No CEIP Otero Pedrayo decidimos pedir unha maleta de iPads ao CFR para poder traballar co alumnado as competencias dixitais aproveitando un momento no que no centro quedamos sen a aula de informática por unha avaría técnica.
Por unha parte pretendíamos manter o funcionamento das clases de robótica ainda que non tiveramos os ordenadores e por outra banda xurdiron outras dous actividades nas que participou todo o centro: a realización dun xogo empregando un Kahoot! E outro xogo empregando códigos QR que se desenvolveu dende o departamento de Educación Física involucrando a todo o alumnado de primaria.
Para as dúas actividades partimos da base do proxecto de centro (mulleres con pegada) Do seguinte xeito:
- No caso do Kahoot! O alumnado elaborou unha serie de preguntas coas súa correspondente respostar que os profes rexistraron na App Kahoot! para despois entre todos xogar coas preguntas e ver canto sabía cada grupo sobre as mulleres que estamos a traballar no cole.
- No caso da gymkana cos código QR o peso recaeu sobre o profesor de educación física que preparou un xogo de orientación no que tiñan que percorrer o centro por equipos (cada un con un iPad) buscando as pistas había en diversos carteis repartidos polo centro, unha vez atopada a pista co código QR tiñan que abrir unha páxina de internet na podían atopar a información necesaria sobre a pregunta que se lles plantexaba en cada estación para continuar ou para realizar o reto que se lles pedía (imitar o triple salto de Ana Peleteiro, realizar unha montaxe en Chroma ascendendo o Everest como Edurne Pasaban…)
Debemos dicir que o alumnado quedou encantado coas actividades, e que doutro xeito non poderíamos ter feito. Poderíamos facer un concurso de preguntas tipo "Saber e Gañar" pero non tería a grandísima acollida que tivo o Kahoot! polo mero feito de facelo cos iPads.
Por outro lado, no caso da Gymkana, de non ter os iPads non poderíamos empregar os códigos QR nin a busca de información podería ser tan rápida polos corredores adiante.
Por outro lado, no caso da Gymkana, de non ter os iPads non poderíamos empregar os códigos QR nin a busca de información podería ser tan rápida polos corredores adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario