Durante 2 meses desfrutamos dun lote de iPads así coma un Escornabot.
Os iPads viñéronnos xenial para as actividades de Samaín/Halloween.
As aplicacións que máis empregamos para traballar os contidos relacionados co
Samaín/Halloween foron “LAYAR” e “CREATALES”.
LAYAR, aplicación de realidade virtual que da “vida” as creacións dos
nenos.
CREATALES, para que o alumnado poida crear as súas propias historias
gravando audio e todo.
En 1º de Ed. Primaria aproveitamos aos nosos iPads para repasar sumas
e restas, mellorar a atención con xogos de memoria e música... pasámolo moi
ben!!
Escornabot
Empregámolo exclusivamente na aula de 4º de Primaria. O primeiro que
elaboramos foi a plantilla sobre a cal se movería o noso amigo “Escorni”, nome
que lle puxeros @s alumn@s.
Logo dunha sesión de iniciación para coñecer o seu funcionamento,
comezamos a elaborar “fichas de xogo” para o noso taboleiro. O tema a tratar
era a función de relación e os sentidos.
Na tarefa final Escorni facía de sistema nervioso dende que recibía o
estímulo do exterior, pasaba polo cerebro, para así finalmente activar o
aparello locomotor.
Reflexión sobre o uso dos dispositivos.
iPads
Ao noso parecer unha única maleta con iPads (7
dispositivos) non é suficiente para todo o colexio. O alumnado desfrutou un
montón das aplicacións que traen cargados os iPads, pero chegaron á conclusión
de que moitas aplicacións realizan as mesmas accións; había moitas aplicacións
de música similares entre eles. Outras precisaban de rexistro por parte do
usuario o que non consideramos oportuno ao tratarse de material propiedade do
CFR.
Polo tanto foron contadas as aplicacións que
puidemos desfrutar ao 100%. De todas formas no noso colexio foi todo un éxito o
implemento dos iPads xa que supón unha forma diferente de aprender e traballar
en clase, aínda que só puidésemos contar cos dispositivos durante un mes, algo
escaso.
Escornabot
Só se empregou na aula de 4º de Ed.Primaria. O
alumnado, descoñecedor do mundo da robótica, estivo moi implicado durante este
mes co seu escornabot. As primeiras sesións de coñecemento do robot pasaron
voando. Moi motivados propuxeron varias actividades a realizar con el ata
decantarnos por realizar un taboleiro de xogo relacionado co tema de Naturais
que estábamos a traballar.
Resultou moi estimulante e resultou de gran
axuda para “visualizar” os novos conceptos adquiridos. De feito, a clase visto
o éxito, pediu a Papá Noel un escornabot en propiedade.
Pensamos que para unha iniciación á robótica
trátase dun robot axeitado grazas a facilidade de uso. No noso caso empregámolo
en 4º de Primaria, pero cremos que xa dende infantil podemos dar uso ao
Escornabot.
Agradecer ao CFR o material emprestado e o
fácil que resulta realizar os trámites de petición. Moi ben todo, mil grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario