso coa súa profesora @SlowlygloGloria.
Trabállanse estándares de aprendizaxe das áreas de lingua galega e ciencias da natureza e fomenta o desenvolvemento da competencia lingüística, competencia en ciencia, competencia de aprender a aprender e, por supusto, competencia dixital.

Para a súa realización utilizamos a app TouchCaste tamén a app PicCollage. O montaxe o fixemos con a app iMovie.
Proceso da actividade:
  • Cada nen@ elixiu o seu animal preferido
  • Unha vez elixido o animal, buscou información en Internet acerca das súas características e peculiaridades
  • Despois elaborou unha ficha do animal e o guión
  • O seguinte paso foi buscar en Internet unha imaxe do animal e outra imaxe do seu hábitat e gardarlas na tablet.
  • Sesión de toma de contacto con a app Touch Cast (investigar a app, ver cómo funciona, facer prácticas...) e con a app Pic Collage (xá a coñecían de anteriores actividades).
  • Cada alumn@ fai unha presentación do seu animal con a app PicCollage (insertar foto e nome do animal).
  • Grabación individual: cada nen@ entra na app, pon o título e o subtítulo da súa sección, inserta o hábitat do animal como fondo de efecto “green screen”, inserta a imaxe do animal como vApps e outro compañeir@ grábao
  • Por último, faise o montaxe final de todos os PicCollage e grabacións de TouchCast nunha película iMovie.
Creación final realizada polo alumnado: