1 de febrero de 2020

Artigo reflexión. Photospeak e Thinglink no CEIP Infante Felipe de Borbón (salvaterra de Miño)

Motivos polos que se decidiu solicitar os iPads:
  1. MOBILIDADE E PORTABILIDADE: Máis lixeiro que a maioría de Portátiles ou outros dispositivos e que varios libros.
  2. BATERÍA DE ALTA DURACIÓN: Pode terse o dispositivo aberto durante moitas horas e sen contar cun lugar próximo para cargar a máquina cando esta vaia diminuíndo a carga.
  3. PERMITE TRABALLAR A ESCRITURA: Pode traballarse a motricidade fina con mapas conceptuais ou colocando os beizos e ollos das imaxes
  4. CURVA DE APRENDIZAXE MOI RÁPIDA: Moi intuitiva
  5. MOTIVACIÓN: Captan a atención do alumnado, favorecemos a motivación na comprensión dos temas e melloramos a memoria visual.
  6. SINXELEZA: Ao permitir ser utilizadas mediante  as mans, isto sen dúbida axuda a ter maior fluidez en comparación co uso do rato. Ademais as APPs son moito máis sinxelas e intuitivas que programas de ordenador.
  7. GAMIFICACIÓN: Introducen a gamificación na contorna escolar, permitindo un modelo de ensino máis lúdico e entretido.
  8. FLEXIBILIDADE:  Facilitan unha maior flexibilidade na aula, favorecendo unha aprendizaxe máis personalizada ás necesidades de cada alumno/a, mesmo nenos/as con ANEAE's
  9. INFORMACIÓN: Melloran as competencias referidas á procura de información ou o manexo do TIC. dos estudantes e permiten o acceso a fontes infinitas
  10. Ofrecen posibilidades moi interesantes para o alumnado con necesidades especiais para os cales se poden programar contidos totalmente personalizados nos formatos que necesiten.

ACTIVIDADE 1: "Avatares de mulleres científicas" (PhotoSpeak: 3D Talking Photo)
Proceso de realización da actividade:
  1. Busca de información de científicas importantes, centrándonos principalmente e España para que observen que non fai falla irse moi lonxe.
  2. Selección e estruturación da información, así como un breve resumo da mesma.
  3. Aprender o manexo de ferramentas web como OpenTrad para traducir ao galego a información creada.
  4. Revisión da tradución porque sempre comete bastantes erros.
  5. Convertir dita información a biografía como se falase a personaxe e procurar que sexa dinámica e amena.
  6. Seleccionar a imaxe da cara dunha persoa procurando que sexa de frente e elixindo aquela que poida ser utilizada (sen copyright) usando as ferramentas de Google.
  7. Ensaiar o texto a falar léndoo varias veces practicando a lectura para que sexa máis crible que fala a propia personaxe a súa vida.
  8. Traballar a motricidade para colocar as guías da boca e do ollos axustándoos a imaxe e grabando o texto.Grabar a biografía e gardar
Posta en práctica e impresións sobre todo o proceso estacando aquilo que sexa salientable e diferenciable de ter feito a actividade sen os dispositvos:
Unha actividade moito máis dinámica e motivadora que permite empregar as TIC's, a busca e selección de información en diferentes medios e aprender a ser conscientes de que certas web ou imaxes posúen copyright

ACTIVIDADE 2:
"Mapas europeos que falan" (Thinglink)
Proceso de realización da actividade:
  1. Reflexión mediante brainstorming e mapas conceptuais do que se pode saber dun país (Simple Minds):
  2. https://apps.apple.com/us/app/simplemind-mind-mapping/id305727658
  3. Busca e selección da información
  4. Resumo da información obtida
  5. Creación de Photospeak de 2 personaxes importantes de cada país.
  6. Selección de imaxes sen dereitos de autor empregando as ferramentas de google para insertar a información
  7. Crear a imaxe interactiva e cambiar as iconas procurando que teñan que ver coa información que amosan.
  8. Repasar a imaxe dinámica procurando que todo estea correcto e gardala
Posta en práctica e impresións sobre todo o proceso estacando aquilo que sexa salientable e diferenciable de ter feito a actividade sen os dispositvos:
Ser unha actividade moito máis dinámica e visual. A información está presentada dun xeito máis resumido e atractivo para o alumnado e mesmo conta con links para seren ampliada nas webs que eles/as mesmos/as seleccionaron.

ACCESIBILIDADE DIXITAL

Bo  día!!!

Son  Rosa  María  Encinas  del  Arco, mestra  de  PT  no  IES  Ricardo  Mella  nunha  praza  de  atención  preferente  ao  alumnado  con  problemas  motóricos.
Ao  coñecer a  posibilidade  de  participar  no  PROXECTO  CONVIGOTABLETS  aínda  que  fora  so  cun  alumno e  que  puidera  ter  o  dispositivo  durante  todo  o  curso...non  dubidei  nin  un  momento  en solicitalo.

O  resultado  foi moi  positivo, así  que  teño  que  dar  as  grazas  de  novo  polo  préstamo  da  TABLET.

Agora  que  rematou  o  curso  envío o  ARTIGO  DE  REFLEXIÓN  para  compartilo  no  blog e  axude  aos  meus  compañeiros  a  facer  máis  doada  a  vida  destes  alumnos, dende  todos  os  puntos  de  vista, tamén  dende  o  acceso  as  Tecnoloxías  da  Información  e  a  comunicación  e  o  Aprendizaxe  (TIC  e TAC)  porque  eles  teñen  os  mesmos  intereses  que  o  resto  dos  compañeiros  e  encántanlles os  dispositivos  tecnolóxicos. Por  suposto  hai  que  aproveitar  estes  intereses  para  facer  accesible  o  curriculum e  facilitar  as  aprendizaxes!!!

Grazas, grazas  e  moitas  grazas por  esta  iniciativa  que  xa  vexo  polo  blog  que é  unha  labor  inmensa.
Estamos  en  contacto  para  o  vindeiro  curso,

Un saúdo,
Rosa

10 de enero de 2020

Reflexión persoal: "Mellor facer que ver como se fai"

Este é o segundo ano que realizo a actividade de programación dun HMI para autómatas.Hai tres anos utilizaba outra aplicación gratuita que deixou de estar dispoñible para os dispositivos Android.
A comezo de curso decidín utilizar HMIDroid, aplicación de pago que anida que ecónomica (7€) non todo a alumnado está disposto a mercar.En principio ía mostrar a plicación nunhas poucas sesións coa miña tablet e teléfono persoal, para que o alumnado comprobara a facilidade de crear apliación para dispositivos móbiles.
Grazas a posibilidade de ter tabletas para todo o alumnado pasamos de ver a facer. No proceso de apredizaxe dos ciclos de formación profesional é fundamental tocar, conectar, descobrir erros, solucionar problemas reais e sentir que o resultado é aplicable a vida real.


Creación de aula e proceso: "HMI de control domótico para autómata LOGO Siemens"

HMI de control domótico para autómata LOGO Siemens

Datos do centro
Profesro: Antonio Touza Figueiras
CM Instalacións eléctricas e automáticas. Módulo de Instalacións domóticas.
IES Plurilingüe A Paralaia. Moaña. Pontevedra.

Contidos curriculares
Dentro da UD 3 Sistemas domóticos centralizados con PLCs
Atendendo aos contidos do currículo
C 2.1.2 Linguaxes de programación
C 3.7 Programación e configuración de elementos
Avaliando a actividade cos seguintes CAs entre outros
CA2.10.1 - Utilizouse o software para programar unha instalación con PLCs
CA4.7 - Realizouse a posta en servizo da instalación.
CA5.1 - Axustáronse as áreas de xestión para que funcionen coordinadamente.

Grazas a disponibilidade das tabletas engadiuse unha actividade nesta unidade didáctica para a creación de HMI para o control da instalación.

Aplicación utilizada
HMIDroid

Proceso da actividade
Actividade po profesor:
Explicación dos axustes de comunicación da aplicación co autómata.
Promación de exemplo dos diferentes compoñente da aplicación (texto, imaxes, botóns, campos de introducción de datos, etc)
Expoñer as características mínimas que deberá ter a aplicación creada polo alumnado (Iluminación, persianas, Garaxe, Rego)
Aclarar as dúbidas do alumnado no proceso de programación.
Actividades do alumnado:
Realizar os axustes de comunicación despois da explicación do profesor
Realizar os exemplos de programación expostos polo profesor.
Crear a aplicación pedida cumplindo os mínimos de areas de control.

Creación realizada.
A continuación móstrase un dos traballos realizados

Panel principal


Panel de Iluminación

Panel de Persianas
Panel de garaxe
Panel de Rego







3 de enero de 2020

POPPLETs PARA UN NOVO PATIO ESCOLAR

POPPLETs PARA UN NOVO PATIO ESCOLAR

Este curso no CEP Santa Mariña estamos decididos/as a modificar o noso patio escolar. Contamos cunha zona de recreo precaria en todos os aspectos e queremos transformala contando coa colaboración e aportacións de toda a cominidade educativa.
Deste xeito, o primeiro consultado foi o alumnado a quen lle preguntamos que debería conter un patio escolar. De todas as aportacións que xurdiron fixemos unha pequena selección, e as propostas finais de cada aula foron levadas ao Consello d@s nen@s que se creou este ano para dar resposta ás demandas da nosa rapazada.
As titoras de prmeiro decidimos empregar e técnica da chuvia de ideas para levar a cabo esta tarefa e tamén aproveitar os IPADs para crear un Popplet coa selección de cada aula. Así, con esta aplicación escribiron, leron e fixeron unha creación significativa e contextualizada. Ademais, vanse achegando á idea dos mapas mentais. Aquí os tedes: