Bo día!!!
Son Rosa María Encinas del Arco, mestra de PT no IES Ricardo Mella nunha praza de atención preferente ao alumnado con problemas motóricos.
Ao coñecer a posibilidade de participar no PROXECTO CONVIGOTABLETS aínda que fora so cun alumno e que puidera ter o dispositivo durante todo o curso...non dubidei nin un momento en solicitalo.
O resultado foi moi positivo, así que teño que dar as grazas de novo polo préstamo da TABLET.
Agora que rematou o curso envío o ARTIGO DE REFLEXIÓN para compartilo no blog e axude aos meus compañeiros a facer máis doada a vida destes alumnos, dende todos os puntos de vista, tamén dende o acceso as Tecnoloxías da Información e a comunicación e o Aprendizaxe (TIC e TAC) porque eles teñen os mesmos intereses que o resto dos compañeiros e encántanlles os dispositivos tecnolóxicos. Por suposto hai que aproveitar estes intereses para facer accesible o curriculum e facilitar as aprendizaxes!!!
Grazas, grazas e moitas grazas por esta iniciativa que xa vexo polo blog que é unha labor inmensa.
Estamos en contacto para o vindeiro curso,
Un saúdo,
Rosa
No hay comentarios:
Publicar un comentario